19/11/16



ENTREVISTA A :

MARTÍN BALEIRÓN FRIEIRO


Profesor de clarinete da Escola de Música de Catoira.


Por Antía Lorenzo González.


Martín Baleirón Frieiro naceu en Rianxo no ano 1969. Iniciou a súa traxectoria musical con tan só 7 anos na Banda Infantil de Taragoña (Rianxo), onde permaneceu ata os 16 anos.

Con esa idade presentouse a unhas probas de “Educando”para a Escola Naval Militar de Marín na que foi admitido,  permanecendo alí ata que se licenciou tendo 18 anos de idade.

Logo entrou na Banda de Vilagarcía como clarinete solista; alí chegou a ser 2º director da banda cando o director era Don Fermín Feijoo (un teniente da Armada).

Con 23 anos pasou a formar parte da Banda Municipal de Santiago de Compostela.

Como docente, deu clase no Conservatorio Felipe Paz Carbajal, en Noia; nas escolas de música de Bandeira, Solfa Fontiñas (Santiago de Compostela) e Catoira.

Tamén deu clases nalgún colexio como, por exemplo.  no Peleteiro de Santiago de Compostela.

Actualmente tamén exerce como Director da Banda de Música de Boiro.



Antía xunto con Martín, o seu profesor de clarinete
-Que idade tiñas cando empe-
zaches a estudar música?

- Empecei sendo un neno, só tiña 7 anos e fíxeno na Banda Infantil de Taragoña.

- Onde estudaches?

-A nivel musical estudei música con mestres da Banda Infantil de Taragoña, mestres como Xosé España Lorenzo que era director da banda e profesor de clarinete.

Logo fixen estudios no Conservatorio de Santiago e sobre todo no Conservatorio Superior de Música de Vigo nas especialidades de clarinete e música de cámara.

A nivel universitario estudei historia na Universidade de Santiago, e teño unha Licen- ciatura en Historia e Ciencias de Música pola Universidade de A Rioxa.

- Por qué te decidiches pola música?

- Empecei nesto da música en primeiro lugar porque na miña familia había certa tradición músical,tiña un bisavó e un tío avó que tocaban en bandas populares e foi o meu avó o que por distintos motivos non pudo adicarse á música e incitoume a min a estudar música.

Ó mesmo tempo tiña varios amigos que estaban na banda e por estar con eles seguín na banda.

- Cal foi o día máis feliz que che proporcionou a música?

- Sen dúbida, o día que aprobei as oposicións para a Banda Municipal de Santiago e, tamén, cando rematei a carreira de Historia e Ciencias da Música.


- Se tiveses que quedarte cunha actuación, cal sería?

- As actuacións máis importantes da miña vida seguro que foron as do meu debut, tanto na Banda Infantil como na Banda Municipal de Santiago.


- Formas parte da banda municipal de Santiago, como é a vida nunha banda?

- A vida nunha formación profesinal coma a banda consiste en adicarse a ela en corpo e alma. Polas mañás hai ensaio, polas tardes hai estudio para preparar os concertos; esto faise de martes a venres.

Hai un concerto cada semana e este concerto adoita ser os domingos, polo tanto, os sábados e os luns adoitan ser os días de descanso.

Dicir que para os que disfrutamos da música, traballar na música, aparte dun traballo, tamén é un pracer.


Martín Baleirón acompañado doutros músicos


- Dentro dunha banda de música ,como é a relación cos compañeiros?

- Son coma en calquera outro traballo. Por suposto, tes grandes amigos e tamén hai outras persoas coas que non tes a mesma relación. Eu teño na banda os mellores amigos.

O importante é que as relacións non afecten á hora do concerto.

- Que instrumento tocas na banda?

- As oposicións aprobeinas co clarinete; estiven tocando o clarinete como clarinete solista pero, fai uns 15 anos, o director da banda considerou interesante que alguén tocara o clarinete baixo, polo que  me presentei voluntario e, dende entón, estouno tocando.


Banda de Música de Santiago de Compostela  nun concerto na praza do Toural


















- Aparte da banda de música, tamén eres profesor na escola de música de Catoira.
Que che motiva para dar clases a nenos que empezan coa música?

- Non necesito sentir moita motivación; a motivación xa ma dan os rapaces,ver a súa evolución,o que estudan e aprenden,e que cheguen a sentir a mesma paixón pola músia ca min.

- Que sintes cando ves tocar os teus alunnos?

- Para min é unha alegría pero o que máis me satisface é velos tocar un ano tras outro. Cada vez que sae a tocar un neno pequeño sinto moita alegría e emoción, case coma a dos seus pais.

- Para ti , que representa a Escola de Música de Catoira?

- Para min, a Escola de Música de Catoira máis que unha escola é unha familia, xa que teño unha moi boa relación cos profesores,cos alunnos e cos seus pais.

Son unha familia da cal disfruto moito.


- Con que mensaxe despedirías esta entrevista?

- Máis que unha mensaxe é un desexo.

Desexo que os nenos se acheguen á música sin ningún prexuicio; sobre todo os nenos que consideran certas músicas alonxadas da súa realidade e,  ademais que se acheguen a todo tipo de música


  A música é vida, a música é paixón...!!





Moitas grazas a Martín polas súas palabras!


Ningún comentario:

Publicar un comentario