Por:Sabela Lorenzo
Abuín e Candela Suárez Mondragón.
Lugar de nacemento e
residencia: Catoira.
Bety fíxose
deseñadora grazas a que súa nai era
costureira.
costureira.
Estudou Deseño de
Moda e Xoias no Mestre Mateo, en Santiago.
O traballo máis importante é a confección de roupa para a Romaría Vikinga, dende fai 23 anos.
Tamén hai que
destacar un desfile de roupa vikinga que Bety fíxo para o programa da
televisión de Galicia “Aquí Galicia”.
-Cando che entrou o gusanillo da moda? E que é o que máis che gusta da túa profesión?
-Cando tiña 14 anos.
O que máis me gusta é deseñar e confeccionar vestidos de nenas .
-Dende sempre.
-A túa familia
apoiabate?
-Si, ademais a miña
nai era costureira e tiña un taller de costura.
-Cal foi a primeira
prenda que deseñaches?
-Unha cazadora beige
e marron, que aínda conservo.
-Tes algún proxecto
en mente?
-Preparar a vikinga
do ano que ven.
-Cando empezas a
confección da roupa vikinga e como son os traxes?
-Empezo en Xaneiro .
Os traxes modifícanse un pouco porque a festa é no verán e fai moita calor.
-Cal foi o encargo
mais importante que tiveches?
-O encargo máis
importante foi o da primeira Romaría Vikinga, con 255 traxes.
-Á hora de realizar
un vestido... cal é a tua inspiración?
-Fíxome na persoa que
o vai levar e tamén na tea.
-Que estilo che
gusta máis?
-As prendas sinxelas.
-Que é o que máis
che gusta do teu traballo e cal é
aprenda que máis che gusta confeccionar?
-O que máis me gusta é traballar cos nenos e a prenda é confeccionar vestidos.
-Cal é o teu
referente na moda?
-Primeiro miña nai e
despois Carolina Herrera.
-Que consello lle
darías a unha persoa que quere adicarse a esta profesión?
-Ser constante e ter
paciencia.
-A onde che
gustaría chegar?
-A ser unha gran
deseñadora.
-Á parte de nós,
alguén che fixo una entrevista?
Si, a televisión de
Galicia, a Voz de Galicia e varios programas de televisión.
Grazas Bety polo teu
tempo, e esperamos que chegues a cumprir os teus soños.
Bety acompañada por Sabela e Candela |
Ningún comentario:
Publicar un comentario