Buscar neste blog

29/06/16

AS NOSAS XENTES



ENTREVISTA A CÁNDIDO ISORNA CASTRO 

DATA DA ENTREVISTA : 28-5-2016
NOME : Cándido Isorna Castro 
IDADE : 82 anos
DATA DE NACEMENTO : 12-4-1934
LOCALIDADE : Catoira


Por: Belén Rey Correa


É Cándido Isorna Castro unha persoa moi coñecida polos veciños de Catoira por ser quen de traballar na primeira traída de augas ao noso pobo.


De seguido coñeceremos un pouco máis a Cándido, despois de que nos conte cousas da súa vida.

-Onde e cando naceu ?

-Nacín o 12 de abril do ano 1934 , épocas difíciles, nunha casa grande en Catoira de Arriba ( Aragunde ) . 
Alí, nunha finca da miña familia chamada “A CAPELA", onde  descubriron un ara votiva dedicada ao deus Bandua, do S-I d.c. , e , tamén a tapa dun sarcófago suevo . Foron uns historiadores dunha universidade os que o afirmaron . Isto aparece nun libro de Catoira chamado “CHAVE E SELO DE GALICIA “ que publicou o Concello de Catoira ( Páxina 42 dese libro ).

-Como era a escola neses tempos ?
-A verdade é que era dura , o mestre castigaba por calquera cousa . Eu , e moitos nenos da miña idade , preferiamos seguir traballando antes que ir á escola .Os únicos que se salvaban destas cousas eran os “señoritos” da Estación , aínda que non moito, xa que en vez de pegarlle o mestre lles pegaban os outros nenos .
-Como eran os castigos do mestre ?
-O castigo era sempre o mesmo ; poñíante de rodillas nun espazo con area e dábanche cunha bara nas mans , eu ás veces baixaba o cú para descansar un pouco pero pillábanme case sempre .
-Como era o mestre ? Explicaba ben?
-Era moi malo. Unha vez tíñamos un examen de quebrados e non fun á escola por medo .
Como xa contei, era malo pero a verdade é que explicaba ben .
-Había que traballar antes de ir á escola ?
-Si . Eu, en concreto , antes de ir á escola , iba ao toxo , levaba as vacas ou labraba a leira. Para facer isto e que me dera tempo de ir á escola despóis , levantábame ás 5 da mañán ou antes , xa que a escola comezaba ás 10 . Todo isto o facía sen almorzar .
De feito , moitos nenos ,co conto de traballar, non lles daba tempo de ir á escola xa que primeiro era traballar e logo era ir ao colexio ; por isto a maioría dos rapaces eran case analfabetos.
- Con cantos anos comezaches a traballar ?
-Eu comecei a traballar aos 16 anos xa que non había cartos , pero eu axudaba de pequeno nas leiras ; ca miña nai poñía patacas . Todo isto aos 9-10 anos .
Comecei a traballar por primeira vez nun taller chamado TRES HERMANOS ; emigrei  e, cando volvín, púxenme a traballar en CEDONOSA aos 22 anos. Estou falando do ano 1941, que foi cando abriu . O soldo era dunhas 200 pesetas á semana ; isto so daba para comer e nada máis. Hoxe en día 200 pesetas son 1,20 euros polo que o soldo dunha semana de fai 60 anos é como tomar un café na actualidade ; pero daquela era bastante máis.
Cada día  traballaba moitas horas .
Falando xa do país, vou volver tocar o tema da escola e vou dicir que para min había tres  "mandatos " :
  • No país, o de FRANCO
  • Na escola, o do MESTRE
  • Na fábrica, o do PATRÓN      

    - Algunha vez tiveches  bronca con algún compañeiro no traballo ?

   
   -Non ; eu penso, e pensaba, que os xaleos hai que evitalos porque sempre    se sae perdendo.
    
   - Como foi a túa vida ?

    -Aos 82 anos que teño pasoume de todo , vivín de neno unhas épocas     
   de posguerra e guerra contínua que eran pouco agradables ; aínda que                      
   xamáis   deixei de loitar e como penso eu, hai que saber adaptarse a todo .


  Eu digo o que pasaba en xeral aínda que a miña familia, ao ter leiras, dáballe
   traballo como xornaleiros a moita xente .Eu non pasei  necesidades, ao  contrario      de moitos nenos da miña época . Tiñamos leiras, como  xa  dixen, e á parte, o meu      pai traballaba na Renfe e o meu avó ,en Fenosa.

    - Como cres ti que ten que ser un home?
   
   Eu creo que un home ten que ser fiel e cariñoso , e sobre todo, ten que ser    
    un home de palabra e non de palabras , a diferenza aquí só está nunha        
    letra      pero cambia totalmente o significado da palabra :
     
   "O de palabra cala e fai o que ten que facer; pero o de palabras fala         
      moito  e non fai nada."

      - Con cantos anos casaches?

      Eu casei con 26 anos e tiven tres fillos, un morreu con ano e medio; pero     
      tamén teño dous netos e un bisneto .
     Eu pensó que é mellor casarse con 20 anos. Esperar moito tamén é malo ;   
      xa que é bonito ter fillos , netos e bisnetos 

O home ao que eu entrevistei é un home duro , pero de gran corazón . Fillo dos anos que lle tocou vivir. Fillo da súa época. Loitador, traballador ; ao que a vida non lle regalou nada . Naceu e viviu a súa xuventude nunha época difícil da historia de España : A guerra civil e a época da posguerra , na que o país estaba destrozado e a xente pasaba necesidades e calamidades .
Un home traballador , leal e valente cara á vida .


Belén xunto con Cándido durante a súa entrevista

AGRADECEMENTO : A Cándido Isorna Castro , que me prestou o seu tempo para facerlle esta entrevista un sábado pola mañán.


19 comentarios:

  1. Magnífica entrevisa. Para que a xenta nova de agora coñeza outros tempos.

    ResponderEliminar
  2. Moi boa. Recorda a novela de Balbino ... de Xose Neira Vilas. A rapaza; moi guapa

    ResponderEliminar
  3. Pois si, a xente de agora debe ser consciente de todo isto; é preciso que coñezan a vida de antes para valorar a que disfrutan no día de hoxe.
    Sen coñecer a nosa historia non somos ninguén; debemos saber das nosas raíces para entender mellor moitas cousas.

    Un saúdo a Cándido.

    ResponderEliminar
  4. Ok...Muy bueno...cualquier tiempo pasado...en esté caso no es así...ahora nos quejamos de todo..Y por todo...muy bueno.

    ResponderEliminar
  5. Moi boa entrevista. Debería darnos perspectiva acerca de ónde vimos, e do que debemos esforzarnos para non volver a aqueles tempos. Noraboa a entrevistado e entrevistadora.

    ResponderEliminar
  6. Gustoume moito a entrevista... un anaquiño de historia moi interesante... foron tempos moi difíciles e ainda queda moito por mellorar... ☺☺ ánimo

    ResponderEliminar
  7. Gustoume moito a entrevista, temos moito que aprender. Non sabemos o que e loitar porque nos deron todo feito e non valoramos como debemos a toda esta xente que loitou tanto

    ResponderEliminar
  8. Gustoume moito esta entevista,reflexa moito aquela época.

    ResponderEliminar
  9. Noraboa Belén.Unha fermosa entrevista recollendo a testemuña dos nosos maiores que lles tocou vivir unha longa noite de piedra.Tes madeira de xornalista e de procurar as andainas das letras.

    ResponderEliminar
  10. Gran comentario, a ter en conta, por parte dun excelente escritor.Na súas obras tamén reficte a realidade da vida que lle toca, ou tocou , vivir.

    ResponderEliminar
  11. Son Benxa e encantoume a entrevista, un tono informal pero moi sinceiro... boa complicidade. Seguirémoslle a pista ás túas verbas haber adonde nos levan, seguro que a unha gran escritora...

    ResponderEliminar
  12. Emocionante entrevista que nos leva a tempos de onte, falados en primeira persona por un entrañable protagonista. Noraboa!

    ResponderEliminar
  13. Moi boa entrevista! Perfecto para que a xente nova de Catoira e arredores coñeza ao señor Isorna e a súa labor.
    Segue así Belén!!

    ResponderEliminar
  14. Unha entrevista moi emocionante
    na que moitas persoas de esa idade sentiranse identificadas

    ResponderEliminar
  15. Este comentario a Belén se lo hace Rosina

    ResponderEliminar
  16. Enhorabuena a Belén Rey. Por la entrevista que hizo. Me gusto mucho pq es parte de nuestra historia. Y a dia d hoy gracias a tu entrevista podemos mirar hacia atrás y recordar lo q nos contaban nuestros padres. Otra vez te doy la enhorabuena

    ResponderEliminar
  17. Noraboa pola entrevista Belén e por deixarnos coñecer un pouco da vida do valeroso Cándido un de tantos avos que souberon enfrentarse os problemas da vida.

    ResponderEliminar
  18. Muy bien. Muy claro y muy real. Ole por las.nuevas generaciones que dan vida al nuestro.reciente pasado

    ResponderEliminar