Buscar neste blog

25/01/17

AS NOSAS XENTES

ENTREVISTA A JESÚS RIVEIRO


FEITO POR: Lucas Lorenzo García e Manuel Rodriguez Paz.




Jesús Riveiro Castiñeiras naceu o 9 de Outubro de 1992, en Aragunde , Catoira. É un mozo que se adica aos cabalos de doma clásica e, tamén ,á caza. 



Este mozo foi o 1º galego que ingresou na Real Maestranza de Caballería de Ronda e despois de tres anos como alumno vaise para Alemania que é onde está a cúpula dos campións.

Logo de rematar en Ronda foi recomendado a Alemania por ser un dos alumnos máis avantaxados. Alí será alumno de  Juan Manuel Vidal Testal, madrileño afincado en Alemania cerca de Düsseldorf e xinete de recoñecido prestixio.


-CON CANTOS ANOS EMPEZACHES A MONTAR A CABALO E COMO SE CHAMABA O TEU PRIMEIRO CABALO?
-Empecei pronto a montar a cabalo; os  meus primos Marcos e Tito tiñan cabalos aquí, ao lado da nosa casa. Entón ía alí e montaba con eles e, con 7 ou 8 anos, empecei a montar máis a miudo e, o meu primeiro cabalo chamábase “Islera”.

-POR QUE TE ADICAS Á DOMA DE CABALOS?
-Pois a min sempre me gustaron os cabalos e foi o meu animal preferido. O meu pai, cando eu tiña 5 ou 6 anos, comproume una egua e dedicábame a paseala con el e un día  comproume unha revista que traía un vídeo dunha escola importante de España, onde forman a xinetes; vino e decidín facerme xinete de doma clásica con 12 anos, e pensei que esa ía  ser a miña profesión.

-CANTOS CABALOS TES E COMO SE CHAMAN?
-Agora mesmo só teño un, que e meu propio, e chámase “Guixote”.

-CÓMO SE CHAMA O CABALO CO QUE DISPUTACHES OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA?
-O meu primeiro campionato de España disputino cunha egua que se chama “Sandy” e, o último, co meu cabalo “Guixote”.

-CAL FOI O CAMPIONATO MÁIS LONXE AO QUE FOCHES?
-Pois este último, que foi no mes de septembro, en Valencia.

-CANTAS MEDALLAS DE HÍPICA GANACHES?
-Fun campeón galego con Sandy e, o último campionato ao que fun, quedei 2º e 3º co meu cabalo "Guixote".

Jesús Rivero Castiñeiras tamén se adica á caza de animais como mencionamos anteriormente.

-CANTOS CANS DE CAZA TES?
-Teño 6 cans de caza.

-DE TODOS OS CANS DE CAZA QUE TES CAL E O TEU PREFERIDO?
-O meu preferido é “Tor” que é o que ladra todas as mañans.

-QUE ANIMAIS ACOSTUMAS CAZAR E A QUE MONTES VAS?
-Sempre imos ao coello, aquí por Catoira e algunhas veces imos fóra, pero moi poucas.

Na prensa aparecen multitude de noticias relacionadas con Jesús e a súa participación en concursos hípicos.
Esta que vai a continuación procede do DIARIO DE AROSA

CATOIRA - El catoirense Jesús Riveiro estará en el campeonato de España de doma clásica tras ganar en Mondariz
El jinete catoirense Jesús Riveiro Castiñeiras obtuvo este fin de semana en Mondariz Balneario el primer premio en el certamen de doma clásica celebrado en el Club de Hípica Cemar. Riveiro compitió en la modalidad de potros menores de cinco años a lomos de la yegua Sandy, logrando el primer puesto.

REDACCIÓN DIARIO DE AROUSA  19 DE AGOSTO DE 2013 
El jinete catoirense Jesús Riveiro Castiñeiras obtuvo este fin de semana en Mondariz Balneario el primer premio en el certamen de doma clásica celebrado en el Club de Hípica Cemar. Riveiro compitió en la modalidad de potros menores de cinco años a lomos de la yegua Sandy, logrando el primer puesto. De esta forma queda directamente clasificado para el Campeonato de España que se celebrará en fechas próximas en la provincia de Segovia.
La afición por los caballos le viene a este joven desde su infancia, ya que su familia era propietaria de varios equinos, con los que se familiarizó de niño.

Para cumplir su sueño de convertirse en jinete tuvo que superar unas duras pruebas para acceder a la escuela Real Maestranza de Caballería de Ronda. Allí estuvo tres años como alumno, logrando muy buenos resultados y notas. Fue entonces cuando Jesús Riveiro optó por salir al extranjero para continuar con su aprendizaje. Su destino fue Alemania, donde pasó un largo periodo de tiempo.
Actualmente, ya de regreso en España, es jinete de la cuadra Marq Pla en Arteixo, participando en competiciones a lomos de Sandy. Con ella irá al campeonato nacional ya que hasta el momento los resultados están siendo satisfactorios. Además del triunfo de este fin de semana en Mondariz Balenario, Riveiro y Sandy ya formaron tándem en otros concursos celebrados por España adelante, estando siempre entre los favoritos para lograr  el triunfo. 




Neste enlace pódese ver a súa participación no concurso CDN3 en Robledales de Ultzama, nivel preliminar 5A-Topiberian, co seu cabalo Sandy.

http://www.topiberian.com/index.php/videos/single-video?idVideo=13621&idPrueba=2489




Jesús Riveiro xunto con Lucas e Manuel

Jesús Riveiro foi alumno do noso colexio e , dende aquí, desexámoslle os mellores éxitos na súa traxectoria profesional.