Buscar neste blog

29/02/16

MÁSCARAS AFRICANAS


Está é  a visión que teñen @s alumn@s de 5ºB 
sobre este tipo de máscaras  ...

Botáronlle bastante imaginación....
Que vos parecen?

As máscaras desempeñan un papel importante nos ritos agrarios, festivos, relixiosos, funerarios...


 






16/02/16

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN EN CATOIRA



No enlace que está a continuación, pódese apreciar como evolucionou a poboación de Catoira.

Resulta de gran información para ver o descenso de habitantes que experimentou nos últimos 20 anos.

Esta situación demográfica estase a producir en numerosos concellos galegos que ven como moitas das súas aldeas e núcleos urbáns están a padecer un importante despoboamento.

Poboación envellecida, poucos nacementos.....crise da industria local....leva consigo esa baixada no crecemento natural da súa poboación.

3612 hab. en 1996 e 3368 hab. en 2015, sendo a maior baixada a partir de 2012.


http://www.ine.es/consul/serie.do?s=6-15949&c=2&nult=25

Este enlace amosa a poboación por número de varóns.

http://www.ine.es/consul/serie.do?s=6-15950&L=0

Nestoutro podemos coñecer a poboación por número de mulleres.

http://www.ine.es/consul/serie.do?s=6-15951&L=0

CHEGOU DE NOVO O ENTROIDO!!!!




Os disfraces do Entroido deste ano teñen moito que ver coa temática do noso calendario:
"UNHA OLLADA Á SEGUNDA METADE DO S-XX".

Varias son as aportacións realizadas arredor da mesma.

O alumnado e profesorado de 5º curso elaboramos un mural e unhas figuras que teñen moito que ver  coa "CONQUISTA DO ESPAZO".

Foi un desfile divertido no que participou todo o colexio. Ao rematar de desfilar, fomos polas rúas de Catoira animando ás persoas que o presenciaban.



Imos todos conquistar
 o espazo sideral.....!

Hai catoirenses na Lúa, Lúa....
Hai catoirenses na Lúa, Lúa....
Hai catoirenses na Lúa que a queren conquistar....

Esta foi a nosa aportación ao calendario.






Agardámosvos para o ano....con novas sorpresas!!!

DÍA DA PAZ



  
Celebramos o "Día da Paz" con este precioso mural onde se poden ver os diferentes persoeiros que foron galardoados co premio Nobel da Paz.