ENTREVISTA A
MÓNICA TOURIÑO FERREIRÓS
Por Claudia Loureiro Romero
Preséntovos a unha catoirense amante dos cans e do deporte. Esta muller é Monica Touriño
Naceu en Catoira fai 41 anos e a sua especialidade deportiva é o canicross que consiste
en correr cun can amarrado á cintura cun cinto e unha liña de tiro que vai ata o arnés do can.
Normalmente practícase en terra aínda que, en ocasións, pódese practicar na neve con raquetas de neve no caso de neve branda e con zapatillas se é neve dura.
No seu amplo currículo podemos destacar os seguintes éxitos:
Campioa da Liga Galega nos anos 2010, 2011, 2012, 2014 e 2015 pero, neste último, na modalidade de Mushing.
Campioa do Campionato Galego nos anos 2010, 2011, 2013, 2014, 2015 e 2016.
Campioa da Copa de España nos anos 2012, 2014, 2015 e 2016.
Ademais doutros títulos, destacamos o 6º posto no Campionato de Europa do ano 2012, o 5º posto no Campionato de Europa do ano 2015 e o 4º posto no Campionato de Europa do ano 2016.
Toda unha Campioa.
Vainos contar un pouco sobre ela,
os seus cans e o canicross:
-Cantos cans tes?
-Teño 14 cans.
-Teño 14 cans.
-Cál e o can máis rápido que tes?
-Argos é o máis rápido, pero
non compite conmigo. É demasiado rápido para min e deixollo a un amigo.
-Cántos anos teñen os teus
cans, cómo se chaman e de qué raza son?
-Teñen entre 4 meses e 9 anos.
Chámanse: Caramelo, Indie, Moka, Argos, Area,
Brisca, Vento, Lara, Paul, Nepal, Tibet, Fly, Ona e Sid. A maioría son
mestizos pero tamén teño un galgo, unha golden e 4 alaskanos. Os alaskanos son
mezcla de husky, galgo e braco. Esta raza creouse para competir en carreiras.
-Como escolles os cans?
-A ollo. Escólloos nas
protectoras.
-Todos os teus cans son para facer canicroos?
-Non con todos. Por exemplo, ca golden
non compito. Comecei competindo ca golden, pero xa non o fago porque ela
decideu un día non correr. Non disfrutaba, así que segue comigo, pero non
compite.
-Aos cans fanlles control
antidopaxe?
-En Europa si. En España de momento non.
-En Europa si. En España de momento non.
-Cal é a mellor idade do can
para competir?
-Entre os 2 e os 4 anos. Porque
aos 2 xa non son cachorros e a partir dos 4 anos baixan o rendemento. Pero en
canicroos non se nota porque o can sempre da máis que a persoa.
-Ti estás no teu mellor
momento?
-Xa se verá cando comece a
temporada. Tiña que estar en categoría veteranos, pero estou en senior. Xa é o
terceino ano que me deixan competir en senior. É unha categoría máis esixente
que a de veteranos e prefiero competir nela para seguir dando o máximo.
-Praticas outro deporte?
-Cando remata a tempada de
canicroos fago montaña.
-Canto tempo levas facendo
canicroos?
-Levo uns 10 anos.
-Cómo vos alimentades ti máis
os teus cans?
-Como moitos hidratos de
carbono (arroz e pastas integrais), carne e peixe azul. Hai comidas que non
como porque me sentan mal, coma o porco, e nunca como comidas prefabricadas. Os
cans pienso de alta enerxía e carne cruda e con grasas, pero por separado. A
carne cruda hai que conxelala antes de darlla.
-Cal é o título máis
importante que tes?
-As Copas de España.
-As Copas de España.
-Estás federada?
-Si. Senón non podes competir.
-Pensas que algún día o
canicroos será deporte olímpico?
-Estano intentando. Para iso
hai que cambiar algunhas cousas. Por exemplo, hai que facer controis antidopaxe
tanto aos cans coma aos corredores. De momento en España non se fai, pero en
Europa xa se está facendo.
-Como entrenades?
-Como entrenades?
-Entrénome coma se fora para
atletismo, pero máis en montaña. Nunca en terrenos chás. Fago series, rodaxes e
intervalos en montaña. Nunca en asfalto. E despois entreno cos cans.
-Sempre praticaches deporte?
-Non. Empecei a facer deporte aos 30 e pico. Fíxeno porque teño artritis reumatoide. O meu marido animoume dicindo que me ía sentir mellor. Un día agasalloume cun arnés para o can e a ficha da inscripción na Federación. Practicar deporte axúdame a manter a enfermidade á raia.
-Non. Empecei a facer deporte aos 30 e pico. Fíxeno porque teño artritis reumatoide. O meu marido animoume dicindo que me ía sentir mellor. Un día agasalloume cun arnés para o can e a ficha da inscripción na Federación. Practicar deporte axúdame a manter a enfermidade á raia.
-Cales son as normas do
canicroos?
-O primeiro é que o can
disfrute e tratalo ben. Outra norma fundamental é que o can sempre ten que ir
diante. Non podes tirar del. Hai moitas normas a parte destas.
-Cómo é a roupa ca que
compites?
-Levo a camiseta do club. Non
hai roupa específica. O pantalón comecei usándoo longo, pero agora vou de
pantalón corto e en manga sisa. Un ano competindo en Ólvega, tiven unha
hipotermia porque se presentou moi mal tempo.
-Onde compites?
-Compito en Galicia, en España
e tamén en Europa. No Mundial compito se non hai que ir en avión, xa que non
deixo que os meus cans vaian en avión. Altéranse moito e non é seguro, xa que
van co equipaxe e non poden ir cos donos. En EEUU xa hai voos que permiten ir
aos cans cos seus donos.
Tes entrenador?
-Si, teño dous: Óscar Piñeiro e
Héctor Tarrío. Con Óscar entreno velocidade e cos cans e con Héctor entreno a
forza.
-Como compatibilizas o
canicroos co teu traballo e coa túa vida familiar?
-Son mestra e traballo polas
tardes. Entreno pola noite ou polas mañáns. Para os cans é mellor entrenar pola
mañán. É moi difícil compatibilizar ca vida familiar. En época de competición
(outono-inverno) entreno sábados e domingos tamén.
Mónica acompañada por tres dos seus cans |
Momento dunha carreira |
Durante unha proba
|
Augurámoslle un futuro moi prometedor.
Se queredes ver algunha noticia na prensa , aquí tedes estes enlaces:
Ningún comentario:
Publicar un comentario