Buscar neste blog

07/01/16

REFRÁNS DO MES DE XANEIRO



Xaneiro ilustrado no libro de horas Les Très Riches Heures du Duc de Berry,
 manuscrito do secúlo XV.


A auga de xaneiro mata ó usureiro.
A ferreña de xaneiro non vai ao poleiro.
A galiña nada no xaneiro pon o ovo no colmeiro.
A galiña no xaneiro pon no colmeiro.
A madeira da túa casa, en xaneiro has de cortala.
A perdiz no xaneiro caga pró escopeteiro.
A raia en xaneiro sabe a carneiro.
A verdura en xaneiro sabe a carneiro.
As patacas de xaneiro van na cesta e veñen no sombreiro.
As verzas por xaneiro saben a carneiro.
Cando as ras cantan no xaneiro, sinal de fame en todo o eido.
Coa lúa de xaneiro, vese a formiga no carreiro.

Dazasete de xaneiro, Santo Antón lacoeiro.
De xaneiro a xaneiro, come carneiro.
Día de Santa Inés chuvia unha soa vez. 
En xaneiro, a faneca sabe a carneiro.
En xaneiro, a lebre co cu no lameiro.
En xaneiro, a vella saca as madeixas ó turreiro.
En xaneiro, a verza é carneiro.
En xaneiro, abrígate con dúas capas e un sombreiro.
En xaneiro busca a lebre co cu no bulleiro.
En xaneiro, mellor carballo que castiñeiro.
En xaneiro, mete obreiro, antes na sebe que na parede.
En xaneiro, namoreime, en febreiro, caseime ... e amoleime.
En xaneiro, nin galgo leboreiro nin falcón perdigueiro.
En xaneiro pon o alleiro.
En xaneiro, sete lobos polo carreiro.
En xaneiro, trompos ó fumeiro.
En xaneiro, vaite ó outeiro: se ves verdegar, ponte a chorar; se ves terrexar, ponte a cantar.
En xaneiro visita o outeiro: si ves verdegar ponte a chorar, si ves terrexar, ponte a cantar.
En xaneiro xa a abella pon os pés no salgueiro.
En xaneiro, xéase a auga no caldeiro.
Entre xaneiro e febreiro, inverno verdadeiro.
Eu son o pito do Cairo, que nacin no mes de xaneiro, se o raposo non me come, he de cantar no poleiro.
Gato do mes de xaneiro vale un carneiro.
Inda non veu xaneiro pra poñe-lo pé diante do compañeiro.
Lúa, a de xaneiro, amor, o primeiro.
Moita chuvia en xaneiro, mala anada no cabaceiro.
No menguante de xaneiro corta o teu madeiro.
No mes de xaneiro sube ó outeiro. Se ves verdear ponte a chorar, se ves estercar ponte a cantar.
No mes de xaneiro, súbete ó outeiro. Se ve-los teus campos verdexar, ponte a chorar, se terrexar, ponte a cantar.
No xaneiro busca a lebre co cu no bulleiro.
No xaneiro pon o sombreiro.
Non hai amor coma o primeiro nin lúa coma a de xaneiro.
Non hai lúa coma a de xaneiro nin amor coma o primeiro, senón a de agosto, que lle dá no rostro.
O año de xaneiro é o millor carneiro.
O besugo en xaneiro viste coma un cabaleiro.
O boi e o leitón, en xaneiro crían rin.
O día de san Sebastián ceiba as moscas Satanás.
O madeiro pra túa casa, córtao no xaneiro.
O polo de xaneiro vale carneiro.
O polo de xaneiro, polo San Xoán está comedeiro.
O que queira comer morriña, coma carneiro en xaneiro e en maio galiña.
O que sexa meu amigo verdadeiro, véñame ver o vinte de xaneiro.
O santo Antón verdadeiro, o dazasete de xaneiro.
O sol de xaneiro non ten compañeiro.
O vinte e un de xaneiro, unha hora por enteiro.
Obreiro en xaneiro, pan che comerá e obra non fará.
Ollomol de xaneiro vale un carneiro.
Os amores de xaneiro son os que enfrían primeiro.
Para a túa casa o madeiro córtao no xaneiro.
Picoreiro súbete ó picouto, e se no mes de xaneiro veres verdegar, bótate a chorar, e se os ves queimados, ponte a bailar.
Pito de xaneiro, vai coa súa nai ó poleiro.
Poda en xaneiro, vendima no sombreiro.
Polo río abaixo vai un pexegueiro que bota pexegos no mes de xaneiro.
Polo santo Amaro andan os trompos polo tellado. 
Polo santo Antón xa a galiña pon. Pola Candelaria, a boa e a mala.
Polo san Martiño, trompos ó camiño, e polo santo Amaro, trompos ó tellado.
Polo san Sebastián coida o teu fabal.
Polo san Sebastián coñez o día o pailán. 
Polo san Sebastián laranxiñas na man.
Polo san Sebastián medra o día o paso dun can.
Polo san Vicente perde o inverno un dente.
Polo san Vicente ten o día unha hora máis, metá pola mañán, metá polo serán.
Polo San Vicente perde o inverno un dente.
Polo San Vicente toda a auga é semente.
Por santo Amaro, trompos ó faiado.
Por santo Amaro, trompos ó tellado.
Por santo Antón, a galiña pon.
Por Santo Antón, trompos ó caixón.
Por san Sebaschán, a laranxa na man.
Por san Sebastián algueira o pailán.
Por san Vicente da Roda medra o día unha hora.
Por san Vicente pon os nabos da semente.
Por san Vicente, unha hora de creciente.
Por san Xulián medra o día un pasiño de can. 
Por san Xullán adianta o día o paso dun can.
Prá túa casa, o madeiro cortado sempre no xaneiro.
Pra túa casa, o madeiro córtao no xaneiro.
Queimemo-lo loureiro no mes de xaneiro.
Quen colle a aceitona antes de xaneiro, deixa o aceite no oliveiro.
Quen labra no xaneiro labra para o ano enteiro.
Quen ora en xaneiro, ora para o ano enteiro.
Raia pescada en xaneiro sabe a carneiro.
San Sebastián, vinte de xaneiro, cando ceiba a mosca do demo.
San Vicente do inverno bota unha brasa ós regueiros.
San Vicente pequeniño é un santo chirifeiro, que nos dá a nosa festa o vinte e dous de xaneiro.
San Xulián garda o viño e garda o pan. 
Se chove en Santo Antón de xaneiro, pipas ó fumeiro, se non, pipas ó canteiro.
Se en xaneiro tose o neno, non teñas medo; se tose no mes da sega, pode ir pra terra.
Se queres ter bo alleiro, pon o allo no xaneiro.
Se se soubera o que sabe a galiña no xaneiro, non quedaba unha no galiñeiro.
Se trona en xaneiro, sube as cubas ó fumeiro.
Seco xaneiro, abundancia no graneiro.
Sol de xaneiro, porco ó bulleiro. 
Tanto dirán “Heilas, heilas”, que veñan nas quendas xaneiras.
Tódolos días que pasan de xaneiro son allos que perde de da-lo alleiro.
Un bo día de xaneiro é un lobo no quinteiro.
Un día bo en xaneiro, mao no eido.
Verzas en xaneiro saben coma carneiro.
Xaneiro, alleiro.
Xaneiro añeiro e febreiro cabriteiro.
Xaneiro arde verdadeiro.
Xaneiro é oveiro.
Xaneiro frío ou templado, pásao arroupado.
Xaneiro, piardeiro.
Xaneiro quente trae o demo no ventre.
Xaneiro verceiro, nin boa meda nin bo palleiro.
Xaneiro, xeadeiro, febreiro, grileiro.
Xaneiro xiado e abril mollado enchen o faiado.





Ningún comentario:

Publicar un comentario