AS TORRES DE OESTE
(Castellum Honesti)
Son as ruinas dunha fortificación que existiu á beira do
río Ulla, no lugar onde verte as súas augas cara a Ría de Arousa. Localizadas
nunha especie de illa que está afectada pola marea e rodeada de xunqueiras.Para poder acceder, hai unha especie de
pasarela.
PORTA DE ENTRADA AO RECINTO. RESTOS DA "TORRE DE LUGO" |
PORTA DE ENTRADA E PASARELA |
As murallas e
torres deste recinto erguíanse sobre os restos dun antigo asentamento romano,
adicado ao comercio marítimo , tal e como o constataron as excavacións realizadas
que demostraron a ocupación romana desde o S. I d.C. Tamén hai que dicir que estas
torres romanas ocupaban un antigo asentamento castrexo.
O lugar elexido é motivado polo interese ,na Idade
Media, de defender Compostela,Galicia e,sobre todo,Catoira, atacada sistematicamente
por exércitos estranxeiros que chegaban ás costas galegas na busca de supostos
tesouros en Compostela .As Torres impediron o ascenso polo río Ulla de navíos
normandos e piratas sarracenos.Durante séculos frearon toda incursión que
chegaba á Ria de Arousa.Pero nada se puido facer polos pobos costeiros.Durante
a alta Idade Media varias vagas normandas chegaron ás costas galegas e causaron
moitos estragos.
Durante o reinado de Alfonso III érguense estas defensas nos últimos anos do S.IX e comezos do X, construidas baixo o estilo prerrománico asturiano.
Foi este rei o que entrgou esta fortaleza á Mitra Compostelá.
VENTÁ DUNHA DAS TORRES |
DETALLE PRERROMÁNICO ASTURIANO NAS VENTÁS DA ERMIDA |
O rei Alfonso V , no ano 1024,temendo un novo ataque,
volve a reforzas as defensas de Oeste.
No ano 1066, o bispo compostelá Cresconio córtalle o paso a unha nova incursión na
Fortaleza de Oeste e expúlsaos definitivamente de Galicia, pero neste
desencontro, é ferido de morte.
Entre os anos 1071 e 1088 estaba de bispo en Compostela
Diego Páez que nomeou a Xelmiro ou Xelmirio, señor de Iria e de Oeste , un home da baixa nobreza
galega, como administrador e gobernador
do Castelo de Oeste que casaría cunha sobriña ou irmá
do bispo e terían cinco fillos: Diego, Munio, Gundesindo, Pedro e Juan, que se
criarín entre Santigo, Iria e Oeste.
Entre os anos 1108 e 1122 , Diego Xelmirez (fillo de
Xelmiro)arcebispo de Compostela, reforzou de novo este emplazamento para contrarrestar os ataques das naves
islámicas.Construiu muros e baluartes e ergueu sete torres, unha delas era a "torre maior" que ocupaba o lugar central, de tal maneira que se os atacantes se acercaban , estes puidesen ser repelidos con pedras e dardos lanzados desde arriba.
"TORRE MAIOR" |
Pero Xelmírez tamén mandou construir unhas naves birremes para loitar contra estas incursións.
As torres de Oeste eran lugar importante de paso de mercadorías
polo Ulla .Alí había que pagar unha peaxe para poder continuar ata Pontecesures.
Nos últimos anos da Baixa Idade Media sufrirán o ataque
dos irmandiños.
No ano 1798 quedaría reducida só a dúas torres e a capela.
Nos nosos días,esa antiga edificación pódese ollar nun dos
conxuntos arqueolóxicos de maior relevancia de Galicia.
TORRE CON ERMIDA ADOSADA |
A
ERMIDA DAS TORRES
A ermida das Torres ou
Capela de Santiago encóntrase unida a unha das torres e foi rehabilitada en varias
ocasións.A fachada principal coróase cunha espadaña cunha soa campá.A portada
principal coróase cunha sinxela porta con lintel pentagonal, baixo un arco
semicircular.Ten nun lado unhas inscricións de difícil lectura.A historia
Compostelá,escrita polos colaboradores do arcebispo Xelmirez,consideraba a Castellum
Honesti como ``chave e selo de Galicia´´,porque sempre foi un conxunto moi
importante na defensa da sede episcopal. Por isa razón a Igrexa quixo dotar ao
castelo cunha capela adicada a Santiago.
A ROMARÍA VIKINGA
É unha das festas máis
antigas,senlleiras e coñecidas de Galicia,de feito a súa fama mesmo trascende
fronteiras de España.Nesta festa popular os veciños escenifican os ataques que
sufreu a costa galega durante a Idade Media a mans dos pobos normandos que
viñan en busca de fortunas a Compostela.As Torres serviron de escudo defensivo
ata o reinado dos Reis Católicos.Pero nesta celebración “os antigos vikingos
acaban invadindo o "Castellum Honesti" e cada primeiro domingo de agosto, miles
de persoas achéganse ao recinto das Torres de Oeste.En 1993 botouse o Drakkar
“Torres do Oeste” que orixinou o irmanamento coa localidade danesa de
Frederikssund (en 1997).En 2002 a festa obtivo a declaración de Festa de Interese Internacional e a súa
repercusión empuxou ao concello a construír o
"Frederikssund", botado en 2008. Dende hai anos a Romaría Vikinga estreita
lazos entre Galicia e os países nórdicos.
DRAKKARS |
Feito por: Sergio Costa Muiños
Ningún comentario:
Publicar un comentario