FIGURA DE SAN XOSÉ |
CAPELA DE
SAN XOSÉ OBREIRO
Situación
– Rúa da Estación número 57
Época –Entre 1955-1960
Dia Grande-1 de Maio
Pertence á parroquia de Santa Baia de Oeste.
Caraterísticas-Capela construida en pedra .Planta de cruz
latina e tellado de dúas augas con cuberta de tella do país, excepto o teito do
altar que ten forma semicircular.
Interior-Preside o altar
un crucifixo cunha figura de grandes dimensións e, nos dous
laterais, hai dúas imaxes: a de San Xosé co neno e a Virxe.
Exterior –Fachada de dúas portas, unha lateral e outra
principal.
Enriba da porta principal hai esculpida a figura de San
Xosé co neno e máis arriba a cuncha de Santiago, xusto debaixo da campá.
FACHADA PRINCIPAL COA CUNCHA DE SANTIAGO |
Lenda-Foi mandada contruir polo cura do Oeste D. Avelino
e grazas a cesión de terreos de Xose María Buela e a súa dona. Eles tamén doaron
o cruceiro de pedra que se encontra nos xardíns exteriores que ten unha placa
que pon o ano da doazón (1998) e os seus nomes: Xosé María Buela e Carmen
Pérez.
PLACA RECORDATORIA |
PORTA PRINCIPAL |
FONTE E BALAUSTRADA |
VISTA XERAL |
Está rodeada por unha balaustrada feita con posterioridade,
o mesmo que a fonte, sobre o ano 1998 .
Feito por: Celia Álvarez Guillán
Ningún comentario:
Publicar un comentario