22/11/16

CELEBRAMOS O DÍA DE SANTA ICÍA



Hoxe , 22 de novembro, celebramos a festividade de Sta. Icía, patroa dos músicos e da Música.

Pero Sta. Icía ten tras dela unha historia: foi unha mártir romana dos primeiros séculos do
cristianismo.

Non se sabe con certeza , pero se supón que debeu ser martirizada entre os anos 180 e 230.

Foi o Papa Gregorio XIII quen a nomeu patroa da Música alá polo ano 1594.

Os seus atributos son o órgano, o laúde e as rosas.



Como non podía ser menos, no noso cole tamén celebramos este día cun concerto no Auditorio Municipal de Catoira.

Contamos pa elo coa actuación de varios grupos de alumn@s do noso centro pertencentes á EMMC que interpretaron unhas breves pezas tocando o clarinete e, tamén, puidemos disfrutar da actuación de "CÉ ORQUESTA PANTASMA".




Un momento da actuación

Artiluxio que acompaña á actuación de "Cé orquesta pantasma"

Alumnado de 6ºB


Actuación dun grupo de clarinete da EMMC

Un símbolo viquingo que acompaña á decoración do Auditorio Municipal de Catoira

Orixinal sinal de tráfico reconvertida en reclamo publicitario da actuación

O alumnado de 6ºB acompañados por César

Os clarinetistas da EMMC acompañados por César
Parabéns para os clarinetistas que o fixeron fenomenal!!

E, por parte do "home orquestra", dicir que o pasamos moi ben, foi divertido e fixo partícipes a todos da súa actuación....

Ata a próximaaaaaa!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario