Buscar neste blog

09/04/16

MEMORIAS DUNS NENOS LABREGOS

Despois de ter lido o libro "Memorias dun neno labrego", do autor Xosé Neira Vilas, quedaba por facer unha transformación.....viaxar no tempo a aquela época na que transcorre a historia e ser protagonistas ,por un día, daquelas vivencias que nos narra  Balbino.

Xa vos iremos contando todo aquilo que fagamos arredor desta lectura.

Pode haber algunha que outra sorpresa....

Non esquezades visistarnos de cando en vez para saber das nosas aventuras.































Aínda queda o mellor......porque son uns artistazos.....e veredes do que son capaces!!!!!!


EL PRINCIPITO


O pasado dia 29 de marzo o alumnado de 5º curso de Ed. Primaria e un grupo de 1º de ESO asistimos a unha representación da obra "EL PRINCIPITO", levada a cabo no auditorio do Colexio La Salle en Santiago de Compostela.

Viaxamos en tren dende Catoira e aproveitamos para coñecer un pouco máis a capital de Galicia.

O tempo non acompañou demasiado pero os ánimos e a novidade de viaxar en tren fixeron que resultase do máis ameno.

 Xa tiñamos lido o libro na clase  e tivemos esta oportunidade de poder contemplar unha adptación da obra que, cun toque musical, resultou moi  entretida.










Un merecido descanso para repoñer forzas.

20/03/16

29/02/16

MÁSCARAS AFRICANAS


Está é  a visión que teñen @s alumn@s de 5ºB 
sobre este tipo de máscaras  ...

Botáronlle bastante imaginación....
Que vos parecen?

As máscaras desempeñan un papel importante nos ritos agrarios, festivos, relixiosos, funerarios...


 






16/02/16

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN EN CATOIRA



No enlace que está a continuación, pódese apreciar como evolucionou a poboación de Catoira.

Resulta de gran información para ver o descenso de habitantes que experimentou nos últimos 20 anos.

Esta situación demográfica estase a producir en numerosos concellos galegos que ven como moitas das súas aldeas e núcleos urbáns están a padecer un importante despoboamento.

Poboación envellecida, poucos nacementos.....crise da industria local....leva consigo esa baixada no crecemento natural da súa poboación.

3612 hab. en 1996 e 3368 hab. en 2015, sendo a maior baixada a partir de 2012.


http://www.ine.es/consul/serie.do?s=6-15949&c=2&nult=25

Este enlace amosa a poboación por número de varóns.

http://www.ine.es/consul/serie.do?s=6-15950&L=0

Nestoutro podemos coñecer a poboación por número de mulleres.

http://www.ine.es/consul/serie.do?s=6-15951&L=0

CHEGOU DE NOVO O ENTROIDO!!!!




Os disfraces do Entroido deste ano teñen moito que ver coa temática do noso calendario:
"UNHA OLLADA Á SEGUNDA METADE DO S-XX".

Varias son as aportacións realizadas arredor da mesma.

O alumnado e profesorado de 5º curso elaboramos un mural e unhas figuras que teñen moito que ver  coa "CONQUISTA DO ESPAZO".

Foi un desfile divertido no que participou todo o colexio. Ao rematar de desfilar, fomos polas rúas de Catoira animando ás persoas que o presenciaban.



Imos todos conquistar
 o espazo sideral.....!

Hai catoirenses na Lúa, Lúa....
Hai catoirenses na Lúa, Lúa....
Hai catoirenses na Lúa que a queren conquistar....

Esta foi a nosa aportación ao calendario.






Agardámosvos para o ano....con novas sorpresas!!!