Buscar neste blog

30/06/16

INCRIBLE!!!!



A tod@s @s que visitastes este blog , moitas grazas...

Acabamos de superar as 10000 visitas!!!!

Nunca imaxinei tal cousa!!!

Todos os traballos destes rapaces e rapazas ben o merecen....

Non deixedes de visitarnos..... que haberá máis sorpresas.....




29/06/16

AS NOSAS XENTES



ENTREVISTA A CÁNDIDO ISORNA CASTRO 

DATA DA ENTREVISTA : 28-5-2016
NOME : Cándido Isorna Castro 
IDADE : 82 anos
DATA DE NACEMENTO : 12-4-1934
LOCALIDADE : Catoira


Por: Belén Rey Correa


É Cándido Isorna Castro unha persoa moi coñecida polos veciños de Catoira por ser quen de traballar na primeira traída de augas ao noso pobo.


De seguido coñeceremos un pouco máis a Cándido, despois de que nos conte cousas da súa vida.

-Onde e cando naceu ?

-Nacín o 12 de abril do ano 1934 , épocas difíciles, nunha casa grande en Catoira de Arriba ( Aragunde ) . 
Alí, nunha finca da miña familia chamada “A CAPELA", onde  descubriron un ara votiva dedicada ao deus Bandua, do S-I d.c. , e , tamén a tapa dun sarcófago suevo . Foron uns historiadores dunha universidade os que o afirmaron . Isto aparece nun libro de Catoira chamado “CHAVE E SELO DE GALICIA “ que publicou o Concello de Catoira ( Páxina 42 dese libro ).

-Como era a escola neses tempos ?
-A verdade é que era dura , o mestre castigaba por calquera cousa . Eu , e moitos nenos da miña idade , preferiamos seguir traballando antes que ir á escola .Os únicos que se salvaban destas cousas eran os “señoritos” da Estación , aínda que non moito, xa que en vez de pegarlle o mestre lles pegaban os outros nenos .
-Como eran os castigos do mestre ?
-O castigo era sempre o mesmo ; poñíante de rodillas nun espazo con area e dábanche cunha bara nas mans , eu ás veces baixaba o cú para descansar un pouco pero pillábanme case sempre .
-Como era o mestre ? Explicaba ben?
-Era moi malo. Unha vez tíñamos un examen de quebrados e non fun á escola por medo .
Como xa contei, era malo pero a verdade é que explicaba ben .
-Había que traballar antes de ir á escola ?
-Si . Eu, en concreto , antes de ir á escola , iba ao toxo , levaba as vacas ou labraba a leira. Para facer isto e que me dera tempo de ir á escola despóis , levantábame ás 5 da mañán ou antes , xa que a escola comezaba ás 10 . Todo isto o facía sen almorzar .
De feito , moitos nenos ,co conto de traballar, non lles daba tempo de ir á escola xa que primeiro era traballar e logo era ir ao colexio ; por isto a maioría dos rapaces eran case analfabetos.
- Con cantos anos comezaches a traballar ?
-Eu comecei a traballar aos 16 anos xa que non había cartos , pero eu axudaba de pequeno nas leiras ; ca miña nai poñía patacas . Todo isto aos 9-10 anos .
Comecei a traballar por primeira vez nun taller chamado TRES HERMANOS ; emigrei  e, cando volvín, púxenme a traballar en CEDONOSA aos 22 anos. Estou falando do ano 1941, que foi cando abriu . O soldo era dunhas 200 pesetas á semana ; isto so daba para comer e nada máis. Hoxe en día 200 pesetas son 1,20 euros polo que o soldo dunha semana de fai 60 anos é como tomar un café na actualidade ; pero daquela era bastante máis.
Cada día  traballaba moitas horas .
Falando xa do país, vou volver tocar o tema da escola e vou dicir que para min había tres  "mandatos " :
  • No país, o de FRANCO
  • Na escola, o do MESTRE
  • Na fábrica, o do PATRÓN      

    - Algunha vez tiveches  bronca con algún compañeiro no traballo ?

   
   -Non ; eu penso, e pensaba, que os xaleos hai que evitalos porque sempre    se sae perdendo.
    
   - Como foi a túa vida ?

    -Aos 82 anos que teño pasoume de todo , vivín de neno unhas épocas     
   de posguerra e guerra contínua que eran pouco agradables ; aínda que                      
   xamáis   deixei de loitar e como penso eu, hai que saber adaptarse a todo .


  Eu digo o que pasaba en xeral aínda que a miña familia, ao ter leiras, dáballe
   traballo como xornaleiros a moita xente .Eu non pasei  necesidades, ao  contrario      de moitos nenos da miña época . Tiñamos leiras, como  xa  dixen, e á parte, o meu      pai traballaba na Renfe e o meu avó ,en Fenosa.

    - Como cres ti que ten que ser un home?
   
   Eu creo que un home ten que ser fiel e cariñoso , e sobre todo, ten que ser    
    un home de palabra e non de palabras , a diferenza aquí só está nunha        
    letra      pero cambia totalmente o significado da palabra :
     
   "O de palabra cala e fai o que ten que facer; pero o de palabras fala         
      moito  e non fai nada."

      - Con cantos anos casaches?

      Eu casei con 26 anos e tiven tres fillos, un morreu con ano e medio; pero     
      tamén teño dous netos e un bisneto .
     Eu pensó que é mellor casarse con 20 anos. Esperar moito tamén é malo ;   
      xa que é bonito ter fillos , netos e bisnetos 

O home ao que eu entrevistei é un home duro , pero de gran corazón . Fillo dos anos que lle tocou vivir. Fillo da súa época. Loitador, traballador ; ao que a vida non lle regalou nada . Naceu e viviu a súa xuventude nunha época difícil da historia de España : A guerra civil e a época da posguerra , na que o país estaba destrozado e a xente pasaba necesidades e calamidades .
Un home traballador , leal e valente cara á vida .


Belén xunto con Cándido durante a súa entrevista

AGRADECEMENTO : A Cándido Isorna Castro , que me prestou o seu tempo para facerlle esta entrevista un sábado pola mañán.


22/06/16

AS NOSAS XENTES


 Entrevista a Arantxa Pérez





Por: Sabela Lorenzo 

Nome: Arantxa Pérez Mariño
Vocalista, cantautora/ guitarra
Idade: 29 anos
Lugar de nacemento e residencia: Catoira

   É Arantxa unha persoa que pisou por primeira vez os escearios formando parte do grupo da súa clase de 2º curso de E.X.B. nun festival do Colexio de Catoira. Interpretaba a parte solista  dunhas cancións galegas moi coñecidas  que dicían así:  "vai o gato metido nun saco..." e " teño unha casa no monte con piñeiros arredore...."

 A súa doce voz  entoaba perfectamente estas e outras cancións e, así como ía medrando en idade tamén o facía a nivel interpretativo.

Como ela mesma conta, foi nun festival local, durante as festas da parroquia de Santabaia onde , con nove anos, se animou a participar  e, dende aquela, comezaría a súa afición pola música, chegando a grabar unha casette xunto cos demáis participantes.

Lémbrome especialmente dun tema de Mecano, "Eugenio Salvador Dalí", durante outro dos festivais do colexio no que deixaba amosar unhas boas dotes interpretativas.

Participou en diferentes concursos televisivos ata a idade de quince anos, momento no que decidiu formar parte de diferentes agrupacións musicais ,en calidade de vocalista.

A súa andadura "verbeneira" comeza no ano 2007, no Grupo Triunfo; no que estivo durante dúas temporadas. Dalí pasou a formar parte do Grupo Limón tres anos e continuando no Grupo Metrópolis no ano no que se creou esta formación musical. Finaliza de mometo esta etapa na Orquetra Passarela e inicia a súa preparación como intérprete de guitarra , o que a levaría a compoñer as súas propias cancións.

A finais de 2013, presenta  as súas primeiras composicións a través das redes sociais e, a mediados de 2014, leva a cabo os seus primeiros concertos en solitario.

Pero é neste ano 2016 cando sae á luz a súa primeira maqueta "Hay tanto camino por andar", co que quere simbolizar que " o máis importante non sempre está por chegar, senon por loitar".

Co permiso da entrevistada e da entrevistadora, non podía deixar pasar a oportunidade de presentala persoalmente, xa que me une con Arantxa unha boa relación de amizade e afecto. Unha mestra orgullosa da súa antiga alumna.

(Marisel)





Agora si que vai a entrevista feita por Sabela.




-Cantos anos levas dedicándote á música?
- Empecei con 9 anos participando en concursos da canción e con 16  cantaba en bodas. ...e  dende aquel momento non deixo de cantar .

- En que colexio estudaches?
No CPI Progreso de Catoira.

- Tes máis aficións que cantar?
Encántanme os animais , camiñar e os deportes en xeral .(Ainda que non practico ningún en concreto.)

Cando subes ao escenario a cantar , poste nerviosa?
Si...  un pouco sempre.

- Cando tiñas 7 ou menos  anos,  gústabache a música?
-  Xa cantaba coa profesora Marisel cancións populares galegas que ela me ensinaba.

- Se non foses cantante ou música ,¿ que che gustaría ser?
Seguro  que querería ser cantante.

Cal é o teu ídolo?
Vanesa Martín ,compositora malagueña, e Alejandro Sanz.

-  En que mes naceches?
-  En outubro

- Con que  compañeiro de profesión  che gustaría volver a  cantar.
- Cun cantantautor galego, Manuele de Felisa, que visitou o Colexio en varias ocasións  para cantar.


Sabela xunto con Arantxa
Nun momento da entevista
  
Hai multitude de cancións interpretadas por Arantxa Pérez ás que lle imprime un toque moi persoal e transmite moitas das súas vivencias :





Aquí podedes escoitar os seus últimos traballos:

www.youtube.com/watch?v=9sAEpwtCxSA

www.youtube.com/results?search_query=hay+tanto+camino+por+andar+arantxa

Dende aquí desexámoslle todo o mellor ....

A CASA DA AVOA DE PABLO








Por: Pablo Sumay Dios
Son moitas as historias que a miña avoa conta da casa.

É unha casa moi grande, unha casa chea de historia, e cada unha das súas habitacións ten algunha anécdota.

Agora mesmo, a casa utilizámola para xuntarnos os fins de semana a familia:os meus pais,a  miña irmá, a miña avoa, os meus curmáns e os  meus tíos.
Pero isto antes non pasaba, era unha casa chea de xente. Miña avoa tiña oito irmáns e, entre eles, os meus avós e as persoas que axudaban nas labores do campo; sempre estaba chea de xente.
Antes de todo isto, polo que me contan e polo que me amosan, a casa chegou a ser importante en tempos da guerra. Hai moitos detalles nela que así o indican; como por exemplo apreciar que  está rodeada de pequenas fiestras que se utilizaban para disparar por elas. Son ventás moi estreitiñas polas que era fácil disparar e ver e, en cambio, era moi complicado que te viran.
Tamén, ata hai pouco, unha das portas de entrada da casa, tiña aínda un buratiño que era dun disparo daqueles anos pero claro, co tempo, a porta foi substituída.
Todo isto son historias rescatadas do que á miña avoa lle contaban, porque todo iso ela non o viviu.

Contáronlle tamén que a casa é coñecida polo alcume “A Casa das Pexejas” polo seu bisavó. El era un home que sempre andaba cun pau de pexegueiro na man e un mono no ombro, vixiando a propiedade en busca da xente que lle roubaba froita e todo aquilo que prantaban. 
Nos tempos nos que a miña avoa era nena, estaba a escola do pobo na propia casa. Nunha das fotos vese a entrada a ela. Os nenos subían polas escaleiras que hai no lateral e entraban á clase(porta de arriba). Pasaron varias mestras por ela, algunha das cales chegou a vivir na casa e ser parte da familia.

Entrada para a escola 
Conta a miña nai que no despacho, o meu avó pasaba horas e horas lendo.
Meu avo fai 15 anos que faleceu pero, neste lugar, todo continúa tal e como el o deixou. Hai miles de libros e un montón de recordos seus.
Os mobles que nel hai teñen centos de anos.Este é un lugar moi especial para toda a familia.
Outra das estancias características da casa é unha das habitacións  que, agora mesmo, é unha habitación normal e corrente pero,  antigamente, era o forno da casa. Neste lugar era onde facían o pan, as empanadas e todo alimento que necesitaba pasar polo forno. Quentábano con leña e ,unha vez que estaba ben quente ,cocían os alimentos.

Forno de leña
Continuamos co que agora é a bodega e a lareira .

Actual bodega


Estes sitios, agora mesmo, utilízanse para as comidas e reunións familiares e para todo tipo de celebracións.
Pero antes isto non era así, antes aquí estaban os animais, estaba todo ocupado polas cuadras.
A habitación da miña avoa estaba xusto enriba da bodega. Nunha esquina era onde tiñan o que antes chamaban cuarto de baño, que consistía unicamente nun burato no chan que daba directamente ás cuadras. Para anécdotas, a miña avoa, recorda cantidade de veces que o estaban a utilizar, e vían as cabezas dos animais por el.
Ao redor da casa temos un hórreo, que agora non se utiliza; un muíño de auga, onde antes moían o millo todos os veciños; un río e fontes , das que aínda hoxe na familia utilizamos a súa auga.
Nas seguintes imaxes podemos ver o río, o muíño e a fonte, coñecida como "Fonte Gaiteira".

Entorno da casa xunto ao río Catoira


Muiño no río Catoira


Fonte Gaiteira


Segundo di a miña avoa, habería moitísimo para contar pouco a pouco.

Todo na casa está cheo de recordos e cousas daquela época. De feito, cando xogamos nela sempre aparece a miña avoa nalgún momento para dicirnos: “Coidado! iso ten moitísimos anos”.


Pablo, no exterior da casa


18/06/16

AS NOSAS XENTES




ENTREVISTA A JUAN CONDE 

RESTAURANTE "A PEDRA”

Exterior do Restaurante "A Pedra"



Por: Tania Otero Isorna


Hoxe imos entrevistar a Juan Conde, que rexenta o Restaurante “A Pedra,” en Catoira.
Tal como se presenta na súa páxina web, é "o único restaurante que ten batea e barco beeiro".

Situado nun marco incomparable, onde o río Ulla entrega as súas augas ao Mar de Arousa, aquí  pódese disfrutar dunhas estupendas vista sobre a ría.

Teñen fama as súas "pizzas" artesanais , feitas en forno de leña.

Pero a continuación, será o propio Juan Conde o que responda ás preguntas que a moitos de nós nos interesa coñecer. 


Juan Conde e Tania diante dunha das famosas pizzas.

- Como empezaches na hostalería?
- Empecei en Suiza con 18 anos, de axudante de cociña.
- Cantos anos levas traballando en restaurantes?
- Levo 34 anos.
- Xa rexentaras máis restaurantes antes da Pedra?
- Si, en Suiza, durante 10 anos.
- En Suiza, cal era o prato máis demandado?
- A pizza e o churrasco.
- E na "Pedra" cal e o prato que máis piden os clientes?
- A "pizza" e o "pincho vikingo".
- Sobre cantos quilos de fariña e de carne consumes?
- De fariña, ao mes, uns 1200 quilos e, de carne, no fin de semán, sobre 200 quilos.
- Que días son os que hai máis comensales?
- Os fins de semán,  cunha media de 300 persoas, entre o mediodía e a noite.
- Que tipo de clientela é a que ven "A Pedra"?
- Todo tipo, dende xóvenes , familias, excursións, despedidas, comunións, ata alguna boda…
- Cantas horas traballas ó día?
- Unha media de 10 horas.
- É de supoñer que con tanto traballo necesitarás moitos empregados; cantos empregados tes?
- Uns 10 contando, cos extras.
- Se puideses elexir, volverías a traballar na restauración?
- Si, gústame moito relacionarme ca xente e organizar o necesario para o día a día do restaurante.
Juan Conde elaborando as "pizzas".
- Teño entendido que as "pizzas" da "Pedra" son coñecidas en media Galicia e que incluso veu a televisión a grabar como as facías.
- Si, é verdade;  o boca a boca funciona moi ben e veñen clientes de moi distintos sitios a probar a "pizza". A gran maioría marchan encantados e voltan outro día con máis amigos.




- Moitas gracias e que teñas un bo día.

 Pódovos asegurar que as pizzas da Pedra están boísimas!!!




17/06/16

AS NOSAS XENTES

ENTREVISTA A CÉSAR LOMBERA.

Por:CLAUDIA LOUREIRO ROMERO 

César Lombera Moret (Baracaldo, 1953). Aínda que nacido no País Vasco, tiña oito anos cando veu cos seus pais para Galicia. A súa vocación artística veulle de pequeno. Estudou Económicas , pero deixouno porque a súa vocación estaba nas Belas Artes.
Pasou por París, Bilbao, Barcelona....Adicouse á pintura e á escultura e tivo contactoco "teatro na rúa", o cal le levou a realizar xigantes e cabezudos.
Paro quizáis polo que é máis coñecido é polo seu traballo de "As Marías" da Alameda santiaguesa. Tamén podemos contemplar outras obras súas situads nas rúas de moitas cidades galegas: "Valle- Inclán" , "Viúvas de vivos", "Sereas", "Colas de peixes", "A fonte da serea","Conxunto escultórico da Tertulia Literaria"(Pontevedra).....
Tamén fixo guións de cine e televisión e guións teatrais: "Sisnando II" , "A barca de pedra"; "A raíña Lupa" e moitos máis.
Un artista moi completo que imos entrevistar e a ver se nos desvela algo da súa traxectoria profesional.

César Lombera no seu taller co seu próximo traballo, acompañado por Claudia.

- Con cantos anos comezaches a facer esculturas?
- De pequeno. Meu pai tiña unha fundición e eu xogaba alí.
- Cal foi a túa primeira escultura?
- Empecei facendo cousas pequenas, pero non lembro cál foi a primeira.
- Cál é a túa escultura máis famosa?
- A que máis xente coñece é seguramente As Marías.
- Ónde te inspiras para facer as esculturas?
- A partir de modelos reais. Como por exemplo Isaac Díaz Pardo, do que estou facendo unha escultura actualmente.
- De pequeno, querías ser escultor? Por que?
- Nunca pensei en ser escultor, pero gustábame facer figuras na fundición do meu pai. E iso levoume a ser escultor.
- Fixeches esculturas para algo importante? ¿Cales?
- Si. Por exemplo As Marías, Tertulia do Café Moderno, etc.
- Por que che gusta facer esculturas?
- Porque é unha forma creativa de facer arte.
- Cómo aprendiches a esculpir?
- Estudei Bellas Artes en Bilbao e Escenografía no Instituto Teatro de Barcelona.
- Cal é o teu material favorito?
- Non teño un material favorito. Traballo con pedra, bronce, poliéster e barro.
- Fas outro tipo de arte?
- Si. Debuxo, pinto, fixen “xigantes e cabezudos” e tamén estiven facendo Fallas en Valencia.
- Coñeces a outros artistas famosos?
- Si. Isaac Díaz Pardo, Leopoldo Novoa, Paco Leiro, e moitos máis.
- Fixeches algunha exposición?
- Si, pero non acostumo a facer moitas.
- Onde podemos ver obras túas?
- En Santiago de Compostela, Pontevedra, Ourense, Ferrol, Barcelona, etc..
- Querías ser un famoso escultor?
- Nunca me plantexei ser famoso, aínda que me gustaría. O que  importa é que as esculturas funcionen para ter traballo.



"Tertulia Literaria".Pontevedra.
"Cola de Peixe"-Vilagarcía de Arousa.


Valle- Inclán. Pontevedra.
"O Carrabouxo". Ourense

"As Marías". Alameda de Santiago.(Xornal El País)


Valle-Inclán. Santiago de Compostela

Neste enlace podedes ver a César Lombera nunha entevista feita para o programa "Galicia para el mundo":

http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=53&video_id=2026


AS NOSAS XENTES





ENTREVISTA A MARCELINO CAMPAÑA IGLESIAS



Por: Naroa Correa Bouzón



Marcelino Campaña Iglesias naceu en Cordeiro (Valga) no ano 1945, no seo dunha familia humilde. Foi en Valga onde realizou os seus estudos básicos;  en Barcelona , estudou idiomas e cálculo comercial. Empezou a traballar de axudante de camareiro aos 12 anos.

A sua longa experiencia como cociñeiro levouno a escribir varios libros sobre cociña e gastronomía: "Consejos y recetas de cocina para ostomizados", "Cociña Vikinga, una cocina gallega diferente".
Na actualidade está xubilado e está preparando a publicación dun novo libro sobre a comida para os diabéticos.


- Bos días, Marcelino !
- Bos días!
- Bueno, ti tes fama de ser un gran cociñeiro pero,  como empezachees nisto da cociña?
- Traballando de axudante de camareiro e axudante de cociña.
- Cociñaras algo antes de facerte profesional; non sei, para os amigos, na túa casa …?
- Non, porque era moi novo.
- Que che gusta máis, a cociña tradicional ou a innovadora?
- A tradicional, máis ben.
- Dinos algún nome dun prato da túa colleita, que inventaras ti ?
- Un moi rico, bacon con chocolate e almendras en tostadas estilo "payés".
- Gústache experimentar coas técnicas novas uo prefires, como se soe dicir, as receitas da avoa?
- Quédome cas receitas da avoa, aínda que me gusta innovar, pero prefiro o tradicional.
- Falemos agora un pouco dos teus libros, que che levou a escribilos ?
- Pois,  non poder seguir exercendo como chef debido a unha enfermidade que me retirou dos fogóns.
- Custouche moito escribir o primero libro, "Consejos y recetas de cocina para ostomizados"?
- Pois a verdade é que non, non moito, debido a tantos anos de experiencia.
- De que trata ?
- Aconsello e recomendo menús para ostomizados, debido a que nestos momentos estou pasando por isa enfermidade
- Escribiches tamén un libroque leva por título "Cociña vikinga,una cocina gallega diferente", como che xurdiu esa idea?
- Pois fixen durante varios anos a comida para a" Romaría Vikinga", porque era a Cedonosa a organizadora do evento e rexenteba o comedor desa empresa.
- As receitas foron elaboradas por ti ou documentácheste a través de libros viquingos?
- A maioria delas fíxenas  eu.
- Teño oído que vas escribir un novo libro, e certo ?
- Si, e un libro para diabéticos. Neste caso aconsello e dou receitas ós diabéticos.
- Por último vouche facer unha pregunta un pouco indiscreta, algunha vez cociñaches para algún famoso?
- Si, jajajaja!!… para distintos políticos, como por exemplo Miguel Roca, deportistas, cantantes e algún que outro artista como Norma Duval…
- Xa vexo que te codeas con xente moi importante…!
- É o que ten ter un traballo de cara ao público e saber que a xente vai contenta.
- Foi un pracer poder facerche esta entrevista, espero que non sexa a última e, na próxima a ver se hai a posibilidade de que poida probar algúns dos teus pratos. Deséxoche moita sorte co teu próximo libro, moitas grazas por todo.
- Grazas a ti, Naroa.





Neste libro, Marcelino Campaña mestura datos sobre a máis alta cociña e a historia de Catoira..."os niños viquingos especiais" ou o  "guiso de pulpo ao albariño", saboréanse nas Torres de Oeste.





Proporciona recomendacions sobre a sua alimentación aos pacientes ostomizados ao tempo que ofrece unha guía para manter un estado nutricional adecuado.