21/12/16

AS NOSAS XENTES

ENTREVISTA A 

MÓNICA TOURIÑO FERREIRÓS


Por Claudia Loureiro Romero



Preséntovos a unha catoirense amante dos cans e do deporte. Esta muller é Monica Touriño
 
       
Naceu en Catoira fai 41 anos e a sua especialidade deportiva é o canicross que consiste 
en correr cun can amarrado á cintura cun cinto e unha liña de tiro que vai ata o arnés do can. 
      
Normalmente practícase en terra aínda que, en ocasións, pódese practicar na neve con raquetas de neve no caso de neve branda e con zapatillas se é neve dura.

No seu amplo currículo podemos destacar os seguintes éxitos:
Campioa da Liga Galega nos anos 2010, 2011, 2012, 2014 e 2015 pero, neste último, na modalidade de Mushing. 
Campioa do Campionato Galego nos anos 2010, 2011, 2013, 2014, 2015 e 2016. 
Campioa da Copa de España nos anos 2012, 2014, 2015 e 2016.

Ademais doutros títulos, destacamos o 6º posto no Campionato de Europa do ano 2012, o 5º posto no Campionato de Europa do ano 2015 e o 4º posto no Campionato de Europa do ano 2016.

Toda unha Campioa.


Mónica e o seu can nunha competición

Vainos contar un pouco sobre ela, os seus cans e o canicross:

-Cantos cans tes?
-Teño 14 cans.

-Cál e o can máis rápido que tes?
-Argos é o máis rápido, pero non compite conmigo. É demasiado rápido para min e deixollo a un amigo.

-Cántos anos teñen os teus cans, cómo se chaman e de qué raza son?
-Teñen entre 4 meses e 9 anos. Chámanse: Caramelo, Indie, Moka, Argos, Area,  Brisca, Vento, Lara, Paul, Nepal, Tibet, Fly, Ona e Sid. A maioría son mestizos pero tamén teño un galgo, unha golden e 4 alaskanos. Os alaskanos son mezcla de husky, galgo e braco. Esta raza creouse para competir en carreiras.

-Como escolles os cans?
-A ollo. Escólloos nas protectoras.

-Todos os teus cans  son para facer canicroos?
-Non con todos. Por exemplo, ca golden non compito. Comecei competindo ca golden, pero xa non o fago porque ela decideu un día non correr. Non disfrutaba, así que segue comigo, pero non compite.

-Aos cans fanlles control antidopaxe?
-En Europa si. En España de momento non.

-Cal é a mellor idade do can para competir?
-Entre os 2 e os 4 anos. Porque aos 2 xa non son cachorros e a partir dos 4 anos baixan o rendemento. Pero en canicroos non se nota porque o can sempre da máis que a persoa.

-Ti estás no teu mellor momento?
-Xa se verá cando comece a temporada. Tiña que estar en categoría veteranos, pero estou en senior. Xa é o terceino ano que me deixan competir en senior. É unha categoría máis esixente que a de veteranos e prefiero competir nela para seguir dando o máximo.

-Praticas outro deporte?
-Cando remata a tempada de canicroos fago montaña.

-Canto tempo levas facendo canicroos?
-Levo uns 10 anos.

-Cómo vos alimentades ti máis os teus cans?
-Como moitos hidratos de carbono (arroz e pastas integrais), carne e peixe azul. Hai comidas que non como porque me sentan mal, coma o porco, e nunca como comidas prefabricadas. Os cans pienso de alta enerxía e carne cruda e con grasas, pero por separado. A carne cruda hai que conxelala antes de darlla.

-Cal é o título máis importante que tes?
-As Copas de España.

-Estás federada?
-Si. Senón non podes competir.

-Pensas que algún día o canicroos será deporte olímpico?
-Estano intentando. Para iso hai que cambiar algunhas cousas. Por exemplo, hai que facer controis antidopaxe tanto aos cans coma aos corredores. De momento en España non se fai, pero en Europa xa se está facendo.

-Como entrenades?
-Entrénome coma se fora para atletismo, pero máis en montaña. Nunca en terrenos chás. Fago series, rodaxes e intervalos en montaña. Nunca en asfalto. E despois entreno cos cans.

-Sempre praticaches deporte?
-Non. Empecei a facer deporte aos 30 e pico. Fíxeno porque teño artritis reumatoide. O meu marido animoume dicindo que me ía sentir mellor. Un día agasalloume cun arnés para o can e a ficha da inscripción na Federación. Practicar deporte axúdame a manter a enfermidade á raia.

-Cales son as normas do canicroos?
-O primeiro é que o can disfrute e tratalo ben. Outra norma fundamental é que o can sempre ten que ir diante. Non podes tirar del. Hai moitas normas a parte destas.

-Cómo é a roupa ca que compites?
-Levo a camiseta do club. Non hai roupa específica. O pantalón comecei usándoo longo, pero agora vou de pantalón corto e en manga sisa. Un ano competindo en Ólvega, tiven unha hipotermia porque se presentou moi mal tempo.

-Onde compites?
-Compito en Galicia, en España e tamén en Europa. No Mundial compito se non hai que ir en avión, xa que non deixo que os meus cans vaian en avión. Altéranse moito e non é seguro, xa que van co equipaxe e non poden ir cos donos. En EEUU xa hai voos que permiten ir aos cans cos seus donos.

Tes entrenador?
-Si, teño dous: Óscar Piñeiro e Héctor Tarrío. Con Óscar entreno velocidade e cos cans e con Héctor entreno a forza.

-Como compatibilizas o canicroos co teu traballo e coa túa vida familiar?
-Son mestra e traballo polas tardes. Entreno pola noite ou polas mañáns. Para os cans é mellor entrenar pola mañán. É moi difícil compatibilizar ca vida familiar. En época de competición (outono-inverno) entreno sábados e domingos tamén.



Mónica acompañada por tres dos seus cans

Momento dunha carreira

Durante unha proba

Mónica e Claudia

Augurámoslle un futuro moi prometedor.

Se queredes ver algunha noticia na prensa , aquí tedes estes enlaces:

http://www.laregion.es/articulo/deporte-local/todo-trail-boboras/20160725083401637437.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario