ENTREVISTA A :
MARTÍN BALEIRÓN FRIEIRO
Profesor de clarinete da Escola de Música de Catoira.
Por Antía Lorenzo González.
Martín Baleirón Frieiro naceu
en Rianxo no ano 1969. Iniciou a súa traxectoria musical con tan só 7 anos na
Banda Infantil de Taragoña (Rianxo), onde permaneceu ata os 16 anos.
Con esa idade presentouse a
unhas probas de “Educando”para a Escola Naval Militar de Marín na que foi
admitido, permanecendo alí ata que se licenciou tendo 18 anos de idade.
Logo entrou na Banda de
Vilagarcía como clarinete solista; alí chegou a ser 2º director da banda cando
o director era Don Fermín Feijoo (un teniente da Armada).
Con 23 anos pasou a formar
parte da Banda Municipal de Santiago de Compostela.
Como docente, deu clase no
Conservatorio Felipe Paz Carbajal, en Noia; nas escolas de música de Bandeira,
Solfa Fontiñas (Santiago de Compostela) e Catoira.
Tamén deu clases nalgún colexio
como, por exemplo. no Peleteiro de Santiago de Compostela.
Actualmente tamén exerce como
Director da Banda de Música de Boiro.
Antía xunto con Martín, o seu profesor de clarinete |
-Que idade tiñas cando empe-
zaches
a estudar música?
- Empecei sendo un neno, só
tiña 7 anos e fíxeno na Banda Infantil de Taragoña.
- Onde estudaches?
-A nivel musical estudei
música con mestres da Banda Infantil de Taragoña, mestres como Xosé España Lorenzo que
era director da banda e profesor de clarinete.
Logo fixen estudios no Conservatorio
de Santiago e sobre todo no Conservatorio Superior de Música de Vigo nas
especialidades de clarinete e música de cámara.
A nivel universitario estudei
historia na Universidade de Santiago, e teño unha Licen- ciatura en Historia e
Ciencias de Música pola Universidade de A Rioxa.
- Por qué te decidiches pola
música?
- Empecei nesto da música en
primeiro lugar porque na miña familia había certa tradición músical,tiña un
bisavó e un tío avó que tocaban en bandas populares e foi o meu avó o que por distintos
motivos non pudo adicarse á música e incitoume a min a estudar música.
Ó mesmo tempo tiña varios
amigos que estaban na banda e por estar con eles seguín na banda.
- Cal foi o día máis feliz que
che proporcionou a música?
- Sen dúbida, o día que aprobei
as oposicións para a Banda Municipal de Santiago e, tamén, cando rematei a carreira
de Historia e Ciencias da Música.
- Se tiveses que quedarte cunha
actuación, cal sería?
- As actuacións máis
importantes da miña vida seguro que foron as do meu debut, tanto na Banda Infantil como na Banda
Municipal de Santiago.
- Formas parte da banda
municipal de Santiago, como é a vida nunha banda?
- A vida nunha formación
profesinal coma a banda consiste en adicarse a ela en corpo e alma. Polas mañás hai
ensaio, polas tardes hai estudio para preparar os concertos; esto faise de martes
a venres.
Hai un concerto cada semana e
este concerto adoita ser os domingos, polo tanto, os sábados e os luns adoitan ser os días de descanso.
Dicir que para os que
disfrutamos da música, traballar na música, aparte dun traballo, tamén é un pracer.
Martín Baleirón acompañado doutros músicos |
- Dentro dunha banda de música
,como é a relación cos compañeiros?
- Son coma en calquera outro
traballo. Por suposto, tes grandes amigos e tamén hai outras persoas coas que non tes
a mesma relación. Eu teño na banda os mellores amigos.
O importante é que as relacións
non afecten á hora do concerto.
- Que instrumento tocas na
banda?
- As oposicións aprobeinas co
clarinete; estiven tocando o clarinete como clarinete solista pero, fai uns 15 anos,
o director da banda considerou interesante que alguén tocara o clarinete baixo, polo
que me presentei voluntario e, dende entón, estouno tocando.
Banda de Música de Santiago de Compostela nun concerto na praza do Toural |
- Aparte da banda de música,
tamén eres profesor na escola de música de Catoira.
Que che motiva para dar clases
a nenos que empezan coa música?
- Non necesito sentir moita
motivación; a motivación xa ma dan os rapaces,ver a súa evolución,o que estudan e
aprenden,e que cheguen a sentir a mesma paixón pola músia ca min.
- Que sintes cando ves tocar os
teus alunnos?
- Para min é unha alegría pero
o que máis me satisface é velos tocar un ano tras outro. Cada vez que sae a tocar un
neno pequeño sinto moita alegría e emoción, case coma a dos seus pais.
- Para ti , que representa a
Escola de Música de Catoira?
- Para min, a Escola de Música
de Catoira máis que unha escola é unha familia, xa que teño unha moi boa relación cos
profesores,cos alunnos e cos seus pais.
Son unha familia da cal
disfruto moito.
- Con que mensaxe despedirías
esta entrevista?
- Máis que unha mensaxe é un
desexo.
Desexo que os nenos se acheguen
á música sin ningún prexuicio; sobre todo os nenos que consideran certas músicas
alonxadas da súa realidade e, ademais que se acheguen a todo tipo de música
A música é
vida, a música é paixón...!!
Moitas grazas a Martín polas súas palabras!
Ningún comentario:
Publicar un comentario