Comezamos un novo apartado adicado ás recomendacións lectoras do alumnado da nosa clase de 6ºB.
É Belén Rey Correa quen nos fai a recomendación deste libro.
"EL PROFESOR DE MÚSICA"da autora Yaël Hassan.
"Este libro trata dun
profesor de música chamado Simón, que se debate entre a desidia e a depresión
ante o comezo de curso debido ao desinterés dos seus alumnos, aos alborotadores....
A sorpresa que lle
agarda é Malik, un neno árabe ansioso por aprender a tocar o violín. Pero Simón tíña deixado de tocar, xa que lle traía recordos daqueles anos da Segunda
Guerra Mundial.
Malik remove tantas
cousas en Simón que a súa muller, Bella, teme pola súa saúde; sen embargo, el
está máis feliz que nunca.
Este libro gustoume
moito xa que explica moi ben, de forma amena e cercana, as consecuencias da
Segunda Guerra Mundial e as vivenzas dun home que a padeceu".
("El profesor de música" levou o premio Saint Exupery 2001)
Ningún comentario:
Publicar un comentario