FACHADA PRINCIPAL |
IGREXA
PARROQUIAL DE SANTA BAIA DE OESTE
A
igrexa parroquial de Santa Baia de Oeste, no concello de Catoira, é un templo
adicado a Santa Baia. Está formado por unha nave única cuberta cunha bóveda de medio
canón. Fíxose entre os séculos XVI e XIX.
Esta
igrexa pertence á diócese de Santiago. O seu fundador foi JACOME DE SIXIREY Y
ESCUDERO e o seu sepulcro de pedra atópase no interior da igrexa.
A
parte máis antiga é de comezos do S-XVI; é unha capela adicada á Virxe do O e a outra capela, onde está o sepulcro do fundador, é de mediados do mesmo século.
Cóntase
que esta igrexa dependía da xurisdición de Cordeiro e recibía unha renta de
sete ferrados de pan.
A
mediados do S- XVII tivo que ser ampliada sendo a finais do mesmo cando se constrúe a sancristía.Nesta época posuía unha fachada
barroca.
VISTA LATERAL DEREITA |
PORTA DE ENTRADA |
maior relevancia Sta.
Lucía.
Tratase
dunha das santas máis veneradas de España. En Galicia coñecése tamén por Sta.
Eulalia, Sta. Olalla ou Santalla.
A
vida desta santa ten moito de lenda. Dise
que era de Mérida e, por ser cristiá, foi martirizada sendo atada a unha cruz,
azoutada e queimada con aceite.
A
súa festa é o día 10 de decembro.
É
considerada como protectora das panturentas, dos viaxeiros, contra as
desgracias e contra a disentería.
Hai
refráns referidos a esta Santa:
“Pola
Santa Baia a bubela canta”
“Por
Santa Baia sempre o tempo cambia”
“Por
Santa Baia, trompos a borralla”
Feito por: Noa Castiñeiras Castañeda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario