SAN MIGUEL DE
CATOIRA
VISTA FRONTAL |
A igrexa parroquial de San Miguel de Catoira é de orixe medieval e responde á tipoloxía galega
chamada gótico-mariñeira.
A súa primeira etapa (1250-1350) caracterízase por
ter pranta de nave única, rectangular. Tellado con estructura de madeira sobre
arcos apuntados transversais e cuberta de tella a dúas augas.
A primeira transformación levada a cabo foi a finais do S.
XVII, cando se ampliou cara o oeste e se colocaron dous retablos barrocos , un
do Santísimo e o outro de San Roque.
As obras proseguiron a comezos do S. XVII para erguer unha sacristía.
VISTA DO LATERAL DEREITO
ANTIGA CAPELA MAIOR |
A capela maior, rectangular e profunda, mais estreita ca nave, está cuberta con bóveda de canón apuntado.
No Altar
Principal hai unha imaxe da Virxe, de
gran tamaño. Ao seu carón ten dúas imaxes máis pequeñas, unha de Xesus e outra
de San Miguel.
VISTA DO LATERAL ESQUERDO |
recibido dividíanse en dúas partes: unha, consistente en quince cargas de pan era para o cura e a outra, consistente en vintecatro ducados, era para o mosteiro de San Martín Pinario.
A festividade
de San Miguel celébrase o día 29 de setembro.
Histoira de San
Miguel:
VENTÁ CON VIDREIRA |
San Miguel é un dos 7
arcanxos. A Igrexa dá a San Miguel o nome de “Príncipe dos Espíritus Celestiais”.
Miguel significa “quen coma Deus”.
É representado
no arte coma o anxel guerreiro, o conquistador de Lucifer, poñendo o seu talón
sobre a cabeza do inimigo infernal, traspasándoo coa súa lanza.
San Miguel é o
anxo que derrotou a Satanás e ós seus seguidores e botounos do ceo coa súa
espada de lume.
Refráns de San Miguel:
-"Por san Miguel os figos saben a
mel".
-"San Migueliño das uvas maduras, tarde vés e
pouco duras".
-"Polo san Miguel mete as uvas no
tonel".
-"Polo san Miguel, xa o coello se ve
ben".
Feito por: Marcos Calvo García
Ningún comentario:
Publicar un comentario