Feito un repaso pola historia do Ferrocarril , chega o momento no que aistimos a un novo acontecemento relacionado co mesmo.
Pasaron xa 142 anos para que vexamos de novo como por Catoira pasa un novo tren; chega o tempo da Alta Velocidade e das grandes obras de enxeñería. Temos moi preto de nós o novo viaduto sobre o río Ulla, considerado coma a ponte metálica máis longa de Europa, con 1620 metros de lonxitude que servirá para a circulación dos novos trens que unirán as cidades de Vigo e A Coruña, acortando de forma considerable a duración da viaxe.
Viaduto sobre o río Ulla |
Cara ás 18:15h o tren atravesaba o viaduto sobre o Ulla, en Catoira, e despois de 57 min. facía a súa chegada a Pontevedra. Arredor das 18:53h, o AVE rematou esta primeira viaxe na nova e moderna estación de Urzaiz, en Vigo.
Paso do tren polo novo viaduto |
Histórica chegada do AVE a Vigo |
Pero sería o sábado, día 18 de abril, cando comezara a funcionar de forma regular este novo tren.
Terá paradas nas estación de A Coruña, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo- Urzaiz, con dez frecuencias diarias e un prezo de 29 euros ida e volta entra A Coruña e Vigo. A duración da viaxe entre estas dúas cidades será de 80 min.
Desta maneira, repasando un pouco a historia do ferrocarril en España e Galicia, quixeramos que se entenda que, naquela época, o paso do tren por unha localidade traía consigo unha mellora notable nas comunicacións e unha apertura cara novos mercados; significaba riqueza e progreso das cidades e pobos que tiñan a sorte de posuír unha estación do tren, porque arredor da estación creábase vida social no ir e vir de pasaxeiros e mercadorías.
Moitos lugares naceron ou medraron no entorno da estación do tren. Sen ir máis lonxe, o exemplo témolo aquí en Catoira, onde a estación de ferrocarril deu lugar a que ao seu carón de desenvolvese principal fonte de economía deste pobo, co asentamento de importantes industrias; dalgunha maneira chegaba O Progreso. Moitas destas industrias deixaron de ter actividade, pero hai anos eran o eixe
principal do desenvolvemento económico e social desta localidade.
A desaparición de moitas das estacións e de paradas do tren leva consigo a falta de medios para poder desplazarse a diario moitas das persoas que dependen directamente deste medio.
Estación do tren en Catoira.
Un tren moderno frente ás vellas vías polas que tantas locomotoras circularon . |
Ningún comentario:
Publicar un comentario