BALNEARIO E FONTES MEDICINAIS
Coa cegada da estrada á estación empezaron a
florecer novas industrias na zona.Fíxose o Balneario de Laxiñas,da vía do tren
para abaixo,e o Hotel,que hoxe é unha residencia de verán.O propietario do
Balneario foi Alonso Mosquera,e tivo un éxito incríble,era un paraíso
turístico.Ao principio foi un negocio,pero veu a guerra e pechou.Puxérono á
venta e finalmente comprouno Ricardo Dios,que fixo un novo balneario.
HOTEL |
As augas minerais do Balneario son augas
frías procedentes dos mananciais de Laxiñas e Recarén.Son augas
sódico-radioactivas,sulfrídicas-sulfurosas; saben como a ovos
podridos,pero teñen boa influencia sobre o metabolismo, aparato
respiratorio,aparato digestivo e sobre a pel.Tamén a bronquite,sunusite,asma ou
rinite poden contrarrestarse coa súa aplicación.
En 1907 as augas do Balneario foron
declaradas de “Utilidade Pública” e recoñecidas coma mineiro-medicinais
mediante o Real decreto de 26 de abril de 1928.
A luz chegou ao Balneario arredor de 1926, na época de máis esplendor.
En 1912 o prezo por persoa no Hotel era de 6
a 7 pesetas por día e, o baño no Balneario, entre 1 e 1,50 pesetas.Un tratamento
duraba de 7 a 15 días.
BALNEARIO |
FONTE MEDICINAL |
FONTE MEDICINAL |
FONTE MEDICINAL |
BALNEARIO |
O seu propietario, D.Alonso Mosquera,comercializa un xabón e unhas sales minerais
que se facían nunca fábrica de Caldas de Reis e coñecidas baixo o nome de “Torres
del Oeste”.Estes produtos acadaban un bo prestixio mesmo no estranxeiro,nas
exposicións de Londres,Roma e Bos Aires.Vendíanse a 1 peseta e tiñan boa
influencia sobre a pel,úlceras e órganos xenitais femininos.
influencia sobre a pel,úlceras e órganos xenitais femininos.
Dende 1850 a 1900 xa tiñamos Baños públicos
de augas minerais (non termais) nas árbores de Xamardo no Ameneiró.O seu
propietario era Vicente Xamardo.As bañeiras eran de pedra,cos seus asentos,que
aínda se conservan.Tiñan influencia polas súas propiedades curativas.Alí acudía
xente de toda a comarca,incluso do outro lado
do río.
do río.
Nestes últimos anos veu a sumarse a localización dun novo manancial,xunto ao campo de fútbol de As Lombas, cun importante caudal de augas e cunhas propiedades mineiro medicinais e termais que permitiron declaralas de utilidade pública o 4 de xaneiro de 2013, posibilitando que se poida retomar esta importante actividade e procurar devolverlle o auxe que tivo en tempos pasados.
Feito por: ADRIÁN EITOR MORRAZO
Ningún comentario:
Publicar un comentario