Hoxe, luns, 2 de febreiro de 2015,conmemórase o cuarto centenario da súa creación en Madrid, en 1615, durante o reinado de Felipe III.
A súa primeira ubicación foi na rúa Segovia, onde permaneceu durante máis de douscentos anos.
A época do seu maior esplendor coincide co reinado de Carlos III.
En 1861 trasládase a un edificio da Praza de Colón que foi inaugurado pola raíña Isabel II, compartindo estas instalacións coa "Fábrica de sellos".
Pero sería en 1893, durante a rexencia de María Cristina, cando ambas as dúas institucións se fusionan dando lugar á "Fabrica Nacional de Moneda y Timbre"(FNMT).
En 1964 inugúrase unha nova sé na rúa Doutor Esquerdo nº36, tamén en Madrid.
Na actualidade a Fabrica mantén dúas factorías , en Madrid e Burgos.
A FNMT- RCM é unha Entidade Pública Empresarial dependente da Subsecretaría de Economía e Facenda do Ministerio de Economía e Facenda, adicada á fabricación de moedas, billetes, papel moeda, timbres, documentos oficiais, tarxetas intelixentes e distintos tipos de certificados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario