20/10/16

AS NOSAS XENTES


 

ENTREVISTA A JESÚS GONZÁLEZ


Por:Candela Suárez Mondragón


 Jesús González, de Gondar,  traballou en Cedonosa durante 21 anos como encargado.

 Por el podemos coñecer un pouco máis sobre esta empresa que destacaba polos seus productos , tanto a nivel nacional como internacional.


-En que ano comezou a traballar en Cedonosa?

-En 1988.

-Quen era o director da empresa ?

- Era José Carlos Domínguez, neto de Eloy Domínguez, pero despois a empresa vendeuse e pasaron outros directores coma o Sr. Merín e, ao peche da empresa, Antonio Muñiz.

-Cal era o seu posto na empresa?

- Encargado de seción, fornos, clasificacion e almacenamento.

-Cal era a súa función como encargado?

-A miña función era organizar o traballo, revisar os fornos (temperatura, revisar o material dos fornos), a clasificación do material e almacenaxe do mesmo.

-Cal era o proceso do material que fabricaban?

- Mezclabase a arxila e a chamota (restos de material que se moía nos muíños para logo volver a facer o producto), despois de amasar ben pasaba para a galletera á cal se lle poñía unha boquilla según a forma do material que se ía facer. Logo pasaba a uns secadoiros para secar a humidade e de aí aos fornos a unha temperatura de 1250º e, por último, a clasificación e embalaxe.

-Había moita demanda dos productos?

-Si, tiña un mercado nacional e internacional. 
No ano 2004 montouse unha empresa en Teruel á cal tiven oportunidade de ir á súa inaguración e a traballar durante un tempo.

-Cómo era a fábrica de Teruel?

-As máquinas eran máis modernas que as da fábrica de Catoira.

-Cantos traballadores eran mais ou menos en Catoira?

-En Catoira chegou a haber 700 traballadores pero á hora do peche éramos 85.

-En que ano pechou?

-Pechou o 7 de marzo do 2009, por mala xestión.
E toda a xente foi para o paro.


MOITAS GRACIAS JESÚS POR RESPONDER ESTAS PREGUNTAS.




Pero para entender algo mellor as orixes desta empresa, temos a 

continuación un pequeno resumo da biografía do seu fundador.



ELOY DOMINGUEZ VEIGA


Eloy Domínguez Veiga naceu en Camposancos (A Guarda) o 15 de novembro de 1981. A súa familia tiña dous tipos de activadades: a construción e o comercio en Puerto Rico.
Tras o falecemento do seu pai Eloy Domínguez seguiu o camiño habitual de familiares e marchou a Santo Domingo, con 15 anos, para traballar como empregado nun comercio.
Con 17 anos voltou porque a familia estaba a piques de establecer unha industria en Camposancos e Eloy pasou a participar nun negocio fundado polo seu irmá: un serradoiro mecánico e uns fornos de cal.
Co inicio do S. XX estableceuse no lugar de Cachadas a fábrica de Cerámica Lomba e Cía.
En 1905,con 24 anos marchou a Valencia onde se familiarizou nos procedementos dos fornos de cal e fornos cerámicos.
Seis anos despois en 1911, Eloy Domínguez desprazouse a Londres para atender negocios de exportación da empresa. En Inglaterra observa as construcións e pensa no azulexo como elemento apropiado para as edificacións. 
No ano 1912 a empresa xa está indroducida na produción de azulexos en Manises.
No ano 1915 contraeu matrimonio con Manuela López Cabezudo e tivo cinco fillos.
Arredor do 1930 Eloy convértese nun dos máis importantes empresarios de azulexo en España.
En 1934 adquire unha fábrica en Alicante que dedicaría á produción de tellas e ladrillos.
Mantiña Eloy Dominguez o costume de acudir todos os anos a Galicia para pasar as vacacións coa familia. E foi nunha desas estadías cando o estalido da Guerra Civil e o deixou illado sen capacidade para administrar as súas fábricas.
De maneira que, tras o impacto da Guerra Civil, Eloy Domínguez tivo que reconstruir as súas empresas.
En 1942 conseguiu permiso para instalar en Catoira (Pontevedra) unha industria da fabricación de azulexos e pezas similares en pasta de porcelana, empregando materiais nacionais. En xuño do mesmo ano confirmouse a autorización para construir unha nova fábrica de cerámica e rampa-embarcadoiro para servicio da mesma, aproveitando terreos da zona marítimo-terrestre.
Este foi o inicio da empresa que se transformaría en 1955 en sociedade anónima baixo a denominación de Cerámicas Domínguez del Noroeste S.A ( Cedonosa).
Por suposto a localización en Catoira foi en primeiro lugar pola existencia de depósitos próximos de arxila e caolín, acumulados na desembocadura do río Ulla, o que explica que esta zona fose un núcleo tradicional de elaboración de tellas e ladrillos; en 1923 chegou a establecerse en Pontecesures a fábrica de cerámica Escudero y Cía.
En segundo lugar, a presenza de serradoiros e almacenaxe de madeira, o que aseguraba unha subministración axeitada tanto de leña para os fornos coma de táboas finas para embalaxes. O feito de estar á beira dunha corrente fluvial garantía a dispoñibilidade de auga doce. E tamén por último as boas comunicacións coas que contaba o emprazamento, con saída a Ría de Arousa desde o peirao co que se dotou a fábrica, con estación ferroviaria e moi cerca dun porto comercial como era o de Vilagarcia de Arousa.
Co fin da década finaliza tamén a construción da fábrica. A gran cheminea que coroou a fábrica levaba a inscripción na que figuraba o ano 1950.
Para xestionar as súas empresas puxo ao seu cargo a familiares; da fábrica de Catoira encargouse o seu fillo maior, Manuel.
Catoira especializouse nunha gama de productos diferentes as das fábricas levantinas: tubaxes, mosaicos e refractarios de gres.
A medida que as venda foron medrando, a empresa tivo que ampliar as súas fontes da costa lucense e outros lugares.
A fábrica de Catoira foi a nena mimada da etapa final da vida do empresario guardés.
Co auxe da construción nos anos sesenta, Cedonosa ampliaría a súa producción cunha nova fábrica en Cuntis.
Eloy Dominguez, morre no 1959, en Catoira, aos 77 anos, ( o seu último desexo era facer nun mural de mosaico o mapa da nosa terra).

,


INAUGURACIÓN DA FÁBRICA DE TERUEL


ANTONIO MUÑIZ , DIRECTOR EN CATOIRA, DURANTE A INAUGURACIÓN 

FÁBRICA DE TERUEL

INAUGURACIÓN DA FÁBRICA DE TERUEL

FABRICACIÓN DE MATERIAL 

OPERARIAS TRABALLANDO
ESTANTERÍAS DE MATERIAL 


Fotografías cedidas por : JESÚS GONZÁLEZ


ANECDOTARIO:

En 1961 celebrábase por primeira vez una festa que rememoraba o desembarco normando nestas terras , sendo os seus precursores os menbros do Ateneo do Ullán.

Pero será a partires de 1965 , cando os empregados desta empresa asuman  a organización da Romería Viquinga, que, co paso do tempo se consolidaría como unha festa de Interese Turístico Nacional, acadando esta categoría en 1988.

Dende 1991, o Concello de Catoira encárgase  da súa organización.



CEDONOSA DE CATOIRA NA ACTUALIDADE


4 comentarios: