ENTREVISTA A CÁNDIDO ISORNA CASTRO
DATA
DA ENTREVISTA : 28-5-2016
NOME : Cándido
Isorna
Castro
IDADE : 82 anos
DATA
DE NACEMENTO : 12-4-1934
LOCALIDADE
:
Catoira
Por: Belén Rey Correa
É Cándido Isorna Castro unha persoa moi coñecida polos veciños de Catoira por ser quen de traballar na primeira traída de augas ao noso pobo.
De seguido coñeceremos un pouco máis a Cándido, despois de que nos conte cousas da súa vida.
-Onde
e cando naceu ?
-Nacín
o 12 de abril do ano 1934 , épocas difíciles, nunha
casa grande en Catoira de Arriba ( Aragunde ) .
Alí, nunha finca da
miña familia chamada “A CAPELA", onde descubriron un ara votiva
dedicada ao deus Bandua, do S-I d.c. , e , tamén a tapa dun
sarcófago suevo . Foron uns historiadores dunha universidade os que
o afirmaron . Isto aparece nun libro de Catoira chamado “CHAVE E
SELO DE GALICIA “ que publicou o Concello de Catoira ( Páxina 42
dese libro ).
-Como
era a escola neses tempos ?
-A verdade
é que era dura , o mestre castigaba por calquera cousa . Eu , e
moitos nenos da miña idade , preferiamos seguir traballando antes
que ir á escola .Os
únicos que se salvaban destas cousas eran os “señoritos” da
Estación , aínda que non moito, xa que en vez de pegarlle o mestre
lles pegaban os outros nenos .
-Como
eran os castigos do mestre ?
-O
castigo era sempre o mesmo ; poñíante de rodillas nun espazo con
area e dábanche cunha bara nas mans , eu ás veces baixaba o cú
para descansar un pouco pero pillábanme case sempre .
-Como
era o mestre ? Explicaba ben?
-Era
moi malo. Unha
vez tíñamos un examen de quebrados e non fun á escola por medo .
Como
xa contei, era malo pero a verdade é que explicaba ben .
-Había
que traballar antes de ir á escola ?
-Si
. Eu, en concreto , antes de ir á escola , iba ao toxo , levaba as vacas
ou labraba a leira. Para facer isto e que me dera tempo de ir á
escola despóis , levantábame ás 5 da mañán ou antes , xa que a
escola comezaba ás 10 . Todo
isto o facía sen almorzar .
De
feito , moitos nenos ,co conto de traballar, non lles daba tempo de ir
á escola xa que primeiro era traballar e logo era ir ao
colexio ; por isto a maioría dos rapaces eran case analfabetos.
-
Con
cantos anos comezaches a traballar ?
-Eu
comecei a traballar aos 16 anos xa que non había cartos , pero eu axudaba de pequeno nas leiras ; ca miña nai poñía patacas . Todo
isto aos 9-10 anos .
Comecei
a traballar por primeira vez nun taller chamado TRES HERMANOS ;
emigrei e, cando volvín, púxenme a traballar en CEDONOSA aos 22
anos. Estou falando do ano 1941, que foi cando abriu . O
soldo
era dunhas 200 pesetas á semana ; isto so daba para comer e nada
máis. Hoxe en día 200 pesetas son 1,20 euros polo que o soldo
dunha semana de fai 60 anos é como tomar un café na actualidade ;
pero daquela era bastante máis.
Cada
día traballaba moitas horas .
Falando
xa do país, vou volver tocar o tema da escola e vou dicir que para
min había
tres "mandatos " :
-
No
país, o de FRANCO
-
Na
escola, o do MESTRE
-
Na
fábrica, o do PATRÓN
- Algunha
vez tiveches bronca con algún compañeiro no traballo ?
-Non
; eu penso, e pensaba, que os xaleos hai que evitalos porque
sempre se sae perdendo.
-
Como
foi a túa vida ?
-Aos
82 anos que teño pasoume de todo , vivín de neno unhas épocas
de posguerra e guerra contínua que eran pouco agradables ; aínda que
xamáis deixei de loitar e como penso eu, hai que saber adaptarse a
todo .
Eu
digo o que pasaba en xeral aínda que a miña familia, ao ter leiras, dáballe
traballo como xornaleiros a moita xente .Eu
non pasei necesidades, ao contrario de moitos nenos da miña época
. Tiñamos
leiras, como xa dixen, e á parte, o meu pai traballaba na Renfe e o meu
avó ,en Fenosa.
-
Como
cres ti que ten que ser un home?
Eu
creo que un home ten que ser fiel e cariñoso , e sobre todo, ten que
ser
un home de palabra e non de palabras , a diferenza aquí só está
nunha
letra pero cambia totalmente o significado da palabra :
"O
de
palabra cala e fai o que ten que facer; pero o de palabras fala
moito e non fai nada."
-
Con
cantos anos casaches?
Eu
casei con 26 anos e tiven tres fillos, un morreu con ano e medio; pero
tamén teño dous netos e un bisneto .
Eu
pensó que é mellor casarse con 20 anos. Esperar moito tamén é
malo ;
xa que é bonito ter fillos , netos e bisnetos
O
home ao que eu entrevistei é
un
home duro , pero de gran corazón . Fillo dos anos que lle tocou
vivir. Fillo da súa época. Loitador, traballador ; ao que a vida
non lle regalou nada . Naceu e viviu a súa xuventude nunha época
difícil da historia de España : A guerra civil e a época da
posguerra , na que o país estaba destrozado e a xente pasaba
necesidades e calamidades .
Un
home traballador , leal e valente cara á vida .
 |
| Belén xunto con Cándido durante a súa entrevista |
AGRADECEMENTO
: A Cándido Isorna Castro , que me prestou o seu tempo para
facerlle esta entrevista un sábado pola mañán.