Buscar neste blog

02/11/15

REFRÁNS DE NOVEMBRO


No mes dos Santos, a neve polos campos.

 No mes dos Santos e Defuntos mata os teus porcos e vai facendo bo caldo cos untos.

No san Martiño acaba a sementeira e barra o teu viño.

No san Martiño bebe o viño e deixa a auga pró muiño.

 No san Martiño, cerra o portelo e barra o teu viño.

No san Martiño, nin bo viño, nin bo requiño.

 No san Martiño, porco e viño.

No San Andrés o viño novo vello é.

Bendito mes, que entra polos Santos e remata con san Andrés.

De Santos a Navidá é inverno de verdá.

De Santos a san Martiño, van os capós ó calorciño

Do novo viño, bota un traguiño polo san Martiño.

Polos Santos, séganse os campos.

 Polos Santos, todos son bichancos.( referido aos porcon aínda non cebados)

No san Martiño, termina a sementeira e barra o teu viño.


           O HÓRREO DOS MEUS AVÓS


  Este horreo está situado na parroquia de Dimo (Catoira). Foi construido no ano 1954 e restaurado no ano 2000. Por aquel entón estaban feitos das pedras que collían dos outeiros e da madeira dos carballos.

  Enterraban as bases e utilizaban unha pedra enteira que iba de claro a claro.

  Entra pedra e pedra usaban unhas anclaxes de ferro para que quedasen ben fixadas.

  O tellado é a duas augas cuberto con tellas do país.

  Un dos laterais está pechado por ladrillos e o outro por madeira.

   Procuraban que os hórreos estivesen na parte máis alta das hortas, buscando onde máis dera o aire do norte para a mellor conservación do que alí se almacenaba. Usábase como almacén de millo, patacas, mazás, fabas, cebolas enrestadas, para curar os xamóns dos porcos da casa,... todo tipo de legumbres conservábanse no hórreo.

  A cruz do hórreo sempre vai orientada cara o norte, é un motivo que simboliza a protección da colleita e, no lado oposto, un remate simbolizando a fecundidade da terra. Leva unha pequena ventá debaixo da cruz.






  Este hórreo consta de dous claros,cada pé un claro.
  Distinguíanse os pobres dos ricos según os claros dos horreos, canto máis ricos, máis claros. Os dos curas eran os máis grandes das parroquias, e o máis sorprendente e que non plantaban nada e sempre estaban cheos.


Feito por: Nerea Bouzas del Oro

                          DIEGO XELMÍREZ

          Diego Xelmírez pertencía á baixo nobreza galega. Era fillo de Xelmiro, cabaleiro e gobernador que estaba ao servizo do bispo Diego Peláez nas Torres do Oeste en Catoira, polo que é posible que nacese nesta localidade, aínda que tamén se pensa que puidese ter nacido en  Santiago de Compostela.


Estatua de Xelmírez na Alameda de Catoira

        
          Destinado á carreira eclesiástica, iniciou a súa educación na Escola Catedralicia de Santiago ata que foi enviado por un tempo á corte do rei Alfonso VI.

         Á súa volta obtivo o cargo de coengo na igrexa santiaguesa na que  estivo, entre 1090 e 1094, á fronte da chancelaría de Raimundo de Borgoña, xenro de Alfonso VI e a  muller deste, Dona Urraca ,que eran  Condes de Galicia.


    Foi administrador da Diócese compostelá entre 1093 e 1094, ano este último no que foi nomeado bispo Dalmacio;  pero Xelmírez recuperará o seu cargo á morte deste e sería elexido bispo o 1 de xullo de 1100.


        Era un gregoriano convencido e a súa boa relación coa Orde de Cluny  axudaríalle a conseguir que a Diócese acade o rango arcebispal en 1120 con amplos poderes eclesiásticos e civís ,tales coma administrar xustiza ou acuñar moeda en Santiago.

      Como representante do rei,defendeu as costas galegas dos ataques dos normandos.

      Xelmírez, xunto con nobres do reino , coroa a Alfonso Raimun- dez , futuro Alfonso VII como rei de Galicia na Catedral de Santiago de Compostela, no ano 1111.

      Diego Xelmírez ofrécesenos como a figura máis importante en impulsar a actividade constructora en Santiago, sempre preo- cupado polo prestixio da sede Compostelá e tamén por resaltar o seu propio como cabeza desta e señor da cidade.Grazas aos esforzos de Xelmírez, Santiago é o máis importante centro da administración eclesiástica en Galicia.




Feito por: Adrián Eitor Morrazo.


A ERMIDA DE SAN CIBRÁN









 Localízase na parroquia de Dimo,  na ladeira setentrional do Monte Xiabre, preto de onde nace o Rego de San Cibrán e baixo unha carballeira, está a ermida do mesmo nome.

    Para acceder a este lugar hai que coller a estrada que vai dende Catoira a Carracedo e, a poucos quilómetros, collemos á nosa dereita unha pista que nos indica o lugar.
   

   









 A capela está formada por unha soa nave duns 20x8 metros. O edificio está  totalmente construido de pedra e, ao longo dos anos , tivo moitas reformas e engadidos.

   Non se pode determinar con exactitude a súa fundación, pero parece remontarse  a unha época barroca e ademais,baixo unha ventá,  aparece unha inscrición onde pon ano  de 1671.

  
   Coñecido na zona coma San Sidrán, a súa romaría celébrase dez días despois da Ascensión.

  Unha das tradición levadas a cabo nesta celebración é a de dar nove voltas arredor da ermida para logo titrar unha pedriña sobre o tellado.

   Tamén hai que pasar tres veces por debaixo da imaxe do santo.

   Todo isto faise para romper o meigallo e quitar o mal de ollo.

    Pero o que caracteriza a esta festa é o xantar na carballeira, escoitar música de gaita e comer o pulpo, churros, rosquillas......

  VIDA DE SAN CIBRÁN

   Este santo  naceu cara o ano 200 , probablemente en Cartago. Pertencía a unha familia rica e culta. Abrazou o cristianismo sobre o ano 246 e, pouco despois, no 248  foi  elexido bispo en Cartago e morreu decapitado.

  É dos santos máis antigos do culto hispano.

  Cibrán foi meigo antes de se cristianizar e, por iso,esas fórmulas máxicas atribúenselle a el por ser considerado o autor do libro "O Ciprianillo", que é considerado o libro de maxia  de meigas e feiticeiros.

   A súa imaxen representa a un bispo.

  OBRAS:

Tratados e cartas agrupados en dous tipos:

-As de carácter apoloxético, defendendo a fe de Cristo contra os pagáns.
-As pastorais, nas que fala coma bispo cunha clara concepción da igrexa e do episcopado.


  REFRÁNS:

  Os refráns referidos a este santo teñen que ver con outra época do ano, xa que o día 16 de setembro é cando se celebra en máis lugares.

   "Por San Cibrán , castaña  na man".
  "Chuvia por San Cibrán, quita mosto e non da gran".


  
   


Feito por : Abel Casal Touriño

03/07/15

VISITANDO CATOIRA



      O noso roteiro particular por Catoira comeza visitando os exteriores do Hotel Balneario, tamén coñecido por "Villa Cayo", onde hai anos se    dispensaban    tratamentos a base das augas mineiro- medicinais que tanta fama deron a este pobo.


HOTEL BALNEARIO
   Continuamos a visita pasando pola Capela de San Xosé Obreiro, moi preto da estación do tren.


CAPELA DE SAN XOSÉ OBREIRO

  Cruzado por debaixo da vía do tren , seguimos a nosa camiñata cara o "Balneario  Laxinias", hoxe en total abandono, no que se levaban a cabo os baños coas augas medicinais.


BALNEARIO LAXINIAS

  Seguindo cara a praia fluvial podese ver de fondo, cruzando o río Ulla, a maior
ponte de extructura metálica contruida ata agora en Europa, que serve para o
 recén    estreado Tren de Alta Velocidade da liña A Coruña-Vigo e coñecido coma o "Viaducto de Catoira".


PRAIA FLUVIAL E PONTE DO TREN


PASARELA DE MADEIRA SOBRE A MARISMA


ZONA INTERMAREAL. DESEMBOCADURA DO RÍO CATOIRA


VISTA XERAL

  Na desembocadura do río Catoira atópanse os restos dun muiño de marea.

MUIÑO DE MAREA

  Pasado este muiño, continuamos pola marxen esquerda do río Catoira e chagamos ata outro muiño que se atopa restaurado .

MUIÑO NO RÍO CATOIRA

    Tras deixar atras este muiños, continuamos por un camiño que vai dar á Casa do Concello dende onde seguimos , unha vez atravesada a estrada que conduce cara Vilagarcía de Arousa, a ruta que nos leva ao lugar de Trasadaveiga. Preto dalí podemos observar, no alto dun pequeno outeiro, os muiños de vento.
    Pero a nosa peregrinaxe ten coma obxectivo principal a visita dunha pequena capela que ten unha gran importancia histórica coma se sinalou nun apartado anterior do noso blog. Referímonos á Capela da Virxe da Barca, no lugar de Trasdaveiga.


CAPELA DA VIRXE DA BARCA EN TRASDAVEIGA
  Preto da Finca da Capela podemos observar un magnífico exemplar dunha sobreira  que destaca polo seu tamaño e antigüidade.

SOBREIRA CENTENARIA EN TRASDAVEIGA

  E coma non podía ser menos, este precioso hórreo de tipoloxía mixta, construido en pedra e madeira, de tres claros combinando nos seus soportes os pés e as cepas, cuns remates nos dous extremos do tellado, que simbolizan a abundancia co pináculo e o sentido sagrado do pan ,coa cruz.

HÓRREO EN TRASADAVEIGA
HÓRREA DE PEDRA EN TRASADVEIGA
Outro tipo de hórreo, todo de pedra.



   Deixamos Trasadaveiga para seguir á beira da estrada e paramos a contemplar este cruceiro, simbolo galego onde os haxa.

CRUCEIRO NA RÚA DO CONCELLO

   No noso camiñar imos cara o lugar de Barral onde, case na estrada se pode ver este outro cruceiro, que á vista está que non é respectado polo vecindario.


CRUCEIRO NO LUGAR DE BARRAL

     Pero tamén atopamos esta fonte de tres canos da que brota auga por un só .

FONTE - BARRAL

  Alí falamos con xente que nos amosou o lugar onde , hai moito tempo, existiu unha torre que, ao ver dos restos que quedan , debeu ocupar unha boa superficie.


VISTA FRONTAL DOS RESTOS DA TORRE DE BARRAL
   

 Contan algúns historiadores que en Barral houbo o privilexio de acuñar moeda.



PORTA DE ENTRADA A UNHA FINCA- BARRAL

           Seguindo as indicacións duns letreiro e coa axuda duns veciños, chegamos ata "Outeiro de Barral", unha paraxe de pedras con representacións de gravados rupestres nos que predominan as "cazoletas".


PEDRA CON PETROGLIFOS- BARRAL

VISTA DO LADO DEREITO DOS RESTOS DA TORRE DE BARRAL

ANTIGA CONSTRUCIÓN EN BARRAL


























 Este cartel informa da disposición das pedras e axuda a interpretar os grabados rupestres.


INDICADOR INFORMATIVO DOS PETROGLIFOS DE BARRAL
     
   














    Sempre a axuda da veciñanza é moi útil para dar con lugares especiais coma o foi o deste muiño no que o seu propietario se prestou amablemente a amosarnos o seu funcionamento e contarnos algo da súa historia.
   Quedámoslles moi agradecidos.


PECULIAR LAVADOIRO NA CANLE DO MUIÑO
DEMOSTRACIÓN DO FUNCIONAMENTO



INTERIOR DUN MUIÑO



   














Preto deste muiño temos este outro que está completamente abandoado . Podemos apreciar esas dúas pedras situadas a carón da porta de entrada e cuia misión era a de pousar as saquetas para logo subilas á cabeza ou ao lombo dun burro.


EXTERIOR DUN MUIÑO EN RUINAS

      Preto dos muiños citados con anterioridade hai esta pequena e antiga pontella que nos permite cruzar o regato que leva a auga ata os muiños.


PONTELLA ANTIGA
 
     O río Catoira, nunha contorna rodeada de vexetación. Estamos en Fonte Gaiteira.


MUIÑO DA PONTE

PEQUENA PONTELLA SOBRE O RÍO CATOIRA EN FONTE GAITEIRA

      Antes de construir a estrada entre Cesures e Carril, esta ponte medieval usábase para cruzar o río Catoira e formaba parte do chamado "camiño real".


A PONTE VELLA (S-XI) SOBRE O RÍO CATOIRA

ENTORNO DO RÍO CATOIRA















Logo dun pequeno descanso, imos rematando a nosa andaina e dirixímonos ata a Igrexa Parroquial de San Miguel de Catoira, situada no casco urbán, e visitamos o monumento adicado ao arcebispo Diego Xelmírez, que tanta fama lle deu a Catoira.




MONUMENTO A XELMÍREZ

IGREXA DE SAN MIGUEL DE CATOIRA


  
  Así remata a nosa andaina por Catoira, Disfrutamos do noso patrimonio e esperemos que  quenes lean esto , tamén se sintan atraídos e saiban valorar o que teñen preto.

 Animámosvos a que coñezades este concello, ainda que esta é unha pequena mostra do que se pode ver.




25/06/15


 MUIÑO DE MAREA



    “O Muiño do Cura”, que é como é coñecido o muiño de marea existente en Catoira, está situado  onde desemboca o río Catoira no Ulla, case  na Ria de Arousa.

      Era neste lugar onde se instalou debido ás mareas que permitían a entrada de auga durante a preamar e unha gran seca na baixamar, para poder conseguir que funcionasen adecuadamente.

      É unha construción formada por un edificio e unha presa no fondo dunha seca e sobre esta parede instalouse o edificio do muiño.


Muiño de dúas pedras
     
 Este muiño tiña unha comporta que se abría cando subía a marea e a presa se enchía . Cando esta estaba chea, pechábase a comporta ata que se abría cando a marea baixaba , o que permitía que pasase a  auga para mover o rodicio.



           

        O que  diferencia fundamentalmente estes muiños dos outros é ter unha presa ou muro, xa que no resto teñen un mecanismo semellante.

  Traballaba en  períodos de seis horas,coincidindo coas mareas.


Comporta da presa pola parte interior.

  

Este muiño data de arredor 
de 1873 e pertencía a un só propietario.

Canle de saída da auga da presa.

Esta construción constaba de tres andares e faiado na parte da vivenda e dous andares na zona de traballo ou moenda.


Interior do muiño
Vista exterior

Pedra do muiño no interior.


O seu estado actual é de ruina.

Feito por: Marcos Calvo García e Joel Jamardo Conde