Buscar neste blog

17/05/21

    

O FINAL DA LONGA NOITE


Cando a escuridade

invada o día a día

teremos que ir buscar

 sempre algunha saída.

Teremos claridade

cando acabe a penumbra.

Ese raio de lus,

ese raio de lus

que nos sirva de guía.


Cando chegue por fin

teremos alegría,

que vivir ás escuras 

non é cousa debida.

Iremos cara adiante

superando as tristezas.

Ese raio de lus, 

ese raio de lus 

que chega á nosa vida.


Logo da longa noite

chegará a lus do día,

poderemos saír

desta profunda sima.

Hai que retificar

 moitos dos nosos erros.

Ese raio de lus,

ese raio de lus

nos quite esta agonía.


Poderemos voltar

a xuntarnos de novo,

xa nos queda moi pouco

pero iremos amodo.

Chegaremos así

ao final desta noite.

Ese raio de lus, 

ese raio de lus

que brille sobre todo.


E o barco chegará

de novo a un bo porto, 

cargado de saúde,

sen nada perigoso.

É hora de desfrutar

destes bos novos tempos.

Ese raio de lus, 

ese raio de lus

locerá maxestuoso.


Poemas en tempos de pandemia.

Marisel Llerena




2 comentarios:

  1. Fermoso poema, que eu entendo como un canto á esperanza Marisel. Agradezo a túa vsita ao Baile do Norte.
    Abarzos!

    ResponderEliminar
  2. Grazas polo teu comentario e si, entendiches o que tentei transmitir a través deste pequeno poema,
    a esperanza de que veñan mellores tempos sen perdermos no desánimo e ver ese raio de lus tras unha longa noite de escuridade.

    ResponderEliminar