ENTREVISTA AOS
RESPONSABLES
DA TABERNA VIKINGA
Os donos da "Taberna Vikinga" eran Carmen e Antonio aínda que Carmiña,
a súa filla, contestou a maioría das preguntas xa que ela, xunto cos seus
irmáns e irmás son os novos donos do local.
A Taberna leva aberta xa 44 anos.
Con estes antecedentes imos saber algo máis sobre este restaurante
que lle gusta tanto á maior parte da xente de Catoira; aínda que tamén coñeceremos
algo máis sobre a vida dos seus anteriores donos.
Por Belén Rey Correa e
Naroa Correa Bouzón
Comezamos esta entrevista preguntando a Carmen.
En que datas nacestes?
En que datas nacestes?
-Eu, Carmen, o 8 de
febreiro de 1943; Carmen, a miña filla, o 14 de
novembro de 1979; e Antonio (Tucho), o 9 de abril de 1941.
Carmen, a que te
dedicahes antes de abrir o bar?
-Antonio e mais eu emigramos
a Australia, onde el traballaba na construción e tamén nun hotel, mentres que
eu tamén traballei durante un tempo ata
que naceu o noso primeiro fillo,Carlos, e regresamos outra vez para Catoira.
En que ano se fundóu o
bar?
-Fundouse en febreiro do
ano 1972.
Como se iniciou este
proxecto?
-Eran un grupo de amigos
que querían montar unha especie de sociedade para facer reunións, entre outras
cousas e, como non se levou acabo o proxecto, Antonio e outro señor de Catoira
quixeron montar o seu propio bar.
Por que un bar e non outro negocio?
-Aproveitamos que
Antonio e mais eu tiñamos un pouco de
habilidade no traballo da hostelería, xa que na nosa etapa de emigración en Australia traballaramos en hoteis.
Por que se elixiu ese nome para este local?
-Porque xa era o nome
que ía ter o proxecto inicial.
Pasou algún personaxe importante por aquí?
-Pasaron varios; do
panorama nacional destacamos a Manuel Dios (actor da serie “Cuéntame”) e Miguel
Ángel Silvestre (naquel momento actor principal da serie “Sin tetas no hay
paraíso”).
E como personaxes
galegos, xogadores do Celta coma Sergio
Álvarez, Borja Oubiña, e outros da plantilla; Luis Zahera,“Petróleo”, da serie
“Mareas vivas”; Os Tonechos; Nucha e Mucha e Roi e Nando Casal entre outros.
Tamén hai que destacar
no panorama internacional a Pablo Milanés , cantautor cubano.
Segue vindo a mesma clientela?
-Xa que o bar leva 44
anos aberto e que por el pasaron varias xeracións, poderiase dicir que agora
veñen os fillos dos principais clientes.
(Agora diriximos as
nosas preguntas á súa filla, Carmen).
Pensastes nalgún momento pechar ou alugar o
local por falta de persoal ou clientela?
-Non. Só se valorou
cando a Antonio e a Carmen lles chegaba a hora de xubilarse. Pero collemos o relevo os seus fillos.
Cantas reformas sufriu
a Vikinga ao longo deste tempo? Tedes pensado
facer algunha máis?
-Pois xa que empezou
sendo unha pequena taberna, a primeira reforma foi
ampliar o que hoxe en día é o comedor; a segunda foi a
ampliación do que é a cociña, a adega e a estrutura que
está feita dun hotel. Gustaríanos rematar as reformas
do hotel para poñelo a funcionar.
Cal é a especialidade
da casa?
-Os pinchos morunos
aínda que, ao longo do tempo tamén poderiamos
considerar que os chipiróns encebolados e a croca tamén son especialidades.
Para darlle publicidade
ao negocio que preferides,
unha boa crítica nun
xornal ou o boca a boca da xente?
-O boca a boca da xente
sen ningunha dúbida, aínda que unha boa crítica no xornal tamén é un bo
recoñecemen-
to.
Recibistes algunha queixa da comida por parte dalgún cliente? E
felicitacións?
-Por suposto, xa que a comida non sempre está ao gusto de todos; falamos de salgado ou soso, máis feito ou menos feito … Tamén recibimos felicitacións, e un recoñecemento anónimo na Guía Michelin.
Na actualidade, canta
xente traballa no local? Son todos
da familia?
-Actualmente traballan 6
persoas , son todos da familia menos dous.
A taberna foi sempre un
local de comidas ou antes só serviades viños e tapas?
-Creouse sendo unha
taberna de viños e tapas e, co paso do tempo, ampliouse
a restaurante.
E ata aquí a
entrevista. Grazas por prestarnos o voso tempo un sábado á tarde
e por contestar sen problema a todas as nosas preguntas.
DESEXÁMOS QUE NO FUTURO
VOS VAIA TAN BEN COMO AGORA!!
LUNES, 26 DE JULIO DE 2010
Catoira y su Taberna Vikinga: El buen hacer en la fritura.
Es bien conocido que la fritura del pescado menudo y otros es
una preparación habitual en Andalucía principalmente, si bien también
se puede encontrar en bares y restaurantes del resto del País,
aunque es difícil que lleguen a alcanzar el punto, el sabor, y la
calidad que ofrecen los locales andaluces. En Galicia son
poco habituales los locales que dominen el arte de la fritura, bien
por la baja calidad del aceite que se usa para ella, bien porque no
llegan o se pasan del punto de fritura, bien porque viene
encharcada en aceite, etc.
En Catoira, Ayuntamiento cercano a Vilagarcía de Arosa
(Pontevedra), frente a la Casa do Concello esta ubicada la Taberna
Vikinga, pequeño y modesto local, pero muy agradable en el que ofrecen una
fritura excepcional, de las que destacamos de manera muy especial las
xoubas de la ría, fritas enteras, crujiente la piel, jugoso el interior y
seco el pescado. También a destacar los choquitos fritos con cebolla, de buen tamaño
y mejor sabor, gracias al justo punto de fritura que se les ha dado. Se
puede continuar la faena con un pincho moruno bien adobado y con el tiempo
justo de plancha, que acompañado todo ello por los auténticos pimientos de
Padrón y un buen vino tinto hacen un picoteo digno del mas noble y
exigente de los paladares, que se puede rematar con un buen trozo de la
sabrosa tarta de queso que elaboran en la casa. En resumen: estamos de nuevo
ante una propuesta en la que prima sobre todo la calidad de un producto de
la zona de excelente calidad, elaborado por manos expertas y cuidadosas
sobre todo para la fritura.
CARME, A FILLA DOS FUNDADORES, XUNTO CON BELÉN E NAROA |