Buscar neste blog

20/11/16

AS NOSAS XENTES




NINPATI-NINPAMIN - Detalliños Artesanais


CATOIRA 2013. 

CREADO POR: EVA MARIA RODRIGUEZ CARRIL E IRIA LAIÑO RODRIGUEZ



Por: Martín Manteiga Rodríguez


Eva Rodríguez e Martín Manteiga
- Que é Ninpati-Ninpamin; como  xurde a idea?

Somos unha nai e unha filla que, no tempo, libre adicámonos a un dos nosos hobbies favoritos, as manualidades.
Ninpatí- Ninpamín xurde cando, debido a crise, eu me quedei no paro e fun de voluntaria á Cruz Bermella. Alí coñecín xente que, coma min, se adicaba a facer manualidades. Faciamos talleres onde uns aprendiamos dos outros.
Logo, xunto con Iria, a miña filla, decidimos abrir una páxina en Facebook (Ninpati Ninpamin) onde expoñer as nosas manualidades.

-  Qué tipo de artesanía traballades?

Facemos xabón con aceite reciclado; scrackbooking, que é unha técnica para facer tarxetas, álbumes de fotos, con papeis decorados e servilletas; a técnica do decopage, para reciclar botes de cristal… pero, a miña afición preferida é traballar con estaño e a da miña filla, o coiro.


Botellas decoradas con estaño representando escenas alusivas a Catoira


- Como e onde aprendeu a túa arte?

Fai anos fun  facer varios cursos de manualidades e, como dixen antes, aprendín con outras compañeiras e hoxe ca gran ferramenta que temos ,que é Internet.

- Onde podemos ver os teus  traballos?

Fai tempo faciamos aquí en Catoira uns mercadillos artesanais, onde expoñiamos varias compañeiras as nosas cousiñas pero, como non se pode vivir só desto, agora facémolo pola páxina de Facebook.


Botes de cristal decorados coa técnica do decopage


-É esta a túa profesión  ou dedicaste a algo  máis?

Eu son delineante e dediqueime a esta profesión durante 25 anos, traballando nun estudio de arquitectura, pero debido á crise, nesta profesión tivemos que reciclarnos e buscar outros empregos. Agora traballo como operaria nunha fábrica de conservas .

- A nivel  persoal,  que che aporta ?

Gústanme moito as manualidades, ocupan o meu tempo libre e reláxanme. É una pena que económicamente non poida vivir desto.

- Podes contarme alguna anécdota, iniciativa, experiencia deste proxecto?

Como iniciativa, a do mercado de artesanía local  e, como experiencia, a que tiven cas outras compañeiras compartindo as nosas ideas e coñecementos. Unha boa experiencia que me aportou moito.


NORABOA POR ESTES EXCELENTES TRABALLOS!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario