ENTREVISTA A MARTA VALIÑO FREIRE
por: Pablo Sumay Dios
Aínda que a maioría
coñecemos a Marta Valiño pola súa faceta de cantante en diferentes orquestras
galegas, descubrimos dela outras facetas interesantes.
Colaborou coa súa voz no
programa "Historias de Galicia" e participou en multitude de
películas de debuxos animados, coma Shin Chan; series de fición, coma Rías
Baixas; sempre en galego.
Na actualidade lidera un
proxecto de música rock chamado grupo "Marketta" e colabora con Roi Casal.
Unha auténtica artista
polifacética.
Marta actuando co grupo Marketta |
De onde eres?
Son de Vigo, Vigo cidade.
Canto tempo levas en Catoira?
Levo en Catoira dende o 25 de xuño de 2008, vai facer 9
anos.
A que anos comezaches na música?
Empecei con 17 anos, case 18 anos.
En que grupos cantaches?
Estiven en grupos e en orquestras. O primeiro grupo no que
estiven era cuns amigos que se chamaba "Cibia". Fixemos dous
concertos no Náutico de Vigo para os 40 Principales, era música feita polo
grupo no que eu cantaba.
Respecto das orquestras, na primeira coa que estiven foi
"Marazul". Para min foi a mellor porque eramos 17, dos cales cinco ou
seis eramos chicas. Nesta orquestra estaba todo gravado e eu cantaba pouco,
pero as miñas compañeiras cantaban menos ca min.
Despois estiven en "Tango", unha orquestra de O
Porriño, na que estiven catro anos. Logo case catorce anos en "Costa Oeste"
e dous en "Olympus".
Logo xa me retirei, aínda que fixen algunha substitución
arredor de dous meses en orquestras nas que algunha chica marchara.
Que proxectos fixeches e cales tes nun futuro?
Sempre escribín poesía e sempre me gustou escribir
cancións. De feito, no colexio facía o típico de escribir panxoliñas con música
dalgúns anuncios de Nadal por exemplo, aos que lle cambiaba a letra.
Despois déuseme por escribir e compoñer porque estudei dous
anos de lírico en Vigo con 17 anos. Logo marchei a Madrid cinco anos nos que
estiven cunha mestra de canto que se chamaba Connie Phill e coa que estudei
improvisación, armonía e iniciación ao Jazz; aí foi onde realmente aprendín.
Agora
estou de corista con Roi Casal; tamén , no musical de Panorama; sigo compoñendo
e cantando. Isto creo que o seguirei facendo toda a vida, seguirei cantando e
compoñendo.
Que soñas conseguir no mundo da música?
Cando era nova, soñaba con ser famosa, quería ser Madonna,
porque me gustaba ela; Bon Jovi e Mecano. Sen embargo, van pasando os anos,
facéndote maior e simplemente agora gustaríame vivir do que me gusta facer: dar
clases de canto, que alguén famoso me comprara algún tema... isto faríame feliz,
á parte de rica.
Gustaríame seguir cantando, non pido ser famosa, pero
gustaríame cantar sempre.
Quen é o teu ídolo na música?
Teño moitos ídolos. A miña musa é Celine Dion. Encántame
Chaka Khan, Jon Mayer, Bon Jovi. Gústame moito a música dos oitenta, que é a
época da mellor música. Nesta época a música española estaba moi en auxe e, por
iso ,gústanme tamén La Guardia, Los Secretos...
Tes apoio na túa familia? Sempre o tiveches?
Non, non o tiven. É máis, a miña nai castigábame e sacábame
de música e de baile que era o que eu quería de pequena: cantar e bailar. Por
ignorancia dos meus pais castigábanme e sacábanme pero despois ao verme caíalle
a baba, aínda que cando comecei con 17 anos, miña nai, que era máis anticuada,
tiña medo.
Dos traballos realizados, cales foron os máis complicados?
Dende que comecei ata agora, quizás o máis complicado foi
cando substituín a Silvia Ferre no proxecto de Roi Casal. Tívenme que chapar os
tres discos, estudando os temas exactamente como os cantaba Silvia, non o puiden
facer á miña maneira. Do resto, como é o que me gusta facer, non me resulta
complexo. Sen embargo, non me poñas a facer unha torta ou un guiso, porque non
me vai saír, pero facer unha canción, si.
Agora mesmo, en que traballas?
Agora estou con Roi Casal, dou clases de canto e estou no
musical de Panorama.
Tes outras afeccións?
Non, tocar e cantar. Non teño outras, non me gusta coser,
non me gusta pintar, non me gusta a informática. Para gravar vólvome tola, pero
teño que aprender. Bueno, gústame moito o deporte, sempre fun moi deportista;
gustábame moito bailar, aínda que agora xa non tanto, debe ser a idade.
Se non foses cantante, que outro oficio che gustaría?
Cando acabei os estudos e non sabía que facer, non quería
facer ningunha carreira e empecei con psicoloxía pero, ao final, non me
gustaba. Ao final fixen auxiliar de clínica, nunca exercín pero fixen prácticas
en catro hospitais. Houbérame gustado ser enfermeira, é moi distinto, pero
gustaríame selo e penso que podería facelo ben.
Con quen che gustaría facer un dueto?
Posmo moi complicado! Con Celine Dion, con Lara Fabian e
con xente que agora non recordo o nome pero que hai en Internet que non se lle
coñece pero que é moi boa. O que me gustaría é facer unha canción e que ma
cantara alguén famoso, non polo feito de ter cartos, senón por facela eu,
escribila, isto é o que me gustaría.
Tocas algún instrumento?
Si, toco a guitarra un pouco e o piano. Fixen Piano
Complementario e é o que me gusta, tocar e cantar pero tería que aprender moito
máis. Agora estou coas maracas pero é moi complicado, para iso hai que nacer.
Que é o que máis che inspira para cantar ou compoñer?
Cada canción foi unha situación real na vida. Sexa de amor,
de inxustiza, de cando deixei o mundo das orquestras e de repente, despois de
traballar 20 ou 25 anos, atopeime con que non sabía que facer, non sabía como
ubicarme e houbo tres anos que estiven un pouco perdida pero cada vez que me
sucede algo na vida, parece que teño que plasmalo nunha canción. Cada vez que
vou compoñer é porque o teño, póñome no piano, póñome a escribir e sáeme
nese momento. Non podo dicir: “vou a compoñer”, teño que estar inspirada para
facelo.
Nestes enlaces podemos apreciar algúns dos seus traballos:
Desexámoslle a Marta Valiño o maior dos éxitos!!
Encantoume a entrevista felicitacións a Pablo
ResponderEliminarEstiven pensando que Manu Conde,que sodes bos amigos,podría compoñer unha peza para que Tania e eu a toquemos e, po r suposto que ti a cantes.
Paréceme una idea estupenda....dous grandes con otras dúas futuras grandes músicas...
ResponderEliminarAgardemos que o teñan en conta e a ver se se animan.
Ogallá que todo este traballo ben feito teña una continuación nun futuro non moi lonxano.
Todo o esforzo que están a poñer est@s alumn@s ,facendo este tipo de actividades ,verase recompensado moi pronto.
Xa veredes do que van ser capaces!!!