Buscar neste blog

17/03/17

POEMA ROSALIANO CONVERTIDO EN BANDA DESEÑADA



VAMOS BEBENDO

-Teño tres pitas brancas
e un galo negro,
que han de poñer bos ovos
andando o tempo.
Hei de vendelos caros
polo xaneiro,
hei de xuntalos cartos
para un mantelo;
heino de levar posto
no casamento,
hei...-Pois mira, Marica,
vai por un neto,
que antramentras non quitas
eses cerellos,
as pitas van medrando
co galo negro,
para poñelos ovos,
e todo aquelo
do xaneiro, dos cartos
i o casamento,
miña prenda da ialma,
vamos bebendo .

 Rosalía –"Follas novas".













Unha nova visión do poema de Rosalía feito polo alumnado de 6ºB.

Moi orixinal!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario