CAPELA DA NOSA SEÑORA DA BARCA
VISTA FRONTAL |
O culto a esta
virxe débese a Don Roque do Río, veciño de Catoira, comerciante que negociaba
na ruta entre México e Galicia que, atopándose en perigo de naufraxio do
seu barco, ofreceuse a facer a capela no
seu lugar de nacemento.
Posiblemente esta capela se fixese adosada á antiga igrexa parroquial de san Salvador, citada no apartado referente á igrexa de Dimo, da cal dependía naquela época.
Esta capela estaba en tan mal estado que houbo que cambiar o tellado e a porta de entrada.
VIRXE DA BARCA |
VISTA LATERAL |
A necrópole da capela é un importante xacemento arqueolóxico de
carácter funerario no que se atopou
un ara romana adicada ao Deus
Bandua,divinidade indíxena con aires romanizados e coa seguinte
inscrición:
Deo Bau (duae) Ti (berius).
Cla
(udius). Ci (-cz-) vo --
de (os)auto.v(otum).
S(olvit). I(ibeus).M (erito).
S(olvit). I(ibeus).M (erito).
Neste mesmo lugar, descubriuse unha estela funeraria antropomorfa, de época romana conservada , coma a maioría dos achados, no Museo de Pontevedra, cunha inscrición que leva o nome da difunta; posiblemente se chamara Matilda:
Mati-
-iae
Hai unha superstición que di que se non se coida a capela trae
mala sorte.
Os sarcófragos
deste xacemento non teñen decoración, agás unha especie de cruz que nun estremo representa unha especie de
cabeza.
Tamén se atopou
unha lápida antropomorfa que parece pertencer a unha sepultura dun neno.
VISTA POSTERIOR |
VISTA LATERAL DO TELLADO |
VISTA XERAL |
Feito por: Joel Jamardo Conde
Ningún comentario:
Publicar un comentario