SAN
MAMEDE DE ABALO
VISTA XERAL |
A igrexa de San
Mamede de Abalo foi construída entre os séculos XVI e XX. Pertence
á diócese de Santiago, xurisdición de Cordeiro, concello de
Catoira.
Está adicada a San
Mamede.
No século XVI
existían dúas igrexas feitas as dúas dentro do adro e do mesmo
tamaño, unha era a parroquial de San Mamede e a outra, que servía
de ermida, chamábanlle de San Sebastián.
FACHADA PRINCIPAL |
Era esta unha
fregresía moi modesta.
A mediados do século
XVII, en febreiro de 1661, o cura Pedro Montera e os fregueses
chegaron a un acordo para ampliar o edificio.
Será este templo de
nave única, cuberta cunha armazón de madeira. Co tempo adosaranse dúas capelas laterais, dándo un aspecto de planta de cruz latina.
En 1730, cando se
reedificou a igrexa, apareceron, baixo o altar da antiga capela
maior, un pequeno resto humano consistente nun óso depositado dentro
dunha caixiña de prata e supúxose que podería ser unha reliquia do
santo, polo que foi posto de novo no seu lugar.
Os restos
artísticos das dúas igrexas anteriores consérvanse na parroquial:
son dous fragmentos dun baldaquino pétreo da igrexa, un dos cales permanece fincado no
muro da Epístola e o outro servindo de lintel na porta lateral do lado
do Evanxeo.
A primeira peza é
un relevo rectangular que mostra a Anunciación do Anxo a María. A
labra é rudimentaria e de duro granito. O segundo fragmento, posto
sobre a porta lateral é un dos frontes do baldaquino. Na parte
inferior aparecen representados San Francisco de Asis e a figura dun
bispo que ven a representar a San Brais.
O baldaquino era un
templete composto por unha cuberta piramidal de catro caras.
A fachada é
sinxela, ten porta barroca sobre a que está a fornela co santo
titular da parroquia e remátase cun campanario do que colgan dúas
campás.
HIZOSE AÑO
MDCCXXIX SIENDO
RECTOR DON
GONÇALO DE PROL Y GIANZE
Esta inscrición indica o
ano no que se fixo a igrexa, que data de 1729, baixo a cal ábrese a porta principal.
Á dereita da entrada puxéronse dous reloxos de sol,o da esquerda é máis antigo co da dereita.
Á dereita da entrada puxéronse dous reloxos de sol,o da esquerda é máis antigo co da dereita.
RELOXOS DE SOL |
San Mamede
Naceu en Cesarea
de Capadocia (Turquía) no século III. Era fillo dos mártires
Teodoto e Rufina.
Segundo a lenda, fuxindo da persecución do emperador Aureliano, refúxiase nun bosque onde predica o evanxeo ás feras.
Un anxo apréndelle a facer queixos co leite das feras femias e que, logo san Mamede, leva aos cristiáns que están presos e aos pobres.
Foi encarcelado e torturado por ser cristián.
Converte ao cristianismo aos soldados que o foron prender. É acusado de bruxería e lévano ao anfiteatro para que sea devorado polos leóns, pero estes quedan amansados e non lle fan mal ningún.
Máis tarde foi executado clavándolle un tridente no seu ventre.
Segundo a lenda, fuxindo da persecución do emperador Aureliano, refúxiase nun bosque onde predica o evanxeo ás feras.
Un anxo apréndelle a facer queixos co leite das feras femias e que, logo san Mamede, leva aos cristiáns que están presos e aos pobres.
Foi encarcelado e torturado por ser cristián.
Converte ao cristianismo aos soldados que o foron prender. É acusado de bruxería e lévano ao anfiteatro para que sea devorado polos leóns, pero estes quedan amansados e non lle fan mal ningún.
Máis tarde foi executado clavándolle un tridente no seu ventre.
San Mamede é
patrono de 99 parroquias galegas. Tamén hai moitas en España baixo
a súa advocación.
A tradición galega faino patrón dos panadeiros e protector da lactancia, das enfermidades do aparato dixestivo, dos herniados e da
colite,dos pastores e rabaños e, nalgúns lugares está relacionada a súa advocación, co pronóstico de
chuvias.
O culto a San Mamede
pode ter relación con algún culto pagán no mesmo lugar ,
posiblemente ao Deus Mercurio, protector dos camiñantes, polo que
posiblemente se cristianizase o lugar.
"San Mamede te levede, san Vicente te acrecente"(é unha invocación cando se prepara a masa para o forno)
A súa festa en Abalo
celébrase a primeiros de agosto; noutros lugares é o día 7 aínda que a súa festividade, no calendario romano, sexa o 17 de agosto.
Nesta parroquia, a
vestimenta de San Mamede é un traxe/manto negro cun pequeno gorro,
tamén negro.
Feito por: Sabela Rodríguez Atanes
Ningún comentario:
Publicar un comentario