Buscar neste blog

21/04/16

CINE RAÑÓ



O Cine Rañó forma parte da historia de Catoira. 

Coma en moitos pobos da contorna,  tamén aquí chegou a haber un cine que se construiu nas inmediacións da estación do ferrocarril,  xunto á Capela de san Xosé , o Restaurante Casa Emilio e o antigo Hotel Balneario.

O Cine é obra do arquitecto de Meis don Robustiano Fernández Cochón, "Tano",e foi inaugurado o 20 de marzo de 1957
Tamén  foi este arquitecto o encargado de facer o proxecto do Cine Malvar; en Pontevedra; o Cine Cervantes, en Vilagarcía de Arousa; o Cine Colón, en Forcarei; o Cine Changüy, en Soutelo de Montes; a escalinata da ermida dos Miragres de Amil (Moraña), o templo novo de Marín e o Ensanche de Santiago, entre outras.Caracteriza a súa obra a búsca dunha arquitectura civil en consonancia co rexionalismo galego.

 O cine de Catoira posuía un aforo de 200 butacas.

O seu propietario era don José María Rañó e a primeira película proxectada neste cine foi "Hijo de la Furia".

O encargado de proxectar as cintas esa Suso de Emilio  quen , con posterioridade, sería substituido por un familiar seu, O Carrandán.

O proxector era da marca Superson e o técnico era un vilagarcián chamado Charlín.

As entradas eran vendidas por José Guillán; dona Fina , a dona do propietario e a súa filla, Elvirita.

Naqueles tempos, xunto co campo de futbol das Lombas, o cine era unhas das poucas actividades de lecer dos veciños 

 O cine enchíase, sobre todo,  polo Nadal e  san Xosé.

Aspecto da estación do tren de Catoira un día festivo.
Algunhas anécdotas relacionadas co cine:

Unha veciña era a primeira vez que entraba nun cine e xa estaban pasando o NODO e, polo tanto , estaba a escuras e o seu marido preguntoulle que facía tocando a parede e ela contestoulle que esatba buscando a pía de auga bendita.

Noutra ocasión prendeu lume na película e o mozo que estaba alí de axudante, saltou pola ventá para non queimarse.

Era habitual que houbese caídas da tensión eléctrica e ,como consecuencia, a pantalla quedaba sen imaxen e a xente protestaba asubiando.

O 9 de marzo de 1961 a Compañía de Teatro Airiños, de Rianxo, representou a obra de Rafael Dieste "A Fiestra Valdeira". O dono cedeulles o local pero faltáballes o permiso do Gobernador Civil que, unha vez enterado desta representación, sacionou ao dono cunha multa dineraria e a suspensión de pasar películas durante dúas semans. Todo eso porque o autor da obra representada era republicano, cousa que naquel momento estaba mal vista.


Colocación da primeira pedra da Capela de san Xosé Obreiro.
Ao fondo vese o cine.
Imaxe co cine a finais dos anos 70.

O cine tivo pouca vida e foi pechado o 20 de maio de 1975, sendo propietario don José María Vázquez, médico de Catoira.

Na actualidade, este edificio está en estado ruinoso e sería interesante a súa rehabilitación xa que o seu estilo arquitectónico o merece por ser unha obra  dun arquitecto de renombre e un ben a conservar.


Imaxe actual.


Primeira película proxectada neste cine.




Feito por : Martín Manteiga Rodríguez


Ningún comentario:

Publicar un comentario