20/12/16

AS NOSAS XENTES


ENTREVISTA A FRANCISCO EIRAS "PAQUITO"


Por Alejandro Rey Lapido e Hugo de Jesús Figueiras



Francisco Eiras García naceu en Gondar -Dimo (Catoira) o 22 de abril de 1974 e nestes momentos é compoñedor pero ten titulo de maxasista terapeutico deportivo .


-Como se che ocorriu ser compoñedor ?

-Comecei a ser compoñedor pouco a pouco ,cos veciños, con xente coñecida e, pouco a pouco, comezou a aumentar xente e tiven que deixar o que estaba estudando para empezar a ser componedor .

-Con que idade comenzaches a facer este traballo?

-Con 19 anos ,cando falleceu o meu avó .

-É certo que o teu avó foi o primeiro compoñedor ?

-Non. O meu avó foi o oitavo dunha xeración ,no noveno non hai ningen e o décimo son eu . Xa foi o seu pai, o seu avó e o seu bisavó .

-Hai diferenza entre a maneira de traballar ti e a do teu avó?

-Non , mais ou menos é a mesma. Antes non se utilizaban cousas que agora existen coma o aceite específico, pero o manexo e a mesma maneira de traballar non cambiou en nada .

-Algunha vez tiveches ou tes un axudante ?

 -Non ,estou eu só .

-Cantas horas adicas ao teu traballo ?

 -Mais ou menos, unhas 9 horas diarias .

-Que é o que máis che gusta do teu traballo ?

-O ben que lle fas a xente e o satisfeita que queda .

-E o que menos ?

-As horas que paso traballando ...

-Ven moita xente por aquí ?

-Moita , moita ...

-Que tipo de xente é a que ven ?

-Veñen de toda clase, de todas as idades e de toda Galicia .

-Utilizas algun tipo de tenoloxía no teu traballo ?

-Non ... o único medio "tenolóxico" son as mans e un vaso de cristal de Danone .

-Se non foses compoñedor, que serías ?

-Estudiar ,estudiei administrativo e estaba con relacions laborais cando empecei a traballar .

-Que aficións tes ?

-Os deportes, todos os deportes .

-Tes algunha anécdota ?

-A miña primeira anecdota é de cando eu ainda xogaba ao futbol aquí en Catoira . Fomos  xogar a fora e sen querer dinlle unha patada a un e o pobre quedou a chorar e co pe mal e púxenllo ben .Ao árbitro tanta pena lle din que nin me expulsou .E ó rematar queríame pagar ,non pegar ,pagar .


O compoñedor Francisco ,mais coñecido como "Paquito" atendeunos na consulta na súa casa .
É unha persoa moi agradable e simpática. Amosounos como se facían as famosas ventosas co vaso de cristal de Danone ,algodón e alcol .Pensamos que era doloroso pero non é para tanto ...
Así que xa sabedes... se tedes algún oso mal ... Paquito atenderavos moi ben .

Os últimos compoñedores que quedan en Galicia son moi aprezados.
"Paquito" colleu o relevo do seu avó Ventura Eiras, un dos compoñedores con máis sona en Galicia e por cuxas mans pasaron moitas xentes na procura de ver solucionadas as súas doenzas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario