Por: Pablo Sumay Dios
Son
moitas as historias que a miña avoa conta da casa.
É
unha casa moi grande, unha casa chea de historia, e cada unha das
súas habitacións ten algunha anécdota.
Agora
mesmo, a casa utilizámola para xuntarnos os fins de semana a familia:os meus pais,a miña irmá, a miña avoa, os meus curmáns e os meus tíos.
Pero
isto antes non pasaba, era unha casa chea de xente. Miña avoa tiña oito irmáns e, entre eles, os meus avós e as persoas que axudaban nas
labores do campo; sempre estaba chea de xente.
Antes
de todo isto, polo que me contan e polo que me amosan, a casa chegou
a ser importante en tempos da guerra. Hai moitos detalles nela que
así o indican; como por exemplo apreciar que está rodeada de
pequenas fiestras que se utilizaban para disparar por elas. Son
ventás moi estreitiñas polas que era fácil disparar e ver e, en
cambio, era moi complicado que te viran.
Tamén, ata hai pouco, unha das portas de entrada da casa, tiña aínda un
buratiño que era dun disparo daqueles anos pero claro, co tempo, a
porta foi substituída.
Todo
isto son historias rescatadas do que á miña avoa lle contaban,
porque todo iso ela non o viviu.
Contáronlle
tamén que a casa é coñecida polo alcume “A Casa das Pexejas”
polo seu bisavó. El era un home que sempre andaba cun pau de
pexegueiro na man e un mono no ombro, vixiando a propiedade en busca
da xente que lle roubaba froita e todo aquilo que prantaban.
Nos tempos nos que a miña avoa era nena, estaba a escola do pobo na
propia casa. Nunha das fotos vese a entrada a ela. Os nenos subían polas escaleiras que hai
no lateral e entraban á clase(porta de arriba). Pasaron varias
mestras por ela, algunha das cales chegou a vivir na casa e ser parte
da familia.
Entrada para a escola |
Conta a miña nai que no despacho, o meu
avó pasaba horas e horas lendo.
Meu
avo fai 15 anos que faleceu pero, neste lugar, todo continúa tal e
como el o deixou. Hai miles de libros e un montón de recordos seus.
Os
mobles que nel hai teñen centos de anos.Este é un lugar moi especial para toda a
familia.
Outra
das estancias características da casa é unha das habitacións que, agora mesmo, é unha habitación normal e corrente pero, antigamente, era o forno da casa. Neste lugar era onde facían o pan, as empanadas
e todo alimento que necesitaba pasar polo forno. Quentábano con leña e ,unha vez que estaba ben quente ,cocían os
alimentos.
Forno de leña |
Estes
sitios, agora mesmo, utilízanse para as comidas e reunións
familiares e para todo tipo de celebracións.
Pero
antes isto non era así, antes aquí estaban os animais, estaba todo
ocupado polas cuadras.
A
habitación da miña avoa estaba xusto enriba da bodega. Nunha
esquina era onde tiñan o que antes chamaban cuarto de baño, que
consistía unicamente nun burato no chan que daba directamente ás
cuadras. Para anécdotas, a miña avoa, recorda cantidade de veces
que o estaban a utilizar, e vían as cabezas dos animais por el.
Ao
redor da casa temos un hórreo, que agora non se utiliza; un muíño
de auga, onde antes moían o millo todos os veciños; un río e fontes , das que aínda hoxe na familia utilizamos a súa auga.
Nas
seguintes imaxes podemos ver o río, o muíño e a fonte, coñecida
como "Fonte Gaiteira".
Entorno da casa xunto ao río Catoira |
Muiño no río Catoira |
Fonte Gaiteira |
Segundo
di a miña avoa, habería moitísimo para contar pouco a pouco.
Todo
na casa está cheo de recordos e cousas daquela época. De feito,
cando xogamos nela sempre aparece a miña avoa nalgún momento para
dicirnos: “Coidado!
iso ten moitísimos anos”.
Pablo, no exterior da casa |
Noraboa Pablo:Fas unha descripción detallada da casa e das almas que a habitaron.Amosas unhas fotos con moito encanto.
ResponderEliminarParéceme moi interesante en especial o forno de leña
ResponderEliminar