No día de hoxe celebrouse en Santiago de Compostela a fase de zona do Rebumbio Matemático; unha proba matemática dirixida ao alumnado de 6º curso de Ed. Primaria e que se realizou tamén en outras zonas de Galicia , acadando unha alta participación.
O noso colexio foi representado por Gabriela Conde Lestido, Celia Álvarez Guillán e Adrián Eitor Morrazo, os tres de 6ºA.
Constou esta proba de seis exercicios que debían ser resoltos nun tempo máximo de dúas horas.
Agardamos que houbesen disfrutado desta experiencia e que logren pasar á Fase final.
E como non podía ser doutra maneira, aprobeitamos a viaxe para coñecer un pouquiño máis esta interesante cidade.
SORTE!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario