Buscar neste blog

16/06/16

AS NOSAS XENTES


ENTREVISTA A SERGIO ÁLVAREZ CONDE

Alejandro, Sergio e Hugo

Entrevistado por:  Alejandro Rodríguez Lapido
                            Hugo de Jesús Figueiras


Sergio Álvarez Conde naceu en Catoira o 3-8-86 .
Ten 29 anos . Actualmente xoga no R.C. Celta de Vigo, en Primeira División. Fai 4 anos que é gardameta titular.


Sergio nunha das súas paradas de balón.
 

-Gustábache o Colexio de Catoira ?
 Si , si que me gustaba , porque tiña alí ós meus amigos .

 -Porque foches a ese colexio e non a outro ?
Por que ao nacer en Catoira era o que me correspondía; polo tanto fun a ese colexio, como dixen anteriormente.Tiña alí aos meus amigos.

 -Cales foron os teus profesores e cal foi o teu preferido ?
- Acordarme de todos sería difícil, pero sempre hai algúns que che marcan maís como : Don Manuel ,María Pais , Emilia , Cristina ...

Cal foi a túa asignatura favorita?
-Tiña varias asignaturas favoritas pero, entre elas, as matemáticas era unha delas.

A que xogabas no recreo?
- Normalmente xogaba ao fútbol , á corda , ás canicas e ao trompo.

Aproximadamente, cantos erades na clase?
- Entre 20 e 25 , máis non.

Cando empezaches a xogar ao fútbol?
- Dende pequeno, coa miña familia , tamén cos amigos e no colexio.

Se non foras futbolista que serías e por que?
- Algo relacionado co deporte ou, se poidese, algo relacionado co futbol.

- Como chegaches ao teu primeiro equipo ?
- Pois antes, no colexio de Catoira, había torneos e a un señor do Arousa gustoulle como xoguei ese torneo e falou cos meus pais para ir ao Arousa e o segundo ano empecei a xogar.

En que equipo che gustaría xogar agora?
- Estou ben no equipo que estou, estou en Primeira División , e non podo perdir máis .

Gustouche xogar na Seleción Española?
- Si , sempre é un orgullo; cando era pequeño tiña ese soño.

Gústache a Música ?
- Nunca foi un dos meus hobbies , güstame pero non son fan.

Tes algunhas aficións ?
- Si , gústame ler de vez en cando,aínda que de pequeno custábame máis; gustame estar cos amigos  e estar ca miña familia.

-Cal era o teu libro favorito?
- "Frai Perico e o seu burriño".

Que facías cando tiñas 10 anos ?
- Estudar , xogar cos amigos e foi cando empecei a xogar ao fútbol.

Que facías cando eras adolescente ?
- Esa época é máis difícil porque te fas máis rebelde ;pensas que os teus pais nunca teñen razón.

Como e a túa vida diaria ?
- Normalmente, vou adestrar toda a mañá e, pola tarde, dependendo do día , algunhas veces descanso ; outras , dedícome a estudar ou asistir a algún acto do clube.

Tes algunha anécdota ?
- Si.O meu debute na segunda División B co R.C. Celta debeuse a unha lesión dun compañeiro e, a anecdota dese partido, é que conseguín deter un penalti  e dar unha asistencia, que é o máis difícil para un gardameta.

A entrevista co "Gato de Catoira" foi xenial.








                              Desexámoslle moito éxito !!!

15/06/16

AS NOSAS XENTES


XOSÉ RAMIRO PAZ TARRÍO

Hoxe, ímoslle facer unha entrevista a Xosé Ramiro Paz Tarrío, un mestre que naceu en Rubiáns e que agora está vivindo coa súa dona en Catoira.



Xosé Ramiro, no seu xardín.
  
Por: Manuel Rodríguez Paz

- Cando eras novo, cal era a túa afición?
- Non tiña ningunha afición destacada. Xogaba aos xogos que daquela xogaban case todos os nenos como o trompo, as bolas, a pelota, ás agachadas, lía tebeos e contos...

 - Por que decidiches ser mestre?
- Porque eran os estudos máis asequibles económicamente para a miña familia, porque a miña familia non tiña moitos recursos.

-E cando o conseguíches?
- Con 20 anos aprobei as oposicións de Maxisterio.

- En que colexios estiveches dando clase?
- Primeiro, en Vigo, ao lado de Balaídos; logo, en Vilagarcía de Arousa; máis tarde, pasei a un colexio da Conca Mineira Asturiana, Sotrondio; despois vin destinado a Valga e, finalmente, a Catoira.

- Se non te fixeras mestre, que outra carreira estudiarías?
-Pois a verdade é que non o sei.

- Gustábache máis a vida no campo ou a vida na cidade?
- Pois eu que nacín en Rubiáns, unha parroquia de Vilagarcía, sempre estiven vinculado ao mundo rural: aos animais, ás plantas, ás tarefas agrícolas e gandeiras, aos xogos de aldea... e todo iso pasa a formar parte dun mesmo, é algo que nunca se esquece. Polo tanto, eu prefiro a vida no campo.

-A que anos te xubilaches?
- Xubileime aos 61 anos, despois de case 40 anos de exercer de mestre.

- ¿ E agora que estás xubilado, como é a túa vida?
- Paso as  horas entretido entre axudar á miña dona nas tarefas da casa, en atender aos meus netos e tamén formo parte do BNG local e da Comunidade de Montes parroquial, entre outras cousas. En resumo, que non me aburro.
- Moitas grazas por contestar ás miñas preguntas.
- Non hai de que.


Saudamos dende aquí a Ramiro, que foi compañeiro de traballo neste colexio.

12/06/16

REFRÁNS DO MES DE XUÑO



Junio, Les Très Riches Heures du duc de Berry



Si san Xoán chora, a silveira non dá moras. 

Se san Xoán vén craro e maio pardo, da leira prá casa chirriará o carro. 

San Xoán craro; santa Mariña, o trigo na arquiña. 

San Xoán, fouce ó pan.

San Antonio co seu porco ía por un camiño, i o porco ía decindo: non me comas o touciño.

San Antonio mentirán naceu no mes de san Xoán; san Antonio verdadeiro, no mes de xaneiro. 

San Antonio verdadeiro, 17 de Xaneiro; san Antonio mentirán, día 13 de san Xoán. 

Real ganado por san Xoán, vale por real e medio de Nadal

Polo san Xoán sacha as patatas e recolle o pan. 

Polo san Xoán, tanto viño como pan. 

O que aúna en san Xoán ou é parvo ou non ten pan.

Os enxames de abril, gárdaios pra ti, os de Maio a quen chos pida, dállos e os de san Xoán bótallos ó can.

Mes de san Xoán, mes de fogatas, sardiñas e pan

Mes de san Xoán e san Pedro, dice o día: "Máis non medro".

Maio atreboado e san Xoán craro fan nun ano temperado.

En san Xoán a sardiña unta o pan. 

En san Xoán recolle o pan; que en sta. Mariña na meda fai fariña.

Auga de san Xoán tolle o viño, non dá pan e tira o aceite ó chan.

Polo san Pedro, regar sin miedo.





10/06/16

AS NOSAS XENTES


ENTREVISTA A ROI CASAL FIGUEIRA


Martín, Roi e Lucas.

No estudio de Roi, rodeados de moitos instrumentos musicais.


Por: Martín  Manteiga Rodríguez 
        Lucas Lorenzo  García 

Roi Casal Figueira naceu en  Catoira  o día 25 de abril de 1980. É  músico e farmacéutico. Está casado e ten  dous fillos.

·         - Como  comenzou o teu interés pola música, influeu  a túa familia?
-Pois claro que influeu a miña familia.O meu avó paterno,  Baldomero  Casal,  era o tamborileiro dunha  orquestra; o meu pai, Nando Casal,  pertence ó grupo "Milladoiro" e antes xa formara o grupo de gaitas    "Faiscas do  Xiabre".  
Na casa sempre tivemos un  cuarto con  instrumentos: gaitas, piano, tambores... similar a este onde    estamos.  Teño dous irmán  que non se adicaron á música,  pero non cabe duda de que por   pertencer a    una familia de músicos, é  máis fácil.

·          -Dedícaste a algo máis que á música?
-Eu estudei  Farmacia en  Santiago  e compaxinei as dúas cousas,  reparto o tempo como podo,  agora  vivo  da música pero  ó  principio axudoume moito a outra profesión.  Nos comezos non puiden vivir dela  pero  agora, con  moita dedicación  e esforzo,  vivo dela.

·         -Que instrumentos tocas,  con  cal comenzaches e  a que idade?
-Comecei  co  piano; penso  que se debe comezar por el.  De neno  ía ás clases de solfeo  de Tino Moure,    tamén  na Banda de Música de Catoira e con dezaseis anos tiña algún  grupiño  con  amigos,pero aos    dezanove anos,  no grupo Milladoiro deuse de baixa o arpista e eu collín a praza.  Quedoume o pesar de  non  ter comezado dende abaixo e tomei una decisión  moi  difícil:  deixei o grupo  "Milladoiro", e o  que  fixen  foi comenzar dende abaixo,  e crear a miña propia Banda ,  con  moito  traballo, horas e adicación,  ata aquí cheguei.

·         -Que che inspira para componer as cancións?
-Sempre taballando  nunha idea que vai xurdindo ó longo do día,  mesmo  na ducha xurdeume,  tarareei    unha  melodía que se converteu  na cabeceira dunha serie que todavía non se entrenou na TVG  (nos  tivemos a sorte de escoitala no  estudo ). Saín  da ducha, grabeina  e logo  traballei nela co meu equipo de  produción.
Ás   veces temos que realizar traballos máis potentes, é un  traballo  moito  máis complexo, como por  exemplo , o  último  disco  foi un traballo de dous anos.

·         -O  teu  último disco,   "Son  Galego , Son  Cubano", como  xurde a idea,  podes contarnos como    foi a túa experiencia con Xosé Neira Vilas?
-Estaba a facer una xira por  Latinoamérica,  Arxentina e Uruguay,   e avisáronme  de que me  concederan    un  premio  Internacional  de música;  non lle din  importancia  e, cando  estou de volta,  chámame Xosé  Neira Vilas.  Eu non  o coñecía persoalmente e propuxèronme facer un traballo  que puxera en  valor os  lazos entre Cuba e Galicia. 
Neira Vilas viveu trinta e un  anos en  Cuba. Traballaba no Ministerio de Industria e, polas tardes,  adicouse  a recopilar  información  sobre os  galegos en  Cuba na época  da  emigración. Os galegos chegaron  a ter  moito  poder na illa,  por  exemplo,   un  dos edificios máis bonitos da Habana foi  feito por eles, trátase  do Palacio da Música, que  foi reconstruído este ano. Invertiron nel  moitos dólares. Obama na súa visita  a  Cuba estivo neste edificio. Aí  estreamos o disco e xa se estreara nel   o  "Hinmo Galego",  e alí está o  escudo  de Galicia. Neira Vilas compuxo  as cancións do disco,  menos unha. Era a persoa idónea,  estaba moi documentado.  O disco naceu como una idea pequeña e foi un  traballo  grande; nel  participaron  as Institución cubanas e  españolas,  tamén grandes voces como  Pablo Milanés e Laritza Bacallao. Traballamos  nel unhas cen  persoas: productores, músicos, deseñadores, técnicos...

·         -Que tal en  Cuba,  estás contento ca presentación do disco?
-Pois  a verdade  moi contento,  fixemos moitas entrevistas, non  puidemos atender a todas. As localidades  para os dous  concertos ,que se puxeron  a venda,  agotáronse moi pronto.   O Concerto  foi un éxito,  asistiron  os presidentes Raúl Castro e Nuñez Feijoo, e foi gravado pola Canle Internacional.
E, sobre todo,  a satisfación de facer aquello que Neira Vilas me pedira,  estrear o dico  en  Cuba no  Palacio da Música , construído por galegos.

Nestes enlaces podedes  coñecer algo máis sobre Roi Casal:



Cartel da presentación do seu disco en La Habana.

http://songalegosoncubano.com/js_albums/abrazongo/

 http://roicasal.com/son-galego-son-cubano-neira-vilas-roi-casal/?lang=es


AS NOSAS XENTES

ENTREVISTA A VALENTIN REY MOURE


Por: Antía Lorenzo González


A autora desta entrevista xunto a Valentín Rey Moure "Tino"

Atópome na casa de Valentín Rey Moure ,"Tino", para realizar unha entrevista ó  que foi unha persoa indispensable na creación da Escola de Música de Catoira, da que teño o gusto de formar  parte como alumna e membro da Banda Infantil.

-¿De onde saíu a túa afición pola músca?
-Porque teño un irmán maior que tocaba na banda anterior a esta, que se chamaba a Juvenil de Catoira.Tocaba o clarinete principal e ensaiaba moito na casa, por eso escoitábao moito e quedoume a música moi grabada en min.

-¿A que idade empenaches a tocar?
-Sobre os 15 anos mais ou menos,unha vez rematados os estudios de solfeo nos Conservatorios de Pontevedra e A Coruña.

-¿Por qué escolleches o clarinete?
-Como o tiña na casa xa non pense,i noutro instrumento,

-¿Qué papel tiveches cando se creou a banda de música e a escola de música de Catoira?
-Antes de empezar a Escola xa estaba eu dando solfeo; de aí sairon grandes  músicos que hoxe tocan varios instrumentos e algúns deles son compositores.
Tamén fundei naquela época a coral Raíces,que resultou ser unha gran coral.
Logo, a Escola de Música ampliouse coa intervención do Concello,onde dábamos solfeo xunto con outro profesor que toca na banda de Santiago,e eu encargueime de dar as clases de clarinete.

-¿Canta xente axudou na creación dese proxecto?
-En principio eramos dous e logo, a medida que era necesario para dar clase dos distintos instrumentos,    foron aumentando o número de profesores que, en total, penso que seriamos uns cinco.
Os profesores eran pagados polos pais dos alumnos e, aparte, dispoñiamos dunha axuda económica do Concello.

-¿Canto tardou aproximadamente en crearse a banda de música e ter as súas primeiras
    actuacións?
-Entre o solfeo e aprender instrumento uns tres ou catro anos.O primeiro concerto que se fixo foi en 1990.

-¿Qué sensación tiveches a primeira vez que actuaches?
-Pois unha sensación moi alegre por teres conseguido o que nun principio nos parecía tan difícil.

-Como alumna da escola de música,quixera saber que opinión tes dela na actualidade?
-Pois que funciona moi ben e que así debe continuar no futuro,e que os páis manden os seus nenos a dita escola.

-¿Consideras que se acadaron os obxectivos plantexados cando se empezou con este
    proxecto?
-Totalmente, e que estes obxetivos nunca deixen de cumprirse.

-¿Qué sintes cando ves actuar as Bandas de Música de Catoira, a Infantil e a Xuvenil?
-Unha gran ledicia, xa que se ve como os alumnos avanzan.

Banda da música desfilando pola Avda. Eloy Domínguez, en Catoira
"Tino" é o que está no centro.
-¿Crees que o futuro da banda de Música e da Escola de música está garantido coas
  novas xeracións?
-Eu creo que si,pero para elo temos que contar con moitos nenos sempre.

-¿Qué lle dirías ós nenos e nenas que están lendo esta entrevista para convencelos de formar parte desta Escola de Música?
-Que deben  escoitar moita música e asistir ós concertos para que, desta maneira, lles vaia gustando e se poidan namorar desta arte.

O clarinete de Antía.

AS NOSAS XENTES




ENTREVISTA A PEPE CASTAÑO DIOS



Pepe Castaño e a autora desta reportaxe.


Por Clara Padín Davila

Pepe naceu en Oeste no ano 1952. A súa infancia transcorre con normalidade, coma a de calquera outro rapaz da vila. Era moi afeccionado ós deportes e practicou varios, pero sobre todo o fútbol. Non o facía moi mal e pasou por todas as categorías federadas do Club Catoira. Comeza os estudos facendo todo o Bachareleto por libre e despois ingresa na Universidade. Primeiro acabou a carreira de Filoloxía Inglesa e máis tarde completou os estudios ca de Xermánicas, na Universidade de Salamanca. Pero como era moi afeccionado ó deporte nunca deixou de aprender e prepararse neste campo. Titulouse como adestrador de tenis, voleibol… e por suposto en fútbol. Cando xa estaba dando clases de inglés nos Institutos, dedicouse a preparar a especialidade de Educación Física. Como tamén sacou a titulación necesaria pasou a dar clases na materia de Ximnasia. Así ata hoxe que compaxina as dúas no Instituto Cotarelo de Vilagarcía. Durante seis anos tamén realizou tarefas na Cadena SER, tanto en Radio Arosa como en Radio Pontevedra. Para rematar co deporte direi que foi moitos anos adestrador do Club Catoira, aínda que tamén adestrou no Arousa ou no Vilalonga. Pero o que lle tirou moito a Pepe sempre foron as actividades culturais e sociais. Gustaballe organizar festivais, campionatos… colaborando sempre con quen lle pedía a súa participación. Así ata hoxe, que xa toma as cousas con máis calma. Iso non lle impide escribir artigos en revistas ou publicar algún que outro libro.


 – É moi difícil escribir un libro?
 – Depende de que tipo de libro. Para escribir unha novela hai que ter moita imaxinación… e para os que eu levo sacado fai falta bastante tempo e ter moito interese pola vida da xente do teu pobo.

 – Cando decidiches escribir libros e por que?
 – Ía escribindo historias e relatos curtos nos libros das festas e en publicacións locais. Algunha xente me dicía que as estaba a coleccionar, pero que lle faltaba algunha. Así que me empezaron a propoñer que as xuntase nun libro. Collín as que me pareceron e engadín outras e así se publicou o primeiro.

 – “Aquela Xente de Catoira” e “Oeste, cen anos de historia-s” falan sobre a xente de Catoira. Por que che gusta escribir sobre eso?
 – Porque sempre me tirou todo o relacionado con Catoira. Aínda que pareza raro nunca tiven gran preocupación polas cousas doutros lugares, o que non quere dicir que non me interesen. Por darche uns exemplos, no fútbol a miña única aspiración só era estar no Catoira e as veces que estiven noutro lado xa estaba a pensar en volver. A nivel de política algún partido me tentou para que me afiliase e case garantindo que axiña tería un posto a niveis máis altos que o ámbito local. Nin o quixen valorar. Así que podes comprender por que escribo sobre Catoira.

Cal dos dous che gustou mais escribir?
– Pode que “Oeste, cen anos de historia-s” por ser o primeiro. En “Aquela Xente de Catoira” penso que o puiden redondear mellor. Pero son totalmente diferentes. No primeiro relatos curtos, no segundo historias amplas e sobre todo moito material fotográfico.

 – Que lle cambiarías se o volveses a facer?
 – Varias cousas. Por dicir algunha pois cambiar o tamaño  dalgunha foto que quedou pequena, incluír algunha que non entrou, poñer un índice máis fácil para chegar enseguida ó apartado que a un lle interese ver… Sempre se pode mellorar.

Canto tempo che levou cada libro?
– Moito, porque este tipo de publicacións requiren escoitar a moitas persoas, ler xornais antigos, recompilar un gran número de material fotográfico e documental. Estouche a falar de máis de media ducia de anos por cada un, sobre todo “Aquela Xente de Catoira”. E iso que tiven boa colaboración dalgunhas persoas ;uns, acompañándome polas casas, outros, ofrecéndome desinteresadamente fotografías e obxectos diversos. E por enriba de todo a xente maior que me ía contando todas esas historias e anécdotas.

Cando che gusta máis escribir de noite ou de día?
– Boa pregunta… pois de noite, sen dúbida, concéntrome mellor; sempre me pasou o mesmo.

Empezaches un pouco tarde a escribir, non?
– Podemos dicir que si. Pero como che dicía antes xurdiu por casualidade, non tiña especial interese en dedicarlle tempo a isto.

 Gustaríache escribir sobre outros temas?
– Si, pero non chega con que a un lle guste, hai que estar moi preparado nun tema para poder publicar un libro sobre el.

Tamén escribes na "Xanela Aberta", unha revista local, de que cousas falas?
– Inicialmente historias e anécdotas deportivas. Pero moitas veces este só é un pretexto para poder contar outras facetas e sacar un pouco á luz cousas da vida das persoas. Un pequeno detalle deportivo me da pé para contar as venturas e bondades de moita xente que se non quedaría no anonimato. O que máis me chama a atención é que as lea tamén xente nova, cando poden parecer máis cousa de maiores.

Non sería boa idea que as escribiras nun libro?
– Pois… non me parei a o pensar. Tería que ver se hai interese suficiente polo tema. De todos xeitos agradézoche a idea.

Dos libros que levas lido, cales son os teus favoritos?
– Non che podo concretar algún. Ten en conta que ademais dos lidos de xeito voluntario, tiven que ler moitos nos estudios, sobre todo na carreira, por ser esta unha especialidade na que a literatura é parte fundamental. Non sería xusto decantarme por uns, pois hai moitos. Algunha cousa máis?

Nada máis. Moitas grazas pola entrevista.



Portada do seu primeiro libro
Portada do seu último libro






AS NOSAS XENTES


ENTREVISTA A CARLA FRIEIRO CARRIL.

Por Cecilia Rodríguez Campaña

 Carla Frieiro ten 15 anos, naceu e vive na parroquia de Abalo (Catoira) . Antiga alumna do C.P.I  Progreso de Catoira e actualmente estudante de 3º da E.S.O no C.G.T.D. 
É Campeoa de España de piragüismo na categoría Cadete B.

Carla Frieiro durante a entrevista.

Carla, acompañada por Cecilia.

- Cóntame,Carla, como empezaches a facer piragüismo?
-Todos os meus primos practicaban este deporte e eu acompañábaos  ás regatas e  campionatos. Un día probei , gustoume e desde esa ata hoxe.

- Que anos tiñas cando empezaches?
- Tiña 8 anos.

- Levas case un ano no C.G.T.D, Centro Galego de Tecnificación Deportiva, estás contenta de entrar neste centro?
- Por suposto que si; aínda que ten pros e contras.

- Como cales?
- Estar lonxe da casa e dos amigos, iso é o peor, pero o feito de terme seleccionado supón        poder acadar os meus retos no mundo do piragüismo.

- En que categorías compites?
- Cadete B e, algunhas veces, en  Remo de Xuvenil.

- Que premios lograches este ano?
- Son Campeoa de Galicia de 5000 metros, Campeoa Galega de 1000 metros, Campeoa de    España de 1000 metros e Campeoa de España de 5000 metros.

- Cal é o teu obxetivo para esta temporada?
- Mañan, 28 de maio, teño o selectivo para ir ó Mundial Europeo Xuvenil.

- Estás tranquila nas competicións?
- Normalmente, nas importantes, póñome moi nervosa e ata me poden chegar a esgotar os nervos.

 Para conseguir todos estes  premios, é de supoñer que lle dedicas moitas horas a entrenar.
- Ó estar no Centro Galego de Tecnificacion Deportiva, entreno todos os días pola tarde e  ademáis os luns, mércores, venres e sábados polas mañáns.

- Cando vés á túa casa?
- Os fins de semana.

- Cal é a diferencia fundamental entre o C.G.T.D e o Colexio de Catoira onde estudaches anteriormente?
 -Fundamentalmente que teño menos tempo para estudar polos entrenamentos.

- Que botas de menos do Colexio de Catoira?
-Boto de menos aos  meus  compañeiros.

- Cales son os teus soños?
- Os meus sonos son  poder ir ás Olimpiadas e ó Mundial este ano.

- Tes outros hobbys, aparte deste deporte?
- Si, tocar o violoncello.

- E outros deportes que che gusten?
- Balonmán, voleibol, bádminton, natación...

- Que outros deportes se practican no C.G.T.D ?
- Bádminton, Loita libre, Taekwondo, Judo, Remo, Natación, Atletismo, Slálom (augas bravas) e Piragüísmo.

 -Grazas Carla por prestarte a facer esta entrevista e que mañán  teñas moita sorte nos selectivos para ir ó Campionato Europeo.
- De nada e grazas.

O día seguinte desta entrevista, Carla quedou quinta nos selectivos do Campionato de Europa.