ENTREVISTA A VALENTIN REY MOURE
Por: Antía Lorenzo González
Atópome na casa de Valentín Rey Moure ,"Tino", para realizar unha entrevista ó que foi unha persoa indispensable na creación da Escola de Música de Catoira, da que teño o gusto de formar parte como alumna e membro da Banda Infantil.
A autora desta entrevista xunto a Valentín Rey Moure "Tino" |
Atópome na casa de Valentín Rey Moure ,"Tino", para realizar unha entrevista ó que foi unha persoa indispensable na creación da Escola de Música de Catoira, da que teño o gusto de formar parte como alumna e membro da Banda Infantil.
-¿De onde saíu a túa afición pola músca?
-Porque teño un irmán maior que tocaba
na banda anterior a esta, que se chamaba a Juvenil de Catoira.Tocaba o clarinete principal e ensaiaba moito na
casa, por eso escoitábao moito e quedoume a música moi grabada en min.
-¿A que idade empenaches a tocar?
-Sobre os 15 anos mais ou menos,unha vez
rematados os estudios de solfeo nos Conservatorios de Pontevedra e A Coruña.
-¿Por qué escolleches o clarinete?
-Como o tiña na casa xa non pense,i
noutro instrumento,
-¿Qué papel tiveches cando se creou a
banda de música e a escola de música de Catoira?
-Antes de empezar a Escola xa estaba eu
dando solfeo; de aí sairon grandes músicos que hoxe tocan varios instrumentos e algúns deles son
compositores.
Tamén fundei naquela época a coral Raíces,que resultou ser unha gran
coral.
Logo, a Escola de Música ampliouse coa intervención do Concello,onde
dábamos solfeo xunto con outro profesor que toca na banda de Santiago,e eu
encargueime de dar as clases de clarinete.
-¿Canta xente axudou na creación dese
proxecto?
-En principio eramos dous e logo, a
medida que era necesario para dar clase dos distintos instrumentos, foron aumentando o número de profesores que, en total, penso
que seriamos uns cinco.
Os profesores eran pagados polos pais dos alumnos e, aparte, dispoñiamos
dunha axuda económica do Concello.
-¿Canto tardou aproximadamente en
crearse a banda de música e ter as súas primeiras
actuacións?
-Entre o solfeo e aprender instrumento
uns tres ou catro anos.O primeiro concerto que se fixo foi en 1990.
-¿Qué sensación tiveches a primeira vez
que actuaches?
-Pois unha sensación moi alegre por
teres conseguido o que nun principio nos parecía tan difícil.
-Como alumna da escola de música,quixera saber que opinión tes dela na actualidade?
-Pois que funciona moi ben e que así
debe continuar no futuro,e que os páis manden os seus nenos a dita escola.
-¿Consideras que se acadaron os obxectivos
plantexados cando se empezou con este
proxecto?
-Totalmente, e que estes obxetivos nunca
deixen de cumprirse.
-¿Qué sintes cando ves actuar as Bandas
de Música de Catoira, a Infantil e a Xuvenil?
-Unha gran ledicia, xa que se ve como os
alumnos avanzan.
Banda da música desfilando pola Avda. Eloy Domínguez, en Catoira "Tino" é o que está no centro. |
-¿Crees que o futuro da banda de Música
e da Escola de música está garantido coas
novas xeracións?
-Eu creo que si,pero para elo temos que
contar con moitos nenos sempre.
-¿Qué lle dirías ós nenos e nenas que
están lendo esta entrevista para convencelos de formar parte desta Escola de Música?
-Que deben escoitar moita música e
asistir ós concertos para que, desta maneira, lles vaia gustando e se poidan namorar desta arte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario