Estes son algúns dos refráns populares relativos ao mes de febreiro:
"Febreiriño corto,
cos seus vinteoito;
se tivera máis catro,
non quedaba can nin gato,
nin rato no burato,
nin ovella, nin carneiro,
nin orella ao pregoeiro".
"Febreiriño do rabo torto,
cos teus días vinte e oito,
se tiveses máis catro,
non queda nin gato,
nin raposo no burato".
"
"A chuvia de febreiro enche o cabaceiro".
"Febreiro camiseiro, non dá boa meda, nin bo palleiro".
"Se a Candeloria chora ,
medio inverno vai fóra.
Que chore, que deixe de chorar,
a metade do inverno está sen pasar."
"Por san Matías igualan as noites e os días".
"Por san Brais, dúas horas máis".
" Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira".
Coma podedes apreciar , teñen moito que ver co tempo que fai e coa agricultura, así coma cos santos que se celebran durante este mes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario