Buscar neste blog

27/11/14


       CENTENARIO DA PUBLICACIÓN DE "PLATERO Y YO"


                                                              Este ano celébrase o Centenario da publicación da obra de 

         Juan Ramón Jiménez, "Platero y yo".                           

   Por este motivo vos recomendo que o leades, coma tamén o están a facer os alumnos e alumnas de 6º curso de Primaria.

   Estamos a rematar unha exposición na que se poderán ver os traballos manuais centrados no persoaxe principal que dá título ao libro;tamén, unha recopilación de imaxes filatélicas que teñen por tema a figura de Juan Ramón Jiménez,a súa dona, Zenobia e, coma non podía ser menos, Platero e Moguer.Así mesmo,teredes a posibilidade de  ver una copia da carta na que se lle comunica a Juan Ramón a concesión,por parte da Academia Sueca,do Premio Nobel de Literatura no ano 1956, así coma recortes de prensa da época,unha reprodución da portada da primeira edición do libro, a adicatoria a Zenobia....

   Nun gran mural faise, a maneira de roteiro , un paseo por Moguer, lembrando fragmentos do libro nos que se fai alusión a lugares coñecidos e a persoeiros coetáneos a Juan Ramón.Poñendo un pouco de imaxinación pola nosa parte, poderemos viaxar no tempo e comprender a forma de vida que se desenvolvía neste pobo hai cen anos.

  Cando o vexades,seguramente vos preguntaredes porque hai tantos debuxos de flores e bolboretas,pois... anímovos a ler os primeiros capítulos e xa entenderedes o motivo.

  Se queredes saber máis sobre Juan Ramón e o seu libro "Platero y yo", convídovos a visitar estas páxinas, que de seguro vos resultarán útiles para comprender mellor a súa obra.

http://fundacion-jrj.es/

http://www.juntadeandalucia.es/educacion/webportal/web/centenario-platero/platero-y-yo

  Esta especie de documental que ven a continuación é moi interesante e quizáis sería bo empezar por aí; é de gran axuda para animarvos a ler "Platero y yo".

https://www.youtube.com/watch?v=yW2kpLLQDeg

   Nesta reportaxe poderemos saber algo máis sobre a súa biografía e escoitar audios do poeta:

http://www.juntadeandalucia.es/educacion/webportal/web/centenario-platero/audiovisuales

Un cómic sobre a vida de Juan Ramón Jiménez pódese descargar desde esta dirección:

http://cprhoyos.juntaextremadura.net/materiales/jimenez/comic.htm 

http://fundacion-jrj.es/servicios/material-didactico/ 

  Agardo que vos guste.

            Juan Ramón   Jiménez, por Idígoras y Pachi. (EL MUNDO)

04/11/14



 
  O alumnado de 6º curso de 
Ed. Primaria visita Pontevedra

      Acompañados polas súas titoras, o alumnado de 6º curso de Ed. Primaria do C.P.I. Progreso de Catoira realizou  unha visita a Pontevedra.

   Co plano da cidade na man, fixeron un percorrido polo casco vello á maneira de xogo de orientación e descubriron lugares emblemáticos da cidade do Lérez.


   Aproveitaron a ocasión para visitar o     Sexto Edificio do Museo Provincial no apartado de "Arte Galego do S-XX" e, coa axuda de guías didácticas,realizaron actividades encamiñadas a diferenciar as distintas tendencias da Arte Contemporánea e a aprender a ver un cadro e as diferentes interpretacións que un artista fai na súa obra.


                                                                         
  Esta viaxe foi  subvencionada
 pola Deputación Provincial de Pontevedra que, cada ano, nos brinda a oportunidade de visitar o Museo Provincial.