Buscar neste blog

10/06/16

AS NOSAS XENTES


ENTREVISTA A CARLA FRIEIRO CARRIL.

Por Cecilia Rodríguez Campaña

 Carla Frieiro ten 15 anos, naceu e vive na parroquia de Abalo (Catoira) . Antiga alumna do C.P.I  Progreso de Catoira e actualmente estudante de 3º da E.S.O no C.G.T.D. 
É Campeoa de España de piragüismo na categoría Cadete B.

Carla Frieiro durante a entrevista.

Carla, acompañada por Cecilia.

- Cóntame,Carla, como empezaches a facer piragüismo?
-Todos os meus primos practicaban este deporte e eu acompañábaos  ás regatas e  campionatos. Un día probei , gustoume e desde esa ata hoxe.

- Que anos tiñas cando empezaches?
- Tiña 8 anos.

- Levas case un ano no C.G.T.D, Centro Galego de Tecnificación Deportiva, estás contenta de entrar neste centro?
- Por suposto que si; aínda que ten pros e contras.

- Como cales?
- Estar lonxe da casa e dos amigos, iso é o peor, pero o feito de terme seleccionado supón        poder acadar os meus retos no mundo do piragüismo.

- En que categorías compites?
- Cadete B e, algunhas veces, en  Remo de Xuvenil.

- Que premios lograches este ano?
- Son Campeoa de Galicia de 5000 metros, Campeoa Galega de 1000 metros, Campeoa de    España de 1000 metros e Campeoa de España de 5000 metros.

- Cal é o teu obxetivo para esta temporada?
- Mañan, 28 de maio, teño o selectivo para ir ó Mundial Europeo Xuvenil.

- Estás tranquila nas competicións?
- Normalmente, nas importantes, póñome moi nervosa e ata me poden chegar a esgotar os nervos.

 Para conseguir todos estes  premios, é de supoñer que lle dedicas moitas horas a entrenar.
- Ó estar no Centro Galego de Tecnificacion Deportiva, entreno todos os días pola tarde e  ademáis os luns, mércores, venres e sábados polas mañáns.

- Cando vés á túa casa?
- Os fins de semana.

- Cal é a diferencia fundamental entre o C.G.T.D e o Colexio de Catoira onde estudaches anteriormente?
 -Fundamentalmente que teño menos tempo para estudar polos entrenamentos.

- Que botas de menos do Colexio de Catoira?
-Boto de menos aos  meus  compañeiros.

- Cales son os teus soños?
- Os meus sonos son  poder ir ás Olimpiadas e ó Mundial este ano.

- Tes outros hobbys, aparte deste deporte?
- Si, tocar o violoncello.

- E outros deportes que che gusten?
- Balonmán, voleibol, bádminton, natación...

- Que outros deportes se practican no C.G.T.D ?
- Bádminton, Loita libre, Taekwondo, Judo, Remo, Natación, Atletismo, Slálom (augas bravas) e Piragüísmo.

 -Grazas Carla por prestarte a facer esta entrevista e que mañán  teñas moita sorte nos selectivos para ir ó Campionato Europeo.
- De nada e grazas.

O día seguinte desta entrevista, Carla quedou quinta nos selectivos do Campionato de Europa.




Ningún comentario:

Publicar un comentario