ENTREVISTA A JESÚS GONZÁLEZ
Por:Candela Suárez Mondragón
Jesús González, de Gondar, traballou en Cedonosa durante 21 anos como encargado.
Por el podemos coñecer un pouco máis sobre esta empresa que destacaba polos seus productos , tanto a nivel nacional como internacional.
Por el podemos coñecer un pouco máis sobre esta empresa que destacaba polos seus productos , tanto a nivel nacional como internacional.
-En que ano
comezou a traballar en Cedonosa?
-En 1988.
-Quen era o
director da empresa ?
- Era José Carlos
Domínguez, neto de Eloy Domínguez, pero despois a empresa vendeuse
e pasaron outros directores coma o Sr. Merín e, ao peche da empresa, Antonio Muñiz.
-Cal era o seu
posto na empresa?
- Encargado de
seción, fornos, clasificacion e almacenamento.
-Cal era a súa
función como encargado?
-A miña función
era organizar o traballo, revisar os fornos (temperatura, revisar o
material dos fornos), a clasificación do material e almacenaxe do
mesmo.
-Cal era o proceso
do material que fabricaban?
- Mezclabase a
arxila e a chamota (restos de material que se moía nos muíños para
logo volver a facer o producto), despois de amasar ben pasaba para a
galletera á cal se lle poñía unha boquilla según a forma do
material que se ía facer. Logo pasaba a uns secadoiros para secar a
humidade e de aí aos fornos a unha temperatura de 1250º e, por
último, a clasificación e embalaxe.
-Había moita
demanda dos productos?
-Si, tiña un
mercado nacional e internacional.
No ano 2004 montouse unha empresa en Teruel á cal tiven oportunidade de ir á súa inaguración e a traballar durante un tempo.
No ano 2004 montouse unha empresa en Teruel á cal tiven oportunidade de ir á súa inaguración e a traballar durante un tempo.
-Cómo era a
fábrica de Teruel?
-As máquinas eran
máis modernas que as da fábrica de Catoira.
-Cantos
traballadores eran mais ou menos en Catoira?
-En Catoira chegou a
haber 700 traballadores pero á hora do peche éramos 85.
-En que ano pechou?
-Pechou o 7 de marzo
do 2009, por mala xestión.
E toda a xente foi
para o paro.
MOITAS GRACIAS JESÚS
POR RESPONDER ESTAS PREGUNTAS.
Pero para entender algo mellor as orixes desta empresa, temos a
continuación un pequeno resumo da biografía do seu fundador.
continuación un pequeno resumo da biografía do seu fundador.
ELOY
DOMINGUEZ VEIGA
Eloy
Domínguez Veiga naceu en Camposancos (A Guarda) o 15 de novembro de
1981. A súa familia tiña dous tipos de activadades: a construción
e o comercio en Puerto Rico.
Tras
o falecemento do seu pai Eloy Domínguez seguiu o camiño habitual de
familiares e marchou a Santo Domingo, con 15 anos, para traballar
como empregado nun comercio.
Con
17 anos voltou porque a familia estaba a piques de establecer unha
industria en Camposancos e Eloy pasou a participar nun negocio fundado
polo seu irmá: un serradoiro mecánico e uns fornos de cal.
Co
inicio do S. XX estableceuse no lugar de Cachadas a fábrica de
Cerámica Lomba e Cía.
En
1905,con 24 anos marchou a Valencia onde se familiarizou nos
procedementos dos fornos de cal e fornos cerámicos.
Seis
anos despois en 1911, Eloy Domínguez desprazouse a Londres para
atender negocios de exportación da empresa. En Inglaterra observa as
construcións e pensa no azulexo como elemento apropiado para as
edificacións.
No ano 1912 a empresa xa está indroducida na produción de azulexos en Manises.
No ano 1912 a empresa xa está indroducida na produción de azulexos en Manises.
No
ano 1915 contraeu matrimonio con Manuela López Cabezudo e tivo cinco
fillos.
Arredor
do 1930 Eloy convértese nun dos máis importantes empresarios de
azulexo en España.
En
1934 adquire unha fábrica en Alicante que dedicaría á produción
de tellas e ladrillos.
Mantiña
Eloy Dominguez o costume de acudir todos os anos a Galicia para pasar
as vacacións coa familia. E foi nunha desas estadías cando o
estalido da Guerra Civil e o deixou illado sen capacidade para
administrar as súas fábricas.
De
maneira que, tras o impacto da Guerra Civil, Eloy Domínguez tivo que
reconstruir as súas empresas.
En
1942 conseguiu permiso para instalar en Catoira (Pontevedra) unha
industria da fabricación de azulexos e pezas similares en pasta de
porcelana, empregando materiais nacionais. En xuño do mesmo ano
confirmouse a autorización para construir unha nova fábrica de
cerámica e rampa-embarcadoiro para servicio da mesma, aproveitando
terreos da zona marítimo-terrestre.
Este
foi o inicio da empresa que se transformaría en 1955 en sociedade
anónima baixo a denominación de Cerámicas Domínguez del Noroeste
S.A ( Cedonosa).
Por
suposto a localización en Catoira foi en primeiro lugar pola
existencia de depósitos próximos de arxila e caolín, acumulados na
desembocadura do río Ulla, o que explica que esta zona fose un
núcleo tradicional de elaboración de tellas e ladrillos; en 1923
chegou a establecerse en Pontecesures a fábrica de cerámica
Escudero y Cía.
En
segundo lugar, a presenza de serradoiros e almacenaxe de madeira, o
que aseguraba unha subministración axeitada tanto de leña para os
fornos coma de táboas finas para embalaxes. O feito de estar á
beira dunha corrente fluvial garantía a dispoñibilidade de auga
doce. E tamén por último as boas comunicacións coas que contaba o
emprazamento, con saída a Ría de Arousa desde o peirao co que se
dotou a fábrica, con estación ferroviaria e moi cerca dun porto
comercial como era o de Vilagarcia de Arousa.
Co
fin da década finaliza tamén a construción da fábrica. A gran
cheminea que coroou a fábrica levaba a inscripción na que figuraba o ano 1950.
Para
xestionar as súas empresas puxo ao seu cargo a familiares; da
fábrica de Catoira encargouse o seu fillo maior, Manuel.
Catoira
especializouse nunha gama de productos diferentes as das fábricas
levantinas: tubaxes, mosaicos e refractarios de gres.
A
medida que as venda foron medrando, a empresa tivo que ampliar as
súas fontes da costa lucense e outros lugares.
A
fábrica de Catoira foi a nena mimada da etapa final da vida do
empresario guardés.
Co
auxe da construción nos anos sesenta, Cedonosa ampliaría a súa
producción cunha nova fábrica en Cuntis.
Eloy
Dominguez, morre no 1959, en Catoira, aos 77 anos, ( o seu último
desexo era facer nun mural de mosaico o mapa da nosa terra).
,
INAUGURACIÓN DA FÁBRICA DE TERUEL
ANTONIO MUÑIZ , DIRECTOR EN CATOIRA, DURANTE A INAUGURACIÓN |
FÁBRICA DE TERUEL |
INAUGURACIÓN DA FÁBRICA DE TERUEL |
FABRICACIÓN DE MATERIAL |
OPERARIAS TRABALLANDO |
ESTANTERÍAS DE MATERIAL |
Fotografías cedidas por : JESÚS GONZÁLEZ
ANECDOTARIO:
En 1961 celebrábase por primeira vez una festa que rememoraba o desembarco normando nestas terras , sendo os seus precursores os menbros do Ateneo do Ullán.
Pero será a partires de 1965 , cando os empregados desta empresa asuman a organización da Romería Viquinga, que, co paso do tempo se consolidaría como unha festa de Interese Turístico Nacional, acadando esta categoría en 1988.
Dende 1991, o Concello de Catoira encárgase da súa organización.
CEDONOSA DE CATOIRA NA ACTUALIDADE |
Gustoume a entrevista porque explica como se facían o ferrogres e así
ResponderEliminaresta moi ben explicada encantoume
ResponderEliminarMOITAS GRACIAS AS DÚAS!!!!
EliminarEsto está moi Ben explicado Candela😊😅
ResponderEliminar