Buscar neste blog

19/11/16



ENTREVISTA A :

MARTÍN BALEIRÓN FRIEIRO


Profesor de clarinete da Escola de Música de Catoira.


Por Antía Lorenzo González.


Martín Baleirón Frieiro naceu en Rianxo no ano 1969. Iniciou a súa traxectoria musical con tan só 7 anos na Banda Infantil de Taragoña (Rianxo), onde permaneceu ata os 16 anos.

Con esa idade presentouse a unhas probas de “Educando”para a Escola Naval Militar de Marín na que foi admitido,  permanecendo alí ata que se licenciou tendo 18 anos de idade.

Logo entrou na Banda de Vilagarcía como clarinete solista; alí chegou a ser 2º director da banda cando o director era Don Fermín Feijoo (un teniente da Armada).

Con 23 anos pasou a formar parte da Banda Municipal de Santiago de Compostela.

Como docente, deu clase no Conservatorio Felipe Paz Carbajal, en Noia; nas escolas de música de Bandeira, Solfa Fontiñas (Santiago de Compostela) e Catoira.

Tamén deu clases nalgún colexio como, por exemplo.  no Peleteiro de Santiago de Compostela.

Actualmente tamén exerce como Director da Banda de Música de Boiro.



Antía xunto con Martín, o seu profesor de clarinete
-Que idade tiñas cando empe-
zaches a estudar música?

- Empecei sendo un neno, só tiña 7 anos e fíxeno na Banda Infantil de Taragoña.

- Onde estudaches?

-A nivel musical estudei música con mestres da Banda Infantil de Taragoña, mestres como Xosé España Lorenzo que era director da banda e profesor de clarinete.

Logo fixen estudios no Conservatorio de Santiago e sobre todo no Conservatorio Superior de Música de Vigo nas especialidades de clarinete e música de cámara.

A nivel universitario estudei historia na Universidade de Santiago, e teño unha Licen- ciatura en Historia e Ciencias de Música pola Universidade de A Rioxa.

- Por qué te decidiches pola música?

- Empecei nesto da música en primeiro lugar porque na miña familia había certa tradición músical,tiña un bisavó e un tío avó que tocaban en bandas populares e foi o meu avó o que por distintos motivos non pudo adicarse á música e incitoume a min a estudar música.

Ó mesmo tempo tiña varios amigos que estaban na banda e por estar con eles seguín na banda.

- Cal foi o día máis feliz que che proporcionou a música?

- Sen dúbida, o día que aprobei as oposicións para a Banda Municipal de Santiago e, tamén, cando rematei a carreira de Historia e Ciencias da Música.


- Se tiveses que quedarte cunha actuación, cal sería?

- As actuacións máis importantes da miña vida seguro que foron as do meu debut, tanto na Banda Infantil como na Banda Municipal de Santiago.


- Formas parte da banda municipal de Santiago, como é a vida nunha banda?

- A vida nunha formación profesinal coma a banda consiste en adicarse a ela en corpo e alma. Polas mañás hai ensaio, polas tardes hai estudio para preparar os concertos; esto faise de martes a venres.

Hai un concerto cada semana e este concerto adoita ser os domingos, polo tanto, os sábados e os luns adoitan ser os días de descanso.

Dicir que para os que disfrutamos da música, traballar na música, aparte dun traballo, tamén é un pracer.


Martín Baleirón acompañado doutros músicos


- Dentro dunha banda de música ,como é a relación cos compañeiros?

- Son coma en calquera outro traballo. Por suposto, tes grandes amigos e tamén hai outras persoas coas que non tes a mesma relación. Eu teño na banda os mellores amigos.

O importante é que as relacións non afecten á hora do concerto.

- Que instrumento tocas na banda?

- As oposicións aprobeinas co clarinete; estiven tocando o clarinete como clarinete solista pero, fai uns 15 anos, o director da banda considerou interesante que alguén tocara o clarinete baixo, polo que  me presentei voluntario e, dende entón, estouno tocando.


Banda de Música de Santiago de Compostela  nun concerto na praza do Toural


















- Aparte da banda de música, tamén eres profesor na escola de música de Catoira.
Que che motiva para dar clases a nenos que empezan coa música?

- Non necesito sentir moita motivación; a motivación xa ma dan os rapaces,ver a súa evolución,o que estudan e aprenden,e que cheguen a sentir a mesma paixón pola músia ca min.

- Que sintes cando ves tocar os teus alunnos?

- Para min é unha alegría pero o que máis me satisface é velos tocar un ano tras outro. Cada vez que sae a tocar un neno pequeño sinto moita alegría e emoción, case coma a dos seus pais.

- Para ti , que representa a Escola de Música de Catoira?

- Para min, a Escola de Música de Catoira máis que unha escola é unha familia, xa que teño unha moi boa relación cos profesores,cos alunnos e cos seus pais.

Son unha familia da cal disfruto moito.


- Con que mensaxe despedirías esta entrevista?

- Máis que unha mensaxe é un desexo.

Desexo que os nenos se acheguen á música sin ningún prexuicio; sobre todo os nenos que consideran certas músicas alonxadas da súa realidade e,  ademais que se acheguen a todo tipo de música


  A música é vida, a música é paixón...!!





Moitas grazas a Martín polas súas palabras!


16/11/16

AS NOSAS XENTES


ENTREVISTA A CARLOS PADÍN BUSTO
“EL MAGO DE CATOIRA”

Por: Clara Padín Davila

Carlos Padín durante un partido de futbol co seu equipo o Cordeiro

Carlos Padín Busto naceu en Catoira no ano 1974 e comezou a súa andadura futbolística no equipo do seu pobo, o Catoira, aínda que a súa estancia foi fugaz, xa que pronto fichou polo Arousa, onde recibiu una invitación para probar polo FC Barcelona que daquela adestraba Johan Cruiff. 

Sen embargo, o seu destino foi o Pontevedra CF, dende onde deu o salto ó Deportivo da Coruña.

Alí  estivo tres anos, nos que xogou no primeiro equipo e mesmo gañou un Teresa Herrera.

 Outra das súas mellores etapas  viviuna no Racing de Ferrol, co que ascendeu a Segunda División.

 A continuación chegou o Lleida, na categoría de prata e despois xogou cedido no Logroñés, onde foi todo un ídolo.

 O Pontevedra, nunha segunda etapa, foi de novo o seu destino; Ourense, Arousa, Ordes, Boiro… foron os seus outros vestiarios. E fai tres anos chegou ó Cordeiro, onde xoga actualmente, amosando que aínda ten corda para rato.

Xogador e entrevistadora no campo de Baño


-  Con cantos anos comezaches a xogar ó fútbol?

-  Pois comecei a xogar, creo que ós doce anos, máis ou menos.

- En que equipo?

-  No Catoira

-  Cal é a posición na que xogas?

-  Xogo na posición de mediapunta

-  Xogaches sempre na mesma posición?

 Non.

Dos equipos que estiveches… cal é o que máis che gustou?

De todos, foi o Pontevedra C.F.

 - Cal foi para ti o partido máis importante que xogaches?

- Foi o Valladolid – Deportivo, que se xogou o 14 de febrero de 1996, xa que foi cando debutei na Primeira Division

- Quen foi o teu mellor adestrador?

Foi  José Aurelio Gay, que me adestrou no Pontevedra C.F.

- Na túa vida deportiva, tiveches alguna lesión importante?

- Si, tiven dúas; a primeira foi una rotura fibrilar que me afastou dos campos oito meses e a outra foi una rompedura do peroné pola que estiven sen xogar durante tres meses.

- De que equipo es?

- Son do Real Madrid.

- Cal é o teu xogador favorito?

- O meu xogador favorito é Ronaldo Nazario de Lima; e dos que están en activo, Modric.

- Cando vas deixar de xogar ó fútbol?

- Cando as pernas non me respondan.

 - Moitas grazas por concederme esta entrevista. 

- Grazas a ti.


Agardamos que as súas pernas respondan por moito tempo e, dende este blog  desexámoslle o mellor.


Outra instantáneo de Padín co balón


04/11/16

SUPER LÚA EN NOVEMBRO




NO TE LA PUEDES PERDER


Súper- Superluna: el 14 de noviembre saldrá la Luna más grande de los últimos 70 años


Enorme y brillante, ¡no habrá otra luna llena como ésta hasta el año 2034!

Es más que una Superluna porque estará 1000 km más cerca de lo normal 




La gran luna llena que vimos el pasado mes de octubre era sólo el anticipo de lo que está por llegar. El próximo lunes 14 de noviembre, la Luna entrará en su perigeo, es decir, que estará en su punto más cercano a la Tierra, mostrándose un 14% más grande y un 30% más luminosa. Esto no ocurría desde el año 1948 y no volverá a pasar hasta dentro de 18 años, por lo que la NASA ha lanzado un comunicado para que nadie se la pierda


Súper súper luna


  • De hecho, esta SuperLuna será tan grande y tan potente que vamos a poder verla incluso de día: su momento de máximo esplendor se espera para minutos  antes de las 14.00h, por lo que será de las pocas veces que podremos comer bajo la 'luz de la Luna'. Aunque la Luna diurna no es un fenómeno extraño, sí lo es en su fase completa, porque normalmente podemos verla en a mediodía o antes del atardecer cuando se encuentra o bien creciendo, o bien menguando. Pero nunca llena.

¿Por qué ocurre, entonces, este fenómeno? Evidentemente, la Luna no crece ni cambia sus proporciones; pero, en su órbita elíptica, el satélite se situará en su punto más cercano a nuestro planeta (el perigeo), a 48.000 km de su punto más lejano (el apogeo) y 1.000 Km más cerca de la Luna  que vimos en octubre. A esto se le suma que la Luna estará perfectamente alineada con el Sol y La Tierra, por lo que no será una Superluna común, sino una súper-súper-luna, algo que no ocurría desde hace 70 años y que no volverá a verse hasta el 25 de noviembre de 2034.



Esta luna se llama la 'Luna del Castor'


Luna Antonio López
.
Aunque su luz será tan fuerte que podrá verse en todas las ciudades (si la meteorología lo permite), siempre es recomendable alejarse de la contaminación lumínica. 

Como ocurre todos los meses, nuestro único satélite tiene un sobrenombre y una historia que lo acompaña. Tradicionalmente, la luna de noviembre se conoce como la 'Luna del Castor' por ser éste el momento en el que loscazadores ponián trampas para cazar a los castores antes de que los lagos se congelarán por el frío del invierno y pudieran tener pieles suficientes para abrigarse


http://www.eltiempohoy.es/elcielo/astronomia/Super-Superluna-noviembre-veremos-ultimos_0_2270100573.html

02/11/16

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA


Acompañados polo noso director Fernado e as titoras de 6º curso, Pilar e Marisel, un ano máis , o alumnado de 6º curso do noso colexio viaxa a Pontevedra coa fin de coñecer algo máis do noso pasado máis antigo.

A nosa intención é facer un percorrido pola cidade mediante un xogo de orientación; para o cal tod@s disporán dun plano e seguirán unha serie de instrucións ata chegar aos lugares propostos.

Pero o motivo principal é visitar o Museo Provincial  a través dun percorrido polas salas dedicadas  á prehistoria e á historia antiga de Galicia con apoio de material didáctico. Partindo de vestixios datados no Paleolítico Inferior, os rapaces e rapazas irán descubrindo os cambios que foron acontecendo ao longo da prehistoria galega ata chegar ao proceso de romanización e, ao comenzo da historia coa chegada da escritura.

Este percorrido con ficha didáctica  permite que os alumnos e alumnas coñezan, a partir dos restos arqueolóxicos, algúns dos aspectos máis relevanes do noso pasado: as ferramentas líticas máis antigas de Galicia, importantes pezas de ourivería, petroglifos, obxectos de uso doméstico ou monumentos epigráficos romanos, entre outros.

Durante o percorrido por unha das salas

Un momento de atención e traballo coa ficha didáctica

Unha das vitrinas con restos prehistóricos

Monumento aos Heroes de Pontesampaio

Entrada a visitar a basílica de Santa María

Un bo grupo!!!

Xunto a un dos símbolos de Pontevedra, o loro Rabachol

Diante da basílica da Peregrina escoitando atentamente as instrución sobre o plano.

Diante de Santa María o grupo de 6º curso acompañado polas súas titoras, Pilar e Marisel

Ao fondo a palacete de Méndez Núñez, na praza do mesmo nome, e rodeando á figura de Valle Inclán

Entrada ao Centro de Interpretación das  Torres Arcebispais -CITA

Fachada do Concello

Basílica da Virxen Peregrina

AS NOSAS XENTES

                                                                                                                   

                ENTREVISTA    A   MANU  CONDE 
                    
    (Coñecido como Manolito o do Frenazo)    



Por: Tania Otero Isorna  e Cecilia Rodríguez Campaña  

                                
Manu Conde  naceu en Valga pero vive en Catoira dende fai uns cantos anos. Para nós é un máis do Concello de Catoira.  

 Compoñente do grupo Milladoiro e, sobre todo, un gran músico e compositor de bandas sonoras como a da longametraxe  “Outro máis”, pola que foi nominado ao premio “Mestre Mateo”. 

Tocou en grupos como "Galáctica","Saloon"…, sen olvidarnos dos seus comezos con tan só once anos no “Grupo Iris” de Pontecesures.

Manu Conde tamén nos fala dos seus proxectos e nos concede unha primicia para a televisión galega.

Manu Conde coa súa segunda  guitarra 

 - Con cantos anos empezaches a tocar?

 - Con cinco anos empecei  ca guitarra e aos once a tocar nun grupo chamado Iris de Pontecesures.

 - Como empezaches a tocar?

 - Polo meu primo Miro, que foi quen me ensinou a tocar a guitarra cando tiña cinco anos.

 - A parte do teu primo, cales foron os primeiros mestres que tiveches?

 - Beteta,Luis,e... moitos máis dos que  agora mesmo non me lembro. 

 - Cando tiveches claro que querías dedicarte á música?

 - Dende sempre tiven pasión por ela .
 Cando eu era pequeño sempre estaba a facer que tocaba cos instrumentos de xoguete  e, de feito, nas fotos de cando eu era cativo sempre estou con algún instrumento.

 - Tocaches en máis grupos que Milladoiro?

 - Si, en Galáctica ,Saloon, Ángel Israel e  nalgunhas actuaciòns ca orquestra Panorama e, por    suposto, en Iris .

 - Que proyectos fixeches ou estás facendo?

 - Rematando o traballo de Panorama Kids 2016.
Tamén acabei dúas miniseries pendentes de estrear pola  TVG.: “Dalia a Modista” e “Juana de    Vega”.
Compuxen a banda sonora da serie que  actualmente se emite na televisión galega, "Serramoura”,  as bandas sonoras de  “Outro Máis”, da curtometraxe "Lurna” que gañou o premio á mellor actriz e á mellor banda sonora no festival de Cans (Porriño)

 - Como foi para ti ser nominado aos premios Mestre Mateo 2014 pola mellor música    orixinal da serie da TVG "Serramoura"?
   
 - Estou moi agradecido de  estar nominado porque é un recoñecemento ao meu traballo  artístico.

 - Para quen che gustaría compoñer?

 - A min o que máis me gusta é compoñer bandas sonoras pero non teño a nadie en especial. Só  quero que o meu traballo  me satisfaga.

 - Que soños tiñas cando eras pequeno?

 - Moitos,  pero, en concreto, tocar e poder vivir do mundo da música.

 - Cantos anos tiñas cando escoitaches por primeira vez a Milladoiro e que sentiches cando    empezaches a tocar con eles?

 - Cando estaba no grupo  "Iris" eu xa escoitaba a "Milladoiro". A verdade é que é un orgullo formar    parte  dun grupo como Milladoiro e funme dando conta do importante que era para min co paso do tempo.

 - Que premios recibiches?

 - Recibin dous : o do Festival de Cans (Lurna) e o CORTOMENAR 2010 de Colmenar Viejo (En el insomnio).

 - Os compoñentes do Grupo Iris seguen no mundo da música?

 - Non, só un ,coñecido como “Manolo o Paxaro”, que está no mundo da música pero como    representante de orquestras.

 - Quen é o teu ídolo?

 - Foron moitos, pero o que máis Brian May, o guitarrista do grupo Queen.

 - Cantas bandas sonoras fixeches e como se realizan?

 - Moitas, para cine e televisión .É un proceso lento pero agradecido.

 - Cal é a  guitarra á que lle tes máis aprecio?

 - A segunda que tiven e que aínda conservo, ca que mais anos toquei.

 - A túa familia apoiabate?  Quen te levaba ás clases de solfeo e de guitarra?

 - Si, a familia apoioume sempre. Daquela ia eu so en autobús ata Pontecesures.


Manu Conde xunto coas súas entrevistadoras, Cecilia e Tania
- Cal foi a banda sonora mais difícil de compoñer?

 - Todas foron difíciles. Son traballos moi complexos pero gratificantes.

 - E por último, nós que estamos comenzando no mundo da música, estarías disposto a facernos algún arranxo musical?

 - Claro que si, sempre que non estea ocupado.


Moitas grazas a Manu Conde por prestarse a esta entrevista.

Desexámoslle un futuro moi prometedor .


Manu Conde no seu estudio de música





 Algúns enlaces nos que podedes encontrar información de Manu Conde:




Nestoutro enlace podedes ver a longametraxe OUTRO MÁIS:






24/10/16

REFRÁNS DO MES DE OUTUBRO




Las muy ricas horas del Duque de Berry 
(Les Très Riches Heures du Duc de Berry)





A luna de octubre sete días cubre ,e se chove, a nove (O que ocurre os sete días ocurrirá as sete lúas distintas). 

Por octubre, borralliñas do meu lume.

Outubre quente, inverno detente; outubro afriar, inverno a escoar.

Outono, lerias e malas lenguas. 

Outono, outounán, mes das san Lucas e máis san Froilán.

Outono quente, trae o demo no ventre. 

Polo Pilar as primeiras castañas has de asar. 

En san Simón e san Xudas, barra as túas cubas. (28 oct).

Polo san Simón aperta o baldón.

O día de san Bartolomeu, dice o inverno: ¡Alá vou eu! I o día de san Simón, alza bois e timón.
( S. Bartolomeu 24 agost. S. Simón 28 oct).

Por san Lucas, alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba.

Polo san Lucas, mata o teu porco e barra as tuas cubas.

Polo san Francisco, todo fruto é rico( S Francisco de Asís 4 oct).

San Francisco trae a vela e san Xosé a leva ( Alude ao acortamento dos días de data a data e a necesidade do alumbrado).

San Francisco, sementa cebada ou liño mourisco, se o botas en san Simón nin da estopa nin estopón.

O pote de san Francisco tanto chega pra catro coma pra cinco.

Na mesa de san Francisco, o que hai pra catro, chega pra cinco.

Por san Simón, camiñar si, navegar non.

Logo que outubro veña, procura a leña.



20/10/16

AS NOSAS XENTES


 

ENTREVISTA A JESÚS GONZÁLEZ


Por:Candela Suárez Mondragón


 Jesús González, de Gondar,  traballou en Cedonosa durante 21 anos como encargado.

 Por el podemos coñecer un pouco máis sobre esta empresa que destacaba polos seus productos , tanto a nivel nacional como internacional.


-En que ano comezou a traballar en Cedonosa?

-En 1988.

-Quen era o director da empresa ?

- Era José Carlos Domínguez, neto de Eloy Domínguez, pero despois a empresa vendeuse e pasaron outros directores coma o Sr. Merín e, ao peche da empresa, Antonio Muñiz.

-Cal era o seu posto na empresa?

- Encargado de seción, fornos, clasificacion e almacenamento.

-Cal era a súa función como encargado?

-A miña función era organizar o traballo, revisar os fornos (temperatura, revisar o material dos fornos), a clasificación do material e almacenaxe do mesmo.

-Cal era o proceso do material que fabricaban?

- Mezclabase a arxila e a chamota (restos de material que se moía nos muíños para logo volver a facer o producto), despois de amasar ben pasaba para a galletera á cal se lle poñía unha boquilla según a forma do material que se ía facer. Logo pasaba a uns secadoiros para secar a humidade e de aí aos fornos a unha temperatura de 1250º e, por último, a clasificación e embalaxe.

-Había moita demanda dos productos?

-Si, tiña un mercado nacional e internacional. 
No ano 2004 montouse unha empresa en Teruel á cal tiven oportunidade de ir á súa inaguración e a traballar durante un tempo.

-Cómo era a fábrica de Teruel?

-As máquinas eran máis modernas que as da fábrica de Catoira.

-Cantos traballadores eran mais ou menos en Catoira?

-En Catoira chegou a haber 700 traballadores pero á hora do peche éramos 85.

-En que ano pechou?

-Pechou o 7 de marzo do 2009, por mala xestión.
E toda a xente foi para o paro.


MOITAS GRACIAS JESÚS POR RESPONDER ESTAS PREGUNTAS.




Pero para entender algo mellor as orixes desta empresa, temos a 

continuación un pequeno resumo da biografía do seu fundador.



ELOY DOMINGUEZ VEIGA


Eloy Domínguez Veiga naceu en Camposancos (A Guarda) o 15 de novembro de 1981. A súa familia tiña dous tipos de activadades: a construción e o comercio en Puerto Rico.
Tras o falecemento do seu pai Eloy Domínguez seguiu o camiño habitual de familiares e marchou a Santo Domingo, con 15 anos, para traballar como empregado nun comercio.
Con 17 anos voltou porque a familia estaba a piques de establecer unha industria en Camposancos e Eloy pasou a participar nun negocio fundado polo seu irmá: un serradoiro mecánico e uns fornos de cal.
Co inicio do S. XX estableceuse no lugar de Cachadas a fábrica de Cerámica Lomba e Cía.
En 1905,con 24 anos marchou a Valencia onde se familiarizou nos procedementos dos fornos de cal e fornos cerámicos.
Seis anos despois en 1911, Eloy Domínguez desprazouse a Londres para atender negocios de exportación da empresa. En Inglaterra observa as construcións e pensa no azulexo como elemento apropiado para as edificacións. 
No ano 1912 a empresa xa está indroducida na produción de azulexos en Manises.
No ano 1915 contraeu matrimonio con Manuela López Cabezudo e tivo cinco fillos.
Arredor do 1930 Eloy convértese nun dos máis importantes empresarios de azulexo en España.
En 1934 adquire unha fábrica en Alicante que dedicaría á produción de tellas e ladrillos.
Mantiña Eloy Dominguez o costume de acudir todos os anos a Galicia para pasar as vacacións coa familia. E foi nunha desas estadías cando o estalido da Guerra Civil e o deixou illado sen capacidade para administrar as súas fábricas.
De maneira que, tras o impacto da Guerra Civil, Eloy Domínguez tivo que reconstruir as súas empresas.
En 1942 conseguiu permiso para instalar en Catoira (Pontevedra) unha industria da fabricación de azulexos e pezas similares en pasta de porcelana, empregando materiais nacionais. En xuño do mesmo ano confirmouse a autorización para construir unha nova fábrica de cerámica e rampa-embarcadoiro para servicio da mesma, aproveitando terreos da zona marítimo-terrestre.
Este foi o inicio da empresa que se transformaría en 1955 en sociedade anónima baixo a denominación de Cerámicas Domínguez del Noroeste S.A ( Cedonosa).
Por suposto a localización en Catoira foi en primeiro lugar pola existencia de depósitos próximos de arxila e caolín, acumulados na desembocadura do río Ulla, o que explica que esta zona fose un núcleo tradicional de elaboración de tellas e ladrillos; en 1923 chegou a establecerse en Pontecesures a fábrica de cerámica Escudero y Cía.
En segundo lugar, a presenza de serradoiros e almacenaxe de madeira, o que aseguraba unha subministración axeitada tanto de leña para os fornos coma de táboas finas para embalaxes. O feito de estar á beira dunha corrente fluvial garantía a dispoñibilidade de auga doce. E tamén por último as boas comunicacións coas que contaba o emprazamento, con saída a Ría de Arousa desde o peirao co que se dotou a fábrica, con estación ferroviaria e moi cerca dun porto comercial como era o de Vilagarcia de Arousa.
Co fin da década finaliza tamén a construción da fábrica. A gran cheminea que coroou a fábrica levaba a inscripción na que figuraba o ano 1950.
Para xestionar as súas empresas puxo ao seu cargo a familiares; da fábrica de Catoira encargouse o seu fillo maior, Manuel.
Catoira especializouse nunha gama de productos diferentes as das fábricas levantinas: tubaxes, mosaicos e refractarios de gres.
A medida que as venda foron medrando, a empresa tivo que ampliar as súas fontes da costa lucense e outros lugares.
A fábrica de Catoira foi a nena mimada da etapa final da vida do empresario guardés.
Co auxe da construción nos anos sesenta, Cedonosa ampliaría a súa producción cunha nova fábrica en Cuntis.
Eloy Dominguez, morre no 1959, en Catoira, aos 77 anos, ( o seu último desexo era facer nun mural de mosaico o mapa da nosa terra).

,


INAUGURACIÓN DA FÁBRICA DE TERUEL


ANTONIO MUÑIZ , DIRECTOR EN CATOIRA, DURANTE A INAUGURACIÓN 

FÁBRICA DE TERUEL

INAUGURACIÓN DA FÁBRICA DE TERUEL

FABRICACIÓN DE MATERIAL 

OPERARIAS TRABALLANDO
ESTANTERÍAS DE MATERIAL 


Fotografías cedidas por : JESÚS GONZÁLEZ


ANECDOTARIO:

En 1961 celebrábase por primeira vez una festa que rememoraba o desembarco normando nestas terras , sendo os seus precursores os menbros do Ateneo do Ullán.

Pero será a partires de 1965 , cando os empregados desta empresa asuman  a organización da Romería Viquinga, que, co paso do tempo se consolidaría como unha festa de Interese Turístico Nacional, acadando esta categoría en 1988.

Dende 1991, o Concello de Catoira encárgase  da súa organización.



CEDONOSA DE CATOIRA NA ACTUALIDADE