XOSÉ RAMIRO PAZ TARRÍO
Hoxe, ímoslle facer unha entrevista a Xosé Ramiro Paz Tarrío, un mestre que naceu en Rubiáns e que agora está vivindo coa súa dona en Catoira.
- Cando eras novo, cal era a túa afición?
- Non tiña ningunha afición destacada.
Xogaba aos xogos que daquela xogaban case todos os nenos como o trompo, as
bolas, a pelota, ás agachadas, lía tebeos e contos...
- Por que decidiches ser mestre?
- Porque eran os estudos máis
asequibles económicamente para a miña familia, porque a miña familia non tiña
moitos recursos.
-E cando o conseguíches?
- Con 20 anos aprobei as oposicións
de Maxisterio.
- En que colexios estiveches dando
clase?
- Primeiro, en Vigo, ao lado de Balaídos; logo, en Vilagarcía de Arousa; máis tarde, pasei a un colexio da Conca Mineira
Asturiana, Sotrondio; despois vin destinado a Valga e, finalmente, a Catoira.
- Se non te fixeras mestre, que outra
carreira estudiarías?
-Pois a verdade é que non o sei.
- Gustábache máis a vida no campo ou a
vida na cidade?
- Pois eu que nacín en Rubiáns, unha
parroquia de Vilagarcía, sempre estiven vinculado ao mundo rural: aos animais,
ás plantas, ás tarefas agrícolas e gandeiras, aos xogos de aldea... e todo iso
pasa a formar parte dun mesmo, é algo que nunca se esquece. Polo tanto, eu prefiro a
vida no campo.
-A que anos te xubilaches?
- Xubileime aos 61 anos, despois de case
40 anos de exercer de mestre.
- ¿ E agora que estás xubilado, como é a
túa vida?
- Paso as horas entretido entre axudar á miña dona
nas tarefas da casa, en atender aos meus netos e tamén formo parte do BNG local
e da Comunidade de Montes parroquial, entre outras cousas. En resumo, que non me
aburro.
- Moitas grazas por contestar ás miñas
preguntas.
- Non hai de que.
Saudamos dende aquí a Ramiro, que foi compañeiro de traballo neste colexio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario