IGREXA PARROQUIAL DE
SAN PEDRO DE DIMO
Está situada en
Dimo - Catoira, e pertence a diócese de Santiago e xurisdición de Cordeiro. Está localizada ao norte do concello.
A súa orixe é
medieval , tal como o demostran os canzorros e a decoración de bólas da cornixa
É un
templo cunha soa nave e tellado a dúas augas.O deseño da porta da igrexa
plantéxase que é gótico final. Desta época conserva a porta occidental e parte
da fachada, animada por unha pequena fornela onde se sitúa a imaxe do santo
titular; a ventá xa corresponde a un momento moi posterior. A igrexa reformouse
en época barroca que foi cando se colocou o Retablo do Santo Cristo, ,hoxe
desaparecido, e o da Virxe das Neves.
PORTA GÓTICA E IMAXE DE SAN PEDRO |
RELOXO DE SOL |
TORRE CAMPANARIO |
A
última reforma levada a cabo nesta parroquia comezou o 11 de agosto de 1969 e
rematou o 11 de novembro dese mesmo ano;reforma consistente en reforzar os
muros e subtituir a cuberta.
Hai que ter en conta que no S-XVII tiña unha renta de oito ferrados de pan mediado e uns pedazos de heredade e viña pequenos que pagan o tercio.De todas estas estas rentas facíanse vintecatro partes : once levábaas o cura, dez o cabildo de Santiago e tres o Colexio Maior desa cidade.
Esta feligresía tiña dúas ermidas: una a de San Salvador, que era a igrexa vella , e a outra é a de San Cibrán.
Esta feligresía tiña dúas ermidas: una a de San Salvador, que era a igrexa vella , e a outra é a de San Cibrán.
San Pedro:
Foi un discípulo de Xesús, era pescador. Foi elixido como fundador da Igrexa. As chaves que sempre leva representan a entrada á porta dos ceos, non tiña estudos. O nome de Pedro púxollo Xesús porque el chamábase Simón ou Simeón. Foi martirizado en Roma durante a época de Nerón.
Foi o primeiro Papa da Igrexa Cristiá. San Pedro é patrón
dos pescadores.
O 29 de xuño
celébrase a festa patronal.
Refráns:
"Por San Xoán e San Pedro, todos os mozos mudan o pelo".
"Ben se está San Pedro en Roma anque non coma".
"A quen Deus lla dé, San Pedro lla bendiga" (significa que
cando Deus manda algo, a San Pedro só lle queda darlle a bendición).
"Entre San Xoán e San Pedro, cinco días van no medio".
"Por San Xoán, québralle á primeira raíz ao pan, por San
Pedro québralle a do medio".
Feito por: Gabriela Conde Lestido.
Feito por: Gabriela Conde Lestido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario