Buscar neste blog

10/06/16

AS NOSAS XENTES

ENTREVISTA A VALENTIN REY MOURE


Por: Antía Lorenzo González


A autora desta entrevista xunto a Valentín Rey Moure "Tino"

Atópome na casa de Valentín Rey Moure ,"Tino", para realizar unha entrevista ó  que foi unha persoa indispensable na creación da Escola de Música de Catoira, da que teño o gusto de formar  parte como alumna e membro da Banda Infantil.

-¿De onde saíu a túa afición pola músca?
-Porque teño un irmán maior que tocaba na banda anterior a esta, que se chamaba a Juvenil de Catoira.Tocaba o clarinete principal e ensaiaba moito na casa, por eso escoitábao moito e quedoume a música moi grabada en min.

-¿A que idade empenaches a tocar?
-Sobre os 15 anos mais ou menos,unha vez rematados os estudios de solfeo nos Conservatorios de Pontevedra e A Coruña.

-¿Por qué escolleches o clarinete?
-Como o tiña na casa xa non pense,i noutro instrumento,

-¿Qué papel tiveches cando se creou a banda de música e a escola de música de Catoira?
-Antes de empezar a Escola xa estaba eu dando solfeo; de aí sairon grandes  músicos que hoxe tocan varios instrumentos e algúns deles son compositores.
Tamén fundei naquela época a coral Raíces,que resultou ser unha gran coral.
Logo, a Escola de Música ampliouse coa intervención do Concello,onde dábamos solfeo xunto con outro profesor que toca na banda de Santiago,e eu encargueime de dar as clases de clarinete.

-¿Canta xente axudou na creación dese proxecto?
-En principio eramos dous e logo, a medida que era necesario para dar clase dos distintos instrumentos,    foron aumentando o número de profesores que, en total, penso que seriamos uns cinco.
Os profesores eran pagados polos pais dos alumnos e, aparte, dispoñiamos dunha axuda económica do Concello.

-¿Canto tardou aproximadamente en crearse a banda de música e ter as súas primeiras
    actuacións?
-Entre o solfeo e aprender instrumento uns tres ou catro anos.O primeiro concerto que se fixo foi en 1990.

-¿Qué sensación tiveches a primeira vez que actuaches?
-Pois unha sensación moi alegre por teres conseguido o que nun principio nos parecía tan difícil.

-Como alumna da escola de música,quixera saber que opinión tes dela na actualidade?
-Pois que funciona moi ben e que así debe continuar no futuro,e que os páis manden os seus nenos a dita escola.

-¿Consideras que se acadaron os obxectivos plantexados cando se empezou con este
    proxecto?
-Totalmente, e que estes obxetivos nunca deixen de cumprirse.

-¿Qué sintes cando ves actuar as Bandas de Música de Catoira, a Infantil e a Xuvenil?
-Unha gran ledicia, xa que se ve como os alumnos avanzan.

Banda da música desfilando pola Avda. Eloy Domínguez, en Catoira
"Tino" é o que está no centro.
-¿Crees que o futuro da banda de Música e da Escola de música está garantido coas
  novas xeracións?
-Eu creo que si,pero para elo temos que contar con moitos nenos sempre.

-¿Qué lle dirías ós nenos e nenas que están lendo esta entrevista para convencelos de formar parte desta Escola de Música?
-Que deben  escoitar moita música e asistir ós concertos para que, desta maneira, lles vaia gustando e se poidan namorar desta arte.

O clarinete de Antía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario