16/11/16

AS NOSAS XENTES


ENTREVISTA A CARLOS PADÍN BUSTO
“EL MAGO DE CATOIRA”

Por: Clara Padín Davila

Carlos Padín durante un partido de futbol co seu equipo o Cordeiro

Carlos Padín Busto naceu en Catoira no ano 1974 e comezou a súa andadura futbolística no equipo do seu pobo, o Catoira, aínda que a súa estancia foi fugaz, xa que pronto fichou polo Arousa, onde recibiu una invitación para probar polo FC Barcelona que daquela adestraba Johan Cruiff. 

Sen embargo, o seu destino foi o Pontevedra CF, dende onde deu o salto ó Deportivo da Coruña.

Alí  estivo tres anos, nos que xogou no primeiro equipo e mesmo gañou un Teresa Herrera.

 Outra das súas mellores etapas  viviuna no Racing de Ferrol, co que ascendeu a Segunda División.

 A continuación chegou o Lleida, na categoría de prata e despois xogou cedido no Logroñés, onde foi todo un ídolo.

 O Pontevedra, nunha segunda etapa, foi de novo o seu destino; Ourense, Arousa, Ordes, Boiro… foron os seus outros vestiarios. E fai tres anos chegou ó Cordeiro, onde xoga actualmente, amosando que aínda ten corda para rato.

Xogador e entrevistadora no campo de Baño


-  Con cantos anos comezaches a xogar ó fútbol?

-  Pois comecei a xogar, creo que ós doce anos, máis ou menos.

- En que equipo?

-  No Catoira

-  Cal é a posición na que xogas?

-  Xogo na posición de mediapunta

-  Xogaches sempre na mesma posición?

 Non.

Dos equipos que estiveches… cal é o que máis che gustou?

De todos, foi o Pontevedra C.F.

 - Cal foi para ti o partido máis importante que xogaches?

- Foi o Valladolid – Deportivo, que se xogou o 14 de febrero de 1996, xa que foi cando debutei na Primeira Division

- Quen foi o teu mellor adestrador?

Foi  José Aurelio Gay, que me adestrou no Pontevedra C.F.

- Na túa vida deportiva, tiveches alguna lesión importante?

- Si, tiven dúas; a primeira foi una rotura fibrilar que me afastou dos campos oito meses e a outra foi una rompedura do peroné pola que estiven sen xogar durante tres meses.

- De que equipo es?

- Son do Real Madrid.

- Cal é o teu xogador favorito?

- O meu xogador favorito é Ronaldo Nazario de Lima; e dos que están en activo, Modric.

- Cando vas deixar de xogar ó fútbol?

- Cando as pernas non me respondan.

 - Moitas grazas por concederme esta entrevista. 

- Grazas a ti.


Agardamos que as súas pernas respondan por moito tempo e, dende este blog  desexámoslle o mellor.


Outra instantáneo de Padín co balón


2 comentarios:

  1. Un crack!! Enhorabuena por tu carrera deportiva Carlos, eres un campeón fuera y dentro del campo.
    Un saludo de un fan.

    ResponderEliminar
  2. Noraboa pola entrevista, moi bo plantexamento da traxectoria deportiva dun grande do deporte..Parabens Clara,, e o teu protagonista, Carlos Padin ,. Orgullo vikingo!!

    ResponderEliminar