Hoxe , 22 de novembro, celebramos a festividade de Sta. Icía, patroa dos músicos e da Música.
Pero Sta. Icía ten tras dela unha historia: foi unha mártir romana dos primeiros séculos do
cristianismo.
Non se sabe con certeza , pero se supón que debeu ser martirizada entre os anos 180 e 230.
Foi o Papa Gregorio XIII quen a nomeu patroa da Música alá polo ano 1594.
Os seus atributos son o órgano, o laúde e as rosas.
Como non podía ser menos, no noso cole tamén celebramos este día cun concerto no Auditorio Municipal de Catoira.
Contamos pa elo coa actuación de varios grupos de alumn@s do noso centro pertencentes á EMMC que interpretaron unhas breves pezas tocando o clarinete e, tamén, puidemos disfrutar da actuación de "CÉ ORQUESTA PANTASMA".
Un momento da actuación |
Artiluxio que acompaña á actuación de "Cé orquesta pantasma" |
Alumnado de 6ºB |
Actuación dun grupo de clarinete da EMMC |
Un símbolo viquingo que acompaña á decoración do Auditorio Municipal de Catoira |
Orixinal sinal de tráfico reconvertida en reclamo publicitario da actuación |
O alumnado de 6ºB acompañados por César |
Os clarinetistas da EMMC acompañados por César |
E, por parte do "home orquestra", dicir que o pasamos moi ben, foi divertido e fixo partícipes a todos da súa actuación....
Ata a próximaaaaaa!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario