ENTREVISTA A CARLA FRIEIRO CARRIL.
Por Cecilia Rodríguez Campaña
Por Cecilia Rodríguez Campaña
Carla Frieiro ten 15 anos, naceu e vive na parroquia de Abalo
(Catoira) . Antiga alumna do C.P.I
Progreso de Catoira e actualmente estudante de 3º da E.S.O no C.G.T.D.
É Campeoa de España de piragüismo na categoría Cadete
B.
- Cóntame,Carla, como empezaches a facer piragüismo?
-Todos os meus primos practicaban este deporte e
eu acompañábaos ás regatas e campionatos. Un día probei , gustoume e desde
esa ata hoxe.
- Que anos tiñas cando empezaches?
- Tiña 8 anos.
- Levas case un ano no C.G.T.D, Centro Galego de
Tecnificación Deportiva, estás contenta de entrar neste centro?
- Por suposto que si; aínda que ten pros e contras.
- Como cales?
- Estar lonxe da casa e dos amigos, iso é o peor, pero o feito de terme seleccionado supón poder acadar os meus retos no mundo do
piragüismo.
- En que categorías compites?
- Cadete B e, algunhas veces, en Remo de Xuvenil.
- Que premios lograches este
ano?
- Son Campeoa de Galicia de
5000 metros, Campeoa Galega de 1000 metros, Campeoa de España de 1000 metros e
Campeoa de España de 5000 metros.
- Cal é o teu obxetivo para esta temporada?
- Mañan, 28 de maio, teño o selectivo para ir ó
Mundial Europeo Xuvenil.
- Estás tranquila nas competicións?
- Normalmente, nas importantes, póñome moi nervosa
e ata me poden chegar a esgotar os nervos.
- Para conseguir todos estes premios, é de supoñer que lle dedicas moitas horas a entrenar.
- Ó estar no Centro Galego de Tecnificacion
Deportiva, entreno todos os días pola tarde e ademáis os luns, mércores, venres
e sábados polas mañáns.
- Cando vés á túa casa?
- Os fins de semana.
- Cal é a diferencia fundamental entre o C.G.T.D e o Colexio de
Catoira onde estudaches anteriormente?
-Fundamentalmente que teño menos tempo para estudar polos
entrenamentos.
- Que botas de menos do Colexio de Catoira?
-Boto de menos aos meus compañeiros.
- Cales son os teus soños?
- Os meus sonos son poder ir ás Olimpiadas e ó Mundial este ano.
- Tes outros hobbys, aparte deste deporte?
- Si, tocar o violoncello.
- E outros deportes que che gusten?
- Balonmán, voleibol, bádminton, natación...
- Que outros deportes se practican no
C.G.T.D ?
- Bádminton, Loita libre,
Taekwondo, Judo, Remo, Natación, Atletismo, Slálom (augas bravas) e Piragüísmo.
-Grazas Carla por prestarte
a facer esta entrevista e que mañán
teñas moita sorte nos selectivos para ir ó Campionato Europeo.
- De nada e grazas.
O día seguinte desta entrevista,
Carla quedou quinta nos selectivos do Campionato de Europa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario